INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018
Enviado por secretaria o Xov, 31/05/2018 - 14:26
Sairón publicadas as listaxes definitivas das axudas a formación en linguas estranxeiras no ano 2018.
Estás listaxes poderán ser consultadas na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os soliictantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario, a seguinte documentación:
- Aceptación ou renuncia á axuda (anexo III da Orde de convocatoria).
- Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado no menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa. Este pagamento non téra devolución no caso de renuncia posterior. A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo impica a renuncia á praza adxudicada.