Blogues

Simulacro No IES Politécnico de Vigo 2019/2020

O día 27 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación  no  noso Instituto  de forma EXITOSA.

Dar as grazas a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano , a nosa compañeira de Emerxencias Isabel Rodríguez e ao  titor de 2º de FP Básica Antonio Ramilo pola sua organización, ao alumnado de 1º do Ciclo de Prevención  e ao alumnado de  2º de FP básica pola organización previa, e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

 

 

 

3 De Decembro Día Internacional Da Diversidade Funcional

 O día 3  de decembro Día  Internaciónal  da Diversidade Funcional no Politecnico de Vigo  celebrámolo con instalacións de TEGP  baixo a dirección do profesor Lois Corvera   e Exposición de Deseño realizadas polo alumnado de 2º Bacharelato Artes  baixo a dirección da profesora  Gema Jiménez .

Día Internacional da Violencia de Xénero No IES Politécnico

 O alumnado de 1º curso do Ciclo Básico de Electricidade e Electrónica, dinamizados pola  súa profesora Carme Adán e Equipo Igualdade instalaron a exposición “ O machismo mata” con 51 globos negros en homenaxe as 51 mulleres asasinadas no que vai de ano 2019.No momento da publicación 52.

Visita Facultades 2º Bacharelato de Artes

O martes 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou as Facultades de Belas Artes e de Ciencias Sociais e da Comunicación, así como a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais para coñecer de cerca as titulacións de Grao e Master que ofrecen. Unha interesante visita que favorecerá a toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional entre outras propostas e accións que se desenvolverán ao  longo do curso.


Solicitude bolsa Erasmus+ Ciclos Formativos Medios e Superiores

 

O venres 29 de Novembro rematará o prazo de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+, nesta nova convocatoria.

 Solicita a túa bolsa Erasmus+!

Cómo Escoller Bacharelato?

Aquí deixámosvos un vídeo que pode axudarvos a decidir.

 

Día 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia Machista.

O Equipo de Igualdade do Politécnico de Vigo, un ano máis, elaborou un amplo programa de actividades para a conmemoración do  Día Internacional Contra a Violencia de xénero.

igualdade

Igualdade do Politécnico de Vigo Nas Xornadas Municipais de Coeducación

O equipo de igualdade do Politecnico de Vigo, representado pola responsable de igualdade Eva Piña e Carmen Adán, estivo nas xornadas municipais "Coeducacion  para  previr  a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en IGUALDADE"  organizadas pola Concellería de Igualdade os días 6 e 7 de novembro. Nelas Compartiron as boas prácticas no eido da igualdade  e da prevención de violencia de xénero que se desenvolven no noso centro.

"Enriquecedor encontro, compartir experiencias con outros centros moi comprometidos coa Igualdade!" (Eva Piña)

igualdade

Solicitude bolsa Erasmus Ciclos Formativos Medios e Superiores

Xa podes facer a túa solicitude de bolsa Erasmus. Vive a túa experiencia Erasmus!

  

8 de cada 10 ERASMUS atopan traballo antes de tres meses. Reportaxe interesante na TVE2.

dd

 

 

 SOLICITUDE BOLSA

Calendario do curso 2019-2020

Novo Horario Servicio de Orientación Laboral-Profesional.

No SERVIZO de Orientación laboral e profesional continuamos, este curso, informando e orientando a todo o alumnado nos máis variados temas de interese profesional e laboral.

Charla Informativa BOLSAS ERASMUS+ para facer a FCT e PRÁCTICAS no Extranxeiro

O mércores 16 de outubro 2019 no SALÓN DE ACTOS do Instituto vaise celebrar duas CHARLAS INFORMATIVAS sobre as BOLSAS ERASMUS+ para facer a FCT e PRÁCTICAS en paises europeos.

 A primeira das charlas será para o alumnado da mañan, e celebrarase ás 11:30 h., e a segunda pola parte ás 19:20 h.

 

 Nesa CHARLA INFORMATIVA teredes a oportunidade de preguntar calqueira cuestión que desexedes aclarar sobre as mobilidades ERASMUS+.

 

dd

Cuestionario Tutoría Amadeo

Cuestionario Tutoría 1º Ciclo Medio de Fabricación Mecánica.

POSIT

Mobilidade ERASMUS+ a Pont du Château en Francia.

A compañeira Eva Piña, profesora de Formarción e Orientación laboral,  e a Orientadora do instituto, María Irma Álvarez, veñen de facer unha mobilidade ERASMUS+ ao Lycée de Pont du Château en Francia, dentro do Proxecto KA103 que xestionamos dende o noso centro.

Intercambio de experiencias educativas, con especial atención á diversidade funcional no tratamento a persoas con discapacidade, así como á convivencia/ promoción da igualdade, orientación académica, profesional e laboral.


 

Consello escolar do día 27 de xuño de 2019

Consello escolar do día 11 de abril de 2019

Probas de Acceso Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Aberto o prazo de solicitude para a realización das probas de acceso a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia  para o curso 2019-2020.

Inscripción:

  • Data: Do 14 de Maio ata o 7 de Xuño
  • Lugar: Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o seguinte formulario www.edu.xunta.es/reximeespecialTamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da ESAD de Galicia.

PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS:

17 de xuño de 2019 no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Ver horarios e características da proba na Resolución do 29 de abril de 201

PROBA ESPECÍFICA:

 1 de xullo de 2019 na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia de acordo co calendario establecido polos tribunais de cada especialidade.

Máis información:

 

Probas de Acceso Ás Ensinanzas Profesionais das Escolas Superiores de Artes Plásticas e Deseño 2019/2020.

Aberto o prazo de solicitude para a realización das probas de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019-2020.
Solicitudes na propia EASD ata o 25 de xuño.
Realización das probas na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela

  • Proba de madureza, 3 de xullo
  • Proba específica, 15 de xullo.

Máis información na seguinte ligazón:

http://www.escolarte.com/wp-content/uploads/2019/05/AnuncioG0534-130519-0005_gl.pdf

 

Probas De Acceso Ás Ensinanzas Superiores De Deseño (Esad) 2019/2020.

Inscrición ata o día 7 de xuño, para todas as modalidades de acceso. Pódese facer online.

  • PROBA MADUREZA: 17 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
  • PROBA ESPECÍFICA: 3 de xullo na EASD Pablo Picasso (A Coruña)
    • Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.
    • Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas

GUÍA  PROBAS DE ACCESO

Ligazóns: 
http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/acceso-deseno-2019-20
http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno

 

 

Distribuir contido