Excursión Oseira/Ourense/Trasalba o luns día 24 de outubro

  O pasado luns 24 o alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica a Oseira-Ourense-Trasalba, organizada polas profesoras do Departamento de LLG. Os alumnos puideron percorrer o mosteiro de Oseira, en visita guiada, e con referencias históricas, artísticas e literarias. 
En Ourense tiveron actividades relacionadas coa literatura galega (Curros, Xeración Nós, E. Blanco Amor). En Trasalba puideron ver a casa museo de Otero Pedrayo e asistiron a unha explicación dalgúns elementos relacionados coa súa vida e obra. Seguindo o enlace podedes acceder a fotos da saída.

24 de outubro, día das Bibliotecas.

   Hoxe celebramos o Día da biblioteca escolar coa visita do escritor Xosé Luna Sanmartín, que compartirá con nós a xornada. No segundo recreo falaranos sobre a súa experiencia coa literatura e entregará os diplomas aos axudantes da biblioteca do curso pasado en presencia do alumnado de 1º de ESO.

Hora de ler, arrancando un novo curso

   Nesta derradeira semana de Setembro comezou Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.

Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.

Reunións d@s titor@s e equipo directivo coas familias da ESO

Infórmase a continuación das reunións de familias, equipo directivo e titores para a ESO (enviouse un aviso en Abalar Móbil) na data e horas seguintes:
Xoves 22 de setembro:
   18:30 horas, 2º da ESO.
   19:00 horas, 3º da ESO.
   19:30 horas, 4º da ESO.

Inicio do curso 2022-2023

O xoves 8 de setembro comeza o novo curso escolar. As presentacións levaranse a cabo os días 8 e 9 co seguinte horario:

  Xoves 8 de setembro 
  Venres 9 de setembro 
11:30h 2º ESO 10:00h 1º Bac
12:00h 3º ESO 11:00h 2º Bac
12:30h 4º ESO
17:30h 1º ESO (*)
  • (*) As presentacións de 1º de ESO comezarán cunha pequena reunión  do Equipo Directivo e os titores coas familias que poidan asistir, e continuará coa recepción do alumnado.
  • O mercores 7 de setembro ás 9:30 informarase ás familias, a través do Abalar Móbil, dos grupos de alumnado. Para calquera cuestión sobre o tema poderán dirixirse á dirección ese mesmo día, entre ás 10:00h e as 13:00h.

Reparto de libros do Fondo Solidario para o alumnado da ESO

O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase o día 9 de setembro nos seguintes horarios:

       Curso       Venres, 9 de setembro
4º ESO 9:30h - 10:30h
3º ESO 10:30h - 11:30h
2º ESO 11:30h - 12:30h
1º ESO 12:30h - 13:30h

O alumnado, dentro da franxa horaria asignada, deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal, ir á conserxería onde lle farán unha copia do mesmo e lles indicarán a onde dirixirse.

Reparto de libros de ANPA para o alumnado de Bacharelato

O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase:

  • o próximo venres, 9 de setembro, en horario de 16:30h a 18:30, na Aula de Desdobre que está ao lado da Sala de Profesorado.

  • e durante os recreos do luns, 12 de setembro.

Recordamos que o alumnado deberá traer o documento que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal.

Avaría na liña de teléfono do Instituto

A liña de teléfono do Instituto permanece avariada dende hai uns días e estamos á espera da súa reparación.

Se teñen algunha consulta urxente poden chamar ao teléfono móbil 604 007 908 onde se lles atenderá.

Desculpen as molestias.

Adxudicación definitiva do Fondo Libros

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

A entrega de libros realizarase en setembro (publicaranse indicacións ao inicio de curso).

O alumnado beneficiario de vales de material poderán recollelos entre os días 18 e 22 de xullo (ambos incluídos) en horario de 10h a 12h; ou en setembro. Os vales só se entregarán aos pais/nais ou titores/as dos alumnado beneficiario.

Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Prazo para a presentación de reclamacións contra a adxudicación provisional: 12 e 13 de xullo.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o venres 15 de xullo. A entrega de libros realizarase en setembro (publicaranse indicación ao inicio de curso).

O alumnado beneficiario de vales de material poderán recollelos entre os días 18 e 22 de xullo (ambos incluídos) en horario de 10h a 12h; ou en setembro. Os vales só se entregarán aos pais/nais ou titores/as dos alumnado beneficiario.

Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1

A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 10 de xuño de 2022 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2022-2023, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.

O IES Manuel García Barros solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 14 de xullo de 2022, o compromiso individual asinado pola familia que pode descargar nesta ligazón.

Devolución libros ANPA - Bacharelato

O alumnnado beneficiario do préstamos de libros da ANPA o curso 2021-2022, agás aquel que se presente á convocatoria de xullo das ABAU, debe devolver todos os libros.

Para a recollida dos exemplares estarán no centro representantes da ANPA o días 4 e 5 de xullo.

Recordamos que a devolución dos libros é un requisito para poder beneficiarse do préstamo o vindeiro curso.

Matrícula extraordinaria ABAU e depósito de título para 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobou todo na convocatoria extraordinaria ten que facer obrigatoriamente o depósito do título de bacharelato e, se quere  ir á universidade, matricularse tamén para a ABAU.

Os trámites administrativos necesarios realizaranse na Secretaría do centro o día 28  de xuño  de 9 a 13:30 h.

Neste enlace ten información completa sobre as taxas  a pagar e a documentación a entregar.

Torneo de fin de curso

Aquí tendes as imaxes do torneo de fin de curso:

Torneo fin de curso 2022/23

Libros de Texto - Curso 2022-2023

Na seguinte ligazón poden consultar as listaxes dos libros de texto para o vindiero curso 2022-2023.

Actividades de fin de curso: martes 21 e mércores 22

As actividades a realizar serán as seguintes:

  • Torneos deportivos: agás o de tenis de mesa, que terá lugar nas mesas do patio cuberto, o resto serán no pavillón Coto Ferreiro. Neste arquivo adxunto pódeese consultar o calendario elaborado polo departamento de Educación Física. Nel figuran os partidos e grupos que poden asistir en cada hora como público.
  • Torneo de xadrez: terá lugar o mércores en Usos Múltiples (esta é a listaxe dos participantes)
  • Obradoiro de avións de papel: a 3ª e 4ª horas do martes, no patio cuberto, Obdulia fará este obradoiro para o alumnado que queda no centro. O mércores a 3ª e 4ª horas haberá unha competición.
  • Outras actividades: haberá nalgunhas horas un obradoiro de frottage no patio, exposicións de traballos de distintas materias,...
  • Música: nas dúas últimas horas do mércores teremos unha actividade de música e baile no patio.

Enxeño dende as aulas contra o sedentarismo e as bebidas enerxéticas

Hoxe luns 20 de xuño, sae na Voz de Galicia un artigo facendo un resumo das iniciativas do MGB para a Promoción dun estilo de vida activo e saudable no alumnado.

Despois de entrevistar á profesora Alejandra Pérez Caaveiro, como coordinadora dos proxectos, recalca a importancia da continuidade e a suma de iniciativas como a implementación da terceira hora de EF, o reto activo, as gardas activas e tamén os proxectos interdisciplinares, como realizado este curso sobre hábitos de consumo de bebidas enerxéticas.

Distribuir contido