INSTRUCIÓNS PARA CONECTARSE Á CLASE DE FRANCÉS A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA-ALUMNADO MANUELA PARDO

 

Instrucións para conectarse á clase de Francés a través de videoconferencia

 

As clases  impartiranse no día da semana e na hora correspondentes do voso calendario escolar.

 

Procurade ser puntuais. Temos unha marxe de 5 minutos para asegurarnos que todos temos ben axustados os nosos equipos e podemos comezar a clase. Se entras tarde interrompes o traballo dos demais.

 

Ten a man o caderno, o libro e un bolígrafo para tomar notas.

 

As videoconferencias poden ser gravadas co único propósito de polas á disposición do alumnado da clase unha vez terminadas.

 

Conectarémonos a través da sala de videoconferencia do profesor creada nun servidor proporcionado pola Consellería de Educación. O seu enderezo é o seguinte:

 

https://eduxunta.webex.com/meet/manuelapardo

 

Esta é a maneira de conectarse:

 

1.- Mediante un navegador (Google Chrome funciona ben) dun ordenador. É moi recomendable que o equipo teña micrófono para poder falar co resto dos participantes. Todos os portátiles o teñen. Simplemente hai que pegar o enderezo anterior no navegador. É posible que nos ofreza descargar unha aplicación, pero podedes conectarvos desde o navegador sen instalar nada.

 

É posible seguir as videoconferencias a través do ordenador, móbil ou tabletas.