Charla da ABAU 2023

Logo da charla impartida polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2023, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Excursión Fragas do Eume, maio 2023

Os días 3, 4 e 5 de maio o alumnado de 1ºESO disfrutou dunha excursión multidisciplinar organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía e Educación Física nun entorno natural espectacular, as Fragas do Eume. 
O Albergue Alvarella xa é o 5º ano que acolle ao alumnado do instituto Manuel García Barros, un lugar entrañable tanto no paisaxístico como no humano. Alí esperaban as responsables de cociña, cunha comida rica e de calidade, os responsables da organización das actividades e loxística, quenes amosaron profesionalidade e amor pola natureza en todo momento; e Area, a cadela do albergue que se deixaba acariñar por toda a rapazada.
Comezouse a excursión cun roteiro guiado polo parque natural das Fragas do Eume e a visita ó Mosteiro de Caaveiro. Pola tarde, xa no albergue, explicáronse as regras, distribuíronse as funcións de poñer a mesa, servir, recoller e barrer en cada grupo e repartíronse as habitacións, momento especialmente esperado polo alumnado. 
A climatoloxía variable permitíu realizar case todas as actividades previstas salvo a de Orientaventura, a cal foi sustituída pola visita ao Museo de Historia Natural de Ferrol, experiencia interesante e recomendable. As demáis actividades: tiro con arco, orientación con brúxula e mapa, Slackline, recoñecemento de árbores, análise da vida nunha charca, visita ao Castelo dos Andrade e o xogo de pistas no casco histórico de Pontedeume, realizáronse con normalidade.

Viaxe a Mérida abril 2023, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"

   A semana pasada, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os de Latín de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos a Mérida, dentro do proxecto de Agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
   Dentro das actividades realizadas destacamos o obradoiro de Numismática romana, onde cada un de nós elaborou unha réplica dun dupondio do século I a.C., e o obradoiro de Mosaico, onde o noso grupo fixo unha reprodución do mosaico de Panxón, hoxe en Londres, e moi pronto de volta a Galicia.
 
   Ademais visitamos a Mérida romana: acueductos, circo, teatro e anfiteatro, Museo de Arte Romano, Templo de Diana, ponte e antigas murallas da cidade...
   Baixo unha calor insólita para esta época do ano, pasamos unhas xornadas inesquecibles xunto cos nosos compañeiros do IES Sáenz de Buruaga de Mérida e o IES 9 de Octubre de Carlet. Neste álbum recollemos todas as imaxes destes días.
Viaxe a Mérida abril 2023

Campaña de distribución de froita fresca

Durante os próximos 10 días, do 8 ao 22 de maio, repartirase froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO e Bacharelato.

Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

CARTEL LEITE E FROITA ESCOLAR-_1.png

Premios Extraordinarios de Bacharelato 22/23

O alumnado que ao finalizar os estudos teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos poderá concurrir ás probas para acadar un dos 20 Premios Extraordinarios de Bacharelato convocados pola Consellería de Educación.

O alumno ou alumna que acade un:

  • Recibirá un premio de 1000 Euros en metálico.
  • Estará exento do pago de matrícula no primeiro curso da Universidade nun centro público.
  • Poderá optar aos Premios Nacionais de Bacharelato.

O prazo de matrícula (non se pode facer no centro) é do 26 de abril ó 25 de maio.

As probas terán lugar o 14 de xuño nos lugares que se publicarán proximamente.

A información completa da Orde de convocatoria podes encontrala no seguinte enlace.

O alumnado de Artes visita a Galería Dispara de A Estrada

O pasado mércores 26 de abril o alumnado de Artes visitou este espazo que integra estudo, galería e librería especializada en fotografía. Da man do fotógrafo Tono Arias, fixeron prácticas con cámara de placas e descubriron algúns dos fotolibros máis interesantes e únicos que poden atoparse na librería.

Exposición “7 carteis inspirados por Saul Bass” nos Minicines Central de A Estrada.

O alumnado de segundo de bacharelato de Artes convídavos á inauguración da súa exposición de carteis de cinema inspirados na obra de Saul Bass. Será este sábado 29 ás 12h nos Minicines Central. Os carteis estiveron expostos na cafetería do Centro ata este venres. Podedes consultar a nova publicada hoxe en Faro de Vigo.

Día da EF na Rúa na Estrada

O alumnado de 2° da ESO participou da actividade organizada polo departamento de EF, conxuntamente con resto de centros escolares do Concello, dentro da Agrupación Deportiva Escolar da Estrada e coa colaboracion do Servizo de Deportes do Concello.
Esta convocatoria do COLEF, para dar visibilidade á materia de EF e reivindicar a necesidade dunha terceira hora no currículo para esta materia, foi un éxito, contando con 400 participantes que  xogaron nas rúas da nosa vila ao longo da mañá.
Recóllese a nova na prensa, ocupando ás portadas da prensa local:
Faro de Vigo                       La Voz de Galicia 
                        

Gañadores do 1º concurso de Esopías, marzo de 2023

Con motivo do día de pi (14 de marzo) os días 15 e 16 de marzo leváronse a cabo no centro unha serie de actividades para poñer en valor as matemáticas na actividade cotiá e a súa significación no mundo actual. Con diversos xogos mostrouse ao alumnado aquelas "facetas" que as matemáticas tamén teñen e que a veces non se mostran.

Unha das actividades foi a creación de Esopías, composicións de 25 palabras onde cada unha delas ten unha lonxitude igual que os sucesivos decimais do número pi . Presentáronse a concurso un bo número de composicións de moi alto nivel para ser unha experiencia de recente creación, e xa temos aos tres premiados!. Noraboa por mostrarnos tan fermosas creacións e desexamos que a experiencia se repita nos próximos anos para que non decaia o nivel.

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na VI Competición de robots da Universidade de Vigo

O pasado venres, 21 de abril, dous equipos formados por 12 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía e Enxeñaría I participaron na VI Competición de robots da Universidade de Vigo.

Os dous equipos conseguiron clasificarse para a fase final, dun total de 36 inscritos na súa categoría, acadando finalmente o equipo HorsePowers un meritorio 2º posto.

Noraboa a todo o alumnado participante porque souberon demostrar o seu dominio da programación, e gran nivel de competitividade á vez que de compañeirismo. Parabéns!

Novas de prensa:

Imaxes na galería Flirck do centro.

Admisión de alumnado para o curso 2023-2024

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión dentro do prazo establecido está admitido para o curso 2023/24.

O resto terá que esperar a resolución da  Inspección Educativa.

Charla de Economía "Finanzas para mortais"

Os días 12 e 14 de abril os alumnos de Economía participaron dentro do programa EDUEMPRENDE na charla Finanzas para mortais impartida por Francisco Javier Vidal Ferro, director da oficina do Banco Santander de A Estrada. O programa ten por obxecto fomentar a cultura financeira entre o alumnado de ESO e Bacharelato, acercando a xestión e manexo das contas bancarias, os aforros, operacións financeiras e medios de pago no estranxeiro. A actividade resoltou de gran interese para todo o alumnado.

Viaxe a Praga de alumnado de Bacharelato, marzo de 2023

Entre o 16 e  20 de marzo de 2023, un grupo de 46 alumnos e alumnas viaxaron a Praga con 4 profesoras do instituto, coa finalidade de descubrir unha das cidades máis bonitas e de maior interés cultural e artístico de Europa. Tiveron a ocasión de asistir ao famoso Teatro negro, e coñecer en directo a orixinalidade do mesmo. Outra visita moi destacada foi a do Campo de concentración e ghetto de Terezin. Foi impactante para todos e todas poder coñecer de primeira man como o ser humano puido sobrevivir ao brutal trato naquelas instalacións.
Destacar, coma sempre, o comportamento exemplar do noso alumnado que, desta maneira, nos seguen dando razóns para realizar actividades de tanto calado como esta.

Cartografías textiles: o traballo da Biblioteca no Museo do Pobo Galego

Unha actividade da nosa Biblioteca, coordinada pola profesora Marisa Otero, forma parte da instalación participativa "Cartografías Textiles" no Museo do Pobo Galego.

Museo do Pobo Galego.

La Voz de Galicia.

Guía de estudos superiores de Galicia

   O periódico a Voz de Galicia publicou a quinta edición da "Guía de estudos superiores de Galicia" , que agora tamén se pode consultar en liña.

Distribuir contido