blogue decharo.cid
Alumnado Alemán, de Intercambio no Politécnico
Enviado por charo.cid o Ven, 22/03/2019 - 16:37OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA
Enviado por charo.cid o Mér, 27/02/2019 - 21:24O alumnado de 2º de FP Básica participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.
Convocatoria Bolsas ERASMUS +para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.
Enviado por charo.cid o Mér, 30/01/2019 - 15:00Abrese o prazo de presentación de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+ para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.
O período serán dende OUTUBRO de 2019. O PRAZO DE PETICIÓN das BOLSAS rematará o VENRES 22 de FEBREIRO de 2019.
Coa finalidade de poder aclarar calquera DÚBIDA en relación coa SOLICITUDE DAS BOLSAS ERASMUS+, así como do seu contido temos programada unha CHARLA o MARTES 12 de FEBREIRO de 2019 no RECREO da da tarde, ás 19:20 h., na AULA D1 de DELINEACIÓN.
PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS SUPERIORES FP
Enviado por charo.cid o Mér, 30/01/2019 - 13:13
Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR DE FP pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. Podes solicitalo dende hoxe e ata o 15 de FEBREIRO de 2019 empregando o FORMULARIO 'ON LINE' .
Obradoiro Competencias Socioemocionais FP Básica Electricidade
Enviado por charo.cid o Mér, 16/01/2019 - 12:18Ao longo deste mes desenvolverase un obradoiro de Competencias Socioemocionales co alumnado de FP Básica de Electricidade.
Convocatoria Bolsas ERASMUS + Alumnado Ciclos Superiores
Enviado por charo.cid o Mar, 15/01/2019 - 17:41Convocatoria aberta de bolsas ERASMUS+ para alumnado de CICLOS SUPERIORES. Para poder aclarar calquera dúbida están programadas DUAS CHARLAS o MARTES 22 de XANEIRO de 2019 as 11:30 h e as 19:20 h na AULA D1 de DELINEACIÓN.
Bolsas ERASMUS+ para Persoal de Ciclos Superiores do IES POLITÉCNICO DE VIGO.
Enviado por charo.cid o Lun, 14/01/2019 - 11:30Abrese o prazo de Solicitude de BOLSAS ERASMUS+ para PERSOAL de CICLOS SUPERIORES do IES POLITÉCNICO DE VIGO.
O impreso da solicitude da bolsa está accesible na páxina web de ERASMUS+ do Politécnico. LEMBRAR que o IMPRESO CUBERTO e a DOCUMENTACIÓN que se solicita debe ser presentada na SECRETARÍA do I.E.S. POLITECNICO de VIGO ata o MARTES 22 DE XANEIRO DE 2019 ás 13:00 horas.
(http://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/solicitude-bolsa-erasmus-persoal)
O MÉRCORES 16 de XANEIRO nas horas de RECREO da mañan e da tarde haberá unha charla na SALA DE PROFESORES para aclarar calquera dúbida da convocatoria.
Parámetros de ponderación da ABAU 2019 - 2020 en Galicia
Enviado por charo.cid o Xov, 27/12/2018 - 22:45A CIUG publica os parámetros de ponderación correspondentes á parte específica da ABAU de 2019 que se terán en conta para o acceso á universidade no próximo curso 2019/2020.
Ligazón para imprimir os parámetros 2019/2020
Ponder Ac 19 by on Scribd
Programa Erasmus+ KA1: curso 2018/2019 Mobilidade por Motivos de Aprendizaxe
Enviado por charo.cid o Mér, 19/12/2018 - 20:48O IES Politécnico de Vigo Triunfa en Galicia Skills
Enviado por charo.cid o Lun, 03/12/2018 - 11:55Parabens ao alumnado do IES Politécnico de Vigo participante nas probas SKILLs galegas, así como aos seus titores e os profesores/as expertos/as. Noraboa polos excelentes resultados,e especialmente aos alumnos gañadores:
- Mª Jesús Baña Castiñeira pola súa medalla de prata en Instalacións eléctricas e.
- David Ucha Pérez, medalla de ouro en mecanizado e que polo tanto representará a Galicia no campionato de España 2019
Excursión a Galicia Skills de 4º da ESO
Enviado por charo.cid o Lun, 03/12/2018 - 11:50O noso alumnado de 4º da ESO foron a Silleda á competición de Galicia Skills a darlle sorte ao noso alumnado de Mecanizado e Electricidade que estaban a competir.
Simulacro no IES Politécnico de Vigo
Enviado por charo.cid o Lun, 03/12/2018 - 11:21O día 15 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación no noso Instituto.
Dar as grazas a Protección Civil do Concello de Vigo pola súa presenza ano tras ano a nosa compañeira de Emerxencias e ao titor de FP BÁSICA pola sua organización , aos alumnos do 1ºciclo de prevención e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .
Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!
Vídeos Para Aprender a Estudar
Enviado por charo.cid o Mér, 28/11/2018 - 12:32Déixovos uns vídeos para aprender a estudar.
Nada que Celebrar IES Politécnico Vigo 2018
Enviado por charo.cid o Ven, 23/11/2018 - 10:21Corto realizado polo alumnado de 2º da ESO de Igualdade de Xénero. Como motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Día 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia Machista.
Enviado por charo.cid o Ven, 16/11/2018 - 16:56SEMINARIO de contacto de DCI Asia Central. Outubro 2018.
Enviado por charo.cid o Ven, 09/11/2018 - 10:43O coordinador de programas internacionais do IES Politecnico asistiu ao SEMINARIO de contacto de DCI Asia Central celebrado en Estambul. Na foto xunto aos representantes de España.
Charla Informativa Ciclos Superiores e Ciclos Medios FCT e Prácticas no Estranxeiro Erasmus+
Enviado por charo.cid o Lun, 29/10/2018 - 10:18
Euroskills Budapest 2018
Enviado por charo.cid o Xov, 27/09/2018 - 14:06Raúl Fernández Lorenzo do CS Programación da produción en fabricación mecánica, gañador do último SpainSkills 2017 na modalidade de CNC-Torneado e Fresado, está nestes días na competición Europea Euroskills 2018 en CNC-Milling (CNC-fresado), acompañado polo profesor de fabricación mecánica Javier Fondevila. Desde o IES Politécnico de Vigo animámosche para que nos volvas a traer outra medalla.
Veña a por ela!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »