Tarefa Valores éticos
3ª Avaliación Valores éticos.Profesora Inés Fernández Buján.
O alumnado deberá elaborar un traballo buscando información en internet e/ou outros medios de comunicación acerca do seguinte tema:
Accións solidarias e diferentes mostras de apoio durante a crise do coronavirus.
O traballo deberá ter unha extensión de polo menos 8 páxinas e recopilaranse 8 accións solidarias ou mostras de apoio diferentes. Deberán citarse as fontes de información. Poderá incluir fotografías sobre a información que se aporte. Tamén poderá incluir comentarios ou valoracións persoais acerca das diferentes accións.
Entregarase en formato Word antes do 1 de Xuño e será o único traballo para esta avaliación. O alumnado que non o poida facer a ordenador poderá facelo a man con boa letra e sacarlle unha foto co móbil para envialo.
O alumnado que teña suspensas a 1ª e/ou a 2ª avaliación poderá recuperar todo se fai ben este traballo.
O traballo enviarase a esta dirección de correo electrónico: inesfbujan@gmail.com
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Crear_Contido_Paxina_WEB_v1.pdf | 700.66 KB |
Editor Tiny v1.0.pdf | 855.13 KB |