Parabéns ós alumnos de 1º ESO de programación
Catro dos nosos alumnos de 1º ESO de programación: Nicolás Rodríguez Steuerberg , Iván Pillado Rodríguez, Daniel Celada González y Gonzalo Alonso Fernández participarán na final do VIII Concurso Galego de Robótica "A maxia da Robótica " que terá lugar o martes, 26 de abril na Coruña. Neste concurso participan preto de 2200 alumnos de 62 centros de toda Galicia.
O obxectivo desta actividade é achegar o estudantado á robótica, un campo de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científico-tecnolóxica no alumnado galego. A maxia da robótica é un compendio de actividades (obradoiro - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para:
Familiarizar e explorar o campo da robótica.
Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.
Tedes máis información na web de igaciencia: http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=taxonomy/term/9
Desexámoslle moita sorte na final.