Recomendacións lectoras de Nadal

   As bibliotecas dos tres IES de A Estrada propoñen as seguintes recomendacións para o Nadal.

 Disfruta da lectura nestes días!!!

Visita ao marco de Vigo

   O día 21 de Decembro alumnado de Artes de 1º e 2º foron de visita ao Marco de Vigo, onde fixeron un obradoiro e unha visita guiada á expo de Francisco Leiro.

Visita ao parlamento de Galiza

   Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato visitaron na mañá do día 21 de Decembro o Parlamento de Galicia. Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde presenciaron unha sesión plenaria. Para rematar percorreron o casco histórico de Santiago visitando a Praza de Praterías, a Quintana, o Obradoiro e a Catedral.
   Acompañaron aos alumnos as profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Raquel Carballo.

Lemos no Nadal

   Na MeGaBiblioteca queremos propocionarche lecturas para estes días de vacacións e de frío, pero, como tamén nos gustan as sorpresas, preparamos unha exposición con 51 libros "envoltos".

Escollimos 51 títulos diferentes, en galego, castelán e inglés.

   -Hai obras literarias e de divulgación.

   -Os envoltorios son nun 90% material reciclado. Se queres, podes traernos os lazos, plumas, flecos... e seguiremos Erre que erre (Reciclar, reusar, redeseñar...)

Cada un deles ten unha "vestimenta" e unha etiqueta que fan referencia ao seu contido, pero non imos dicirche nada máis...

   Se algunha das propostas che atrae, podes reservalo na mesa da bibliotecario a partir do venres 16 de decembro e, o día 21 de decembro no 1º recreo, podes vir recollelo (salvo que xa fose solicitado con antelación). Terás que devolver o exemplar á volta das vacacións de Nadal.

Se non tes tempo a achegarte á biblioteca a ver todos os paquetes, podes revisalos neste vídeo.

Móvil libros sorpresa 2022 de megabiblioteca

Día contra a Violencia de Xénero

   O venres 25 de novembro conmemoramos no centro o Día contra a Violencia de Xénero. Nesta ligazón pódense ver fotos das actividades realizadas polo alumnado de Música de 4⁰ ESO coordinado pola profesora María Varela.

25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

   Dende a MegaBiblioteca, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres propoñemos un concurso sobre datas e feitos que invitan a reflexionar sobre a nosa sociedade e saber de onde vimos para entender o presente e mellorar o noso futuro.

   Só tes trece preguntas que investigar nas que non hai máis resposta ca un número. Enche o formulario e mándao ata o 30 de novembro. As tres primeiras persoas que acerten recibirán un agasallo.

Enlace ao formulario Violencia en números

Navegamos polo universo da man de Íñigo Quadra-Salcedo

   Grazas a un planetario portátil, que enchía o ximnasio, o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO disfrutou dun paseo polo universo aprendendo como se moven as estrelas de forma aparente, e os planetas, observando as fases da Lúa e coñecendo a nunca vista cara oculta do noso satélite.
Grazas, Íñigo, polas túas explicacións nesta Semana da Ciencia.

"Grecia e Roma nas túas mans", galería das actividades.

   Xa están dispoñibles as imaxes das xornadas do proxecto de Intercambio de Centros "Grecia e Roma nas túas mans".

Gallaecia 2022 (Grecia e Roma nas túas mans)

Novembro, mes da ciencia en galego!

   En novembro, mes da ciencia en galego, queremos visibilizar o traballo realizado nas aulas de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO e de Cultura Científica de 4º de ESO baixo a coordinación das profesoras Tania López González e Montserrat  Freire Baños.
   >>> Ven no primeiro recreo, á biblioteca, onde o alumnado exporá o seu traballo sobre un/unha científico/a. Consulta na imaxe, porque cada día é un investigador/a diferente. Paga a pena escoitalos!
   Rogamos o maior silencio posible neste recreo.

Magosto 2022

   Despois de dous duros anos nos que se afrontou o reto da pandemia, no día de hoxe, Venres 11 de Novembro do 2022, tivo lugar a celebración do “Magosto”. Contamos con música tradicional, xogos populares (para o alumnado da ESO a 3ª e 4ª horas) e degustación de castañas asadas entre as 12:45 e as 14:15 horas. O tempo acompañou e foi unha xornada que retoma as nosas costumes tradicionais. Nos próximos días colgaremos un álbum de fotos da xornada.

Visita Á Coruña co alumnado de 1º Bach

   O martes 8 de novembro visitamos a facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte en Bastiagueiro e dúas exposicións no centro de Coruña, unha sobre intelixencia artificual e outra sobre obras mestras da cultura asiática.  
Rematamos facendo un percorrido de orientación polo centro de Coruña.

“Grecia e Roma nas túas mans” agora tamén na prensa...

   A prensa local faise eco das actividades realizadas no proxecto de agrupación de centros “Grecia e Roma nas túas mans”. Podedes ler a nova no Faro de Vigo.

Saída a Vigo con 4ºESO

   Aquí vos deixamos fotos ilustrando as actividades realizadas o día 18/10 polo noso alumnado, nesta saída organizada conxuntamente polos departamentos de Música e Xeografía e Hª.
  •   Pola mañá, as visitas à zona portuaria e ó Museo do Mar, o percorrido polo Castro e o xantar en Samil ao mediodía.
  •   Pola tarde, a asistencia à clase do Ballet de Kiev, às actividades interactivas do Museo de Ciencias na sede de Afundación e o remate co espectáculo no antigo García Barbón de O lago dos cisnes.
Un día moi completo e variado que disfrutamos tamén polo comportamento exemplar, como sempre, do noso alumnado. 

Conmemoración do día de Neira Vilas

   O xoves 3 de novembro, no primeiro recreo, celebramos o día de Neira Vilas coa identificación da oliveira que o escritor prantou ao visitar o noso centro en 2010.

   Acompañaranos Fernando Redondo, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas.

Grecia e Roma nas túas mans. Temos convidados!

   Dentro do proxecto de agrupación de centros educativos do ministerio de educación "Grecia e Roma nas túas mans", o próximo mércores 2 de novembro chegarán ao MGB os IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida. Agárdanos una semana chea de actividades. Este é o programa:
Mércores 2 de novembro:
12:30 > recepción no salón de actos. Presentacións a cargo dos alumnos (Gallaecia romana, Valentia romana, Lusitania romana). Actuación de música tradicional galega (Grupo Abril)
13:35 > Obradoiro "Miles romanus" no patio cuberto.
14:30 > Prandium (comida de irmandade). Patio cuberto.
16:30 > Saída para Santiago onde os IES de Carlet e Mérida participarán nunha visita turística a Compostela.

Xoves 3 de novembro:
8:45 > Viaxe ao campamento de Aquis Querquennis (Bande, Ourense). Alumnos de CClásica 3ESO, e Latín de 4ESO e 1BAC.

Venres 4 de novembro:
8:45 > Viaxe á Coruña romana (Torre de Hércules e Castelo de Santo Antón). Alumnos de latín e grego de 4ESO, 1BAC e 2BAC
Distribuir contido