Información do departamento de Electricidade ante o COVID-19

Ante a situación de suspensión das clases decretada pola Xunta de Galicia, queremos informar a todo o alumnado que o departamento se porá en comunicación con vós, ou a través de este apartado da Web do Centro, ou a través dos cursos da Aula Virtual do Politécnico. Estade atentos a esta información. 

Tedes que saber que isto non son unhas vacacións. Faise para, na medida do posible, diminuir os contaxios, e contribuir a non colapsar a Sanidade Pública, que ante unha situación como a presente é o ben máis preciado que temos.