Premio Actividade Creativa Plan Proxecta “Clases Sen Fume”

Premio Actividade Creativa Plan Proxecta : “ Clases Sen Fume” para unha clase exemplo de convivencia e de hábitos saudables.
En Palacio de Congresos. Santiago de Compostela.
Convocados por Consellerías de Sanidade e Educación.

A aula de 2A de ESO foi galardoada pola súa Actividade Creativa no Programa Clases Sen Fume do Plan Proxecta , que ten como obxectivo evitar o inicio do consumo de tabaco cun compromiso individual e colectivo na realización do seu proxecto.

Foi unha xornada chea de emocións que compartimos con outros centros de Galicia tamén seleccionados para a final. 

Finalmente, o alumnado de 2 A de ESO do IES Politécnico de Vigo recibía  o 3 premio,  que  disfrutarán no parque acuático “Aquapark”.