Viaxe do grupo de Artes á Coruña

O alumnado do bacharelato de Artes participou neste 2º trimestre nunha das actividades programadas polo departamento viaxando á cidade de A Coruña para:
  • Coñecer de primeira man a Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Picasso, cunha visita guiada pola escola, a ver os obradoiros, equipamento e posibilidade de estudos que se poden cursar nela.
  • Visita a unha exposición relevante do momento: a exposición MEISEL93, dedicada á fotografía. Organizada tendo en conta o ano 1993 no que o autor Steven Meisel fixo até 28 portadas de Vogue. Coñeceron nunha visita guiada a un dos grandes autores da fotografía de moda de todos os tempos.
  • Visita a unha exposición con obras de Pablo Picasso no museo de Belas Artes da cidade.

Convocatoria de bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025

Está xa aberta a convocatoria do Ministerio de Educación.  Só pode solicitala o alumnado que para o curso 2024-25, vaia cursar bacharelato, un ciclo formativo ou unha carreira universitaria. (É dicir, o alumnado que agora mesmo está cursando 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato).

Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025  é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

Debes solicitar a túa beca dentro deste prazo, aínda que non sepas qué vas a estudar, ou incluso se non sabes con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables e máis adiante poderás cambialos.

Toda a tramitación tense que facer obrigatoriamente online na sede electrónica do Ministerio de Educación,

(no centro non hai que facer nada)

Tes toda a información necesaria neste enlace.

II Mostra de Orientación, 28 e 29 de Marzo do 2023

Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos.

A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) aos alumnos dos centros educativos de secundaria da Estrada. 

Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc.

Entroido 2023

O 17 de Febreiro celebramos o entroido 2023, que por fin se puido celebrar sen restriccións e xa pareceu de novo un día de festa e divertimento. Agradecemos a todo o alumnado que tivo a ben disfrazarse para pasar un bo rato e rirse deles mesmos, e tamén a aqueles máis osados que crearon e escenificaron coreografías diante dun público entregado.

Recollendo o premio deporte galego 2019-2022 en Ribeira

O luns 20 de marzo en Ribeira, as profesoras de Educación Física Alejandra Pérez e Norma Pillado, acompañadas da vicedirectora, Patricia Pérez, e da directora, Ana Fernández, recolleron o premio Galicia Saudable, ao centro como entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. 

Día internacional das matemáticas, 3.14 (día de pi)

Con motivo da celebración do día internacional das matemáticas (14 de Marzo), no centro organizáronse os días 15 e 16 uns talleres lúdicos para alumnado da ESO con diversos xogos matemáticos, de estratexia, xeométricos, probabilísticos, etc. A creatividade, reflexión e constancia afloraron nos nosos alumnos e alumnas demostrando que son perfectamente capaces de comprender e superar algúns desafíos que non eran doados de resolver. O noso agradecemento aos membros do departamento de matemáticas por tan interesante experiencia.

8M , entrevistas a mulleres estradenses

Con motivo do 8M, o alumnado de Lingua castelá de 2º ESO fixo entrevistas a mulleres estradenses, como a que podedes ver no seguinte enlace. O noso agradecemento a todas elas, por permitir asomarnos ás súas experiencias persoais.

UniStem 2023 co alumnado de Bacharelato

Un ano máis fomos convidados ao UniStem. Moitas grazas á organización, foi unha mañá fabulosa na que as nosas alumnas e alumnos  saíron cun moi bo coñecemento do que son as células nai, as posibilidades que teñen, e o futuro que traen "baixo o núcleo". E dende logo, tamén sentiron a paixón dos investigadores e investigadoras no seu traballo, e a súa xenerosidade ao compartir connosco os seus estudos.

Premios deporte galego 2019 - 2022

O noso centro recibirá o luns 20 de Marzo  o  Premio Galicia Saudable, por ser unha entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. O noso agradecemento ás profesoras de Educación Física, Alejandra e Norma, polo seu traballo, e a todo o profesorado que nestos anos se animou a saír cos rapaces nas gardas activas e a participar nos seus proxectos.

Olimpíada de Xeografía

   O xoves 09 de marzo o noso alumnado viaxou a Santiago á facultade de Xeografía e Historia para participar na Olimpíada de Xeografía. Estiveron acompañados pola profesora Esther Sánchez.
Parabéns ao noso alumno David Carballeda que acadou o terceiro premio!

Representación do IES Manuel García Barros no Campionato Galego de Campo a Través, XOGADE 2023

   O pasado sábado 4 de marzo celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal coa representación do IES Manuel García Barros. As alumnas de 1º da ESO Lidia Calviño e Carla Pintor disfrutaron desta experiencia grazas á súa clasificación nas fases previas. Parabéns ás dúas pola súa boa actuación nesta proba e polo súa actitude de esforzo e superación en todas as carreiras nas que participaron representando ao noso centro.

   O departamento de educación física quere agradecer a Marcos Otero, adestrador do Clube Atletismo A Estrada, o seu ofrecemento para actuar como responsable das dúas alumnas, a pesar de que unha delas non pertence ao seu clube, acompañándoas en todo momento no día da proba.

Xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro

O mércores 15 de Marzo, a partir das 16:30, as familias que o desexen poderán achegarse ao noso instituto para coñecelo máis de preto. O equipo directivo informaralle das características do centro e da oferta educativa (ofrecemos catro modalidades de bacharelato); poderán ver as instalacións e plantexar todas aquelas dúbidas que poidan ter de cara a unha posible solicitude de praza (o prazo está aberto ata o 20 de marzo).

Visita a Padrón do alumnado de 1º de Bacharelato

   O pasado martes 28 de febreiro o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída didáctica cos departamentos de LLG e de Bioloxía. Puideron visitar a Casa Museo de Rosalía Castro, onde recibiron unha breve explicación e realizaron unha visita guiada e lectura de textos. Tamén fixeron unha visita ao Xardín Botánico situado dentro da alameda padronesa. Este punto de conservación de especies particulares vén de recibir a cualificación de Destino Observer pola súa riqueza como patrimonio científico e cultural.

Gañadores do X concurso de micropoemas e microrrelatos.

O xurado do X concurso de micropoemas e microrrelatos dos centros educativos da Estrada, Dinamizaestrada, vén de outorgar os seguintes premios a alumnos/as do noso centro:

  •   MICROPOEMAS: Noa Rico Serantes (1ºESO), Iago Durán Castro (3ºESO) e Soledad Zixia Chedas Ferrín (1ºBach).
  •   MICRORRELATOS: Estela Riera Vázquez (2ºESO), Elías Pérez Rodrigo (4ºESO) e Soledad Zixía Chedas Ferrín (1ºBach).
Parabéns  polo traballo e os premios logrados!.
Distribuir contido