WEBQUEST: O CICLO DE NADAL

 

INTRODUCIÓN

A finalidade deste webquest é coñecermos as principais tradicións, ritos e personaxes vinculados a esta época do ano na nosa cultura. Para iso, propómosvos unha investigación na rede por medio dunha serie de ligazóns que vos axudarán a completar as tarefas. Cando concluades as tarefas deberedes elaborar en equipo unha cartolina coas características que indicamos no final. 

Para comezarmos, uns versos:

  

Onde están

aqueles pandeiros ledos

de Nadal?

 

Aquelas neves de antano,

aquel fogar;

aqueles rexos cantares

polo val.

Que foi deles,

onde están?

 

As nosas queixas de agora

Onde van?

 

Río que pasas de longo,

famento de ceo e mar.

 

 Celso Emilio Ferreiro

 

.......................................................................... 

 

 

Vaite logo meu ninín / miña neniña,

vaite agora pra a camiña,

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

 

Mañá é día de cachela

que haberá gran nevadara

e vai vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

 

 Cantigas do Apalpador

 

Tarefa 1. Aínda que o Nadal foi relacionado tradicionalmente co nacemento de Xesús Cristo, hai acordo sobre a data deste acontecemento segundo esta ligazón? http://vgomez.blogia.com/2017/122302-a-orixe-do-nadal-1-parte-.php

 En que ano despois de Cristo estariamos a vivir realmente? Calculádeo con axuda da información contida neste artigo de Galicia Encantada.

 https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=5&id=2628

Nesta ligazón (https://gl.wikipedia.org/wiki/Nadal  ) procurade a resposta a estas preguntas:

Celébrase o Nadal na mesma data en todos os países?

Cal é a orixe precristiá desta festa?

  

Tarefa 2. Unide cada unha das palabras relativas ao Nadal co seu significado. Consultade antes esta ligazón que pode axudarvos:

 http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2009/05/noitebra.html

a) badalada

 b) acivro

 c) noiteboa

 d) enfeitar

 e) guirlanda

 f) visgo

 g) presebe

 h) Noite de Nadal

 i) Pai Nadal

 j) presente

 k) estrea

Acivro

 

1. Tira de tecido ou outro material que se emprega como adorno.

2. Gratificación que reciben as persoas que cantan polas portas nestas datas.

3. Personaxe do centro e norte de Europa que trae presentes ás crianzas a noite do 24 de decembro.

4. Planta de flores amarelas e froito en baga, que vive parasita sobre troncos e pólas de árbores e que se emprega na decoración de Nadal.

5. Árbore silvestre de follas brillantes, duras e con espiñas nos bordos e froito en forma de baga de cor vermella.

6. Son que fan os sinos ao seren golpeados.

7. Noite do 24 de decembro anterior ao día de Nadal.

8. Aquilo que se dá a alguén como mostra de agradecemento, afecto etc.

9. Adobiar, adornar. Preparar algo para que teña unha aparencia máis fermosa.

10. Ave nocturna de cor apencada parda e cinsenta e boca grande rodeada de barbas na parte superior.

11. Lugar amañado para botarlles de comer aos animais.

 

  

Tarefa 3. Na nosa tradición, o Nadal forma parte da estación da Invernía, o que fai que as nosas reunións familiares teñan convidadas “extras”. Procurade nesta ligazón para quen se deixa o lume aceso e se reserva un prato nas ceas do Nadal, e explicade por que se facía. 

 http://historiadegalicia.gal/2016/12/manual-do-nadal-ritos-e-tradicions-para-vivir-un-nadal-a-galega/    

 

 Tarefa 4. Falemos agora das panxoliñas. En que noites é tradicional saír a cantar? Como se chaman os cantos de cada noite? Procurádeo nesta ligazón.

 http://www.ghastaspista.com/novas/arquivo.php?pax=3780

 

As estreas son as gratificacións que reciben as persoas que van cantar polas portas nestas datas, normalmente consistentes en doces e outros pipiretes. Que historia se conta neste canto en relación a isto?  

 

   

Tarefa 5. Non hai festa sen a súa gastronomía. O Nadal galego é rico en doces como os que podedes encontrar as seguintes ligazóns. A nosa pregunta é: cal prefeririades probar e por que?

https://adespensa.wordpress.com/tag/torradas-de-leite/

http://www.megustairalsuper.com/gl/recipe/amendoados-de-allariz/

http://vello.vieiros.com/nadal97/bolo.html

http://vello.vieiros.com/nadal97/tronco.html

http://www.bolboretasnobandullo.com/2016/04/compota-de-maza-ao-vino-tinto.html

 Bolo de Reis

  

Tarefa 6. Con axuda destas ligazóns explicade que é a tradición do Tizón do Nadal. En que consiste o rito e para que se fai?

 http://vello.vieiros.com/nadal-en-vieiros/pedraio.html

 

Tarefa 7. O Apalpador ten páxina de seu! Consultádea e facede unha descrición breve deste personaxe do noso Nadal. Explicade por que se chama así, onde vive e cando visita as casas.

 https://www.apalpador.gal/

Apalpador

   

Tarefa 8. Máis personaxes do Nadal. Lede o contido destas ligazóns e respondede:

 - Cales son os personaxes máis brincallóns do Nadal?

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=0&id=2494

Trubincos

 

- Vede este vídeo e procurade en Internet información sobre o personaxe que aparece nel. Que trasnada fai?

 

Tarefa 9. Que personaxes míticos facían as súas xuntanzas en San Silvestre? No último parágrafo deste artigo, que explicación dá a que acontecesen estas reunións nesta época do ano?

 http://historiadegalicia.gal/2016/12/manual-do-nadal-ritos-e-tradicions-para-vivir-un-nadal-a-galega/

 En que lugar, próximo a Vigo, conta esta ligazón que se reunían?

 https://galicia.swred.com/crenzas_bruxas.htm

 

 

PRODUTO FINAL

 En primeiro lugar, escribide as respostas das tarefas nunha folla de forma individual. Despois, en grupos de 4 compañeiros/as elaborade unha cartolina de resumo cos aspectos do Nadal que máis interesantes vos parecesen. En total, reunide os contidos de cinco ou seis tarefasUn punto debe ser unha das receitas típicas de Nadal.

 

Bo Nadal

 

AdxuntoTamaño
o-apalpador-figura.jpg191.4 KB
bolo_reis.jpg20.64 KB
nadal.jpg131.23 KB
Trubincos.jpg104.35 KB
acivro.jpg9.65 KB