E.D.L.
Dinamiza TV
Enviado por Coordinación TIC o 26 Maio, 2022 - 08:09Da man do Concello de A Estrada, os dez centros escolares do município puxemos en marcha o proxecto audiovisual que consiste na gravación de un noticiario por cada centro e que estivo superviada e dirixida polos dinamizadores e dinamizadoras lingüísticos de cada centro.
O noso noticiario recolle a vida cotiá do centro e os presentadores son os alumnos de Segundo da ESO Manuel e Mario, que semellan auténticos profesionais.
Podedes velo aquí. Que desfrutedes!
Xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura
Enviado por Coordinación TIC o 24 Maio, 2022 - 10:07
Co gallo do día das Letras Galegas, a Profesora Anxos Gallur, dinamizadora lingüística do centro, en colaboración con profesoras, alumnos e alumnas do centro organizou unha xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura. Convidou á escritora Antía Otero, antiga alumna do noso instituto, a compartir este día con nós e fixemos un coloquio con ela. Tivemos música da man das alumnas de terceiro de ESO con María Varela, exposicións de autores do noso rueiro grazas aos alumnos de primeiro da ESO e da súa profesora María Mansilla e achegámonos á figura do autor Florencio Delgado Gurriarán da man dos alumnos de cuarto da ESO e a súa profesora Inés. Os alumnos do Bacharelato de Artes fixeron un MAIO espectacular guiados polo seu profesor Xoán Xosé, está á entrada do centro e podedes averigüar moitos detalles sobre esta antiga tradición galega e desfrutar do traballo dos nosos compañeiros. A xornada rematámola tomando un rico e saludable chocolate. Moitas grazas a todos!. Moitas grazas a Antía Otero! Velaquí as fotos deste día |
![]() |
Gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos
Enviado por Coordinación TIC o 5 Maio, 2022 - 20:54Estes son os gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos de A Estrada.
De esquerda à dereita e de arriba a abaixo:
- Alexandra Paz, Lara García, Alba Campos, Mariana Torrado. Abaixo: Saleta Lueiro e Brais Cerviño.
A entrega de premios vai ser o dia 25 de maio no Teatro principal ás 20:30h. Os alumnos poderán ir acompañados das súas famílias.
Noraboa aos premiados!
Sementando pensamentos
Enviado por Coordinación TIC o 25 Febreiro, 2022 - 09:58Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."
* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.
Cupido no MGB (14 de febreiro)
Enviado por Coordinación TIC o 7 Febreiro, 2022 - 13:28A coodinación de ENDL preparou unha actividade para o 14 de febreiro para que todos poidamos escribir en GALEGO.
Na entrada do centro hai un buzón para que poidas botar a túa carta ou nota escrita en galego e adicada ao teu mozo ou moza, á túa mellor amigo ou amiga, ao teu titor ou titora ou profesor ou profesora que máis apreces... Deben ser respectuosas e non ter contido ofensivo, só palabras de agarimo ou agradecemento. Non esquezades poñer o nome, apelido e curso do destinatario ou destinataria.
O profesorado tamén pode participar!
Os emisarios de Cupido farán chegar aos destinatarios as misivas que escribades.
IX Concurso de microrrelatos e micropoemas
Enviado por Coordinación TIC o 26 Xaneiro, 2022 - 10:27Dinamizaestrada, os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada, convocan a IX edición do concurso de microrrelatos e micropoemas. Poden participar todos os alumnos pertencentes aos centros educativos do Concello da Estrada. Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso. O prazo límite será o 4 de marzo de 2022.
Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas (microrrelatos / micropoemas), pero cada participante só poderá presentar un texto en cada unha delas.
En microrrelatos o texto deberá estar en galego e non ter máis de 100 palabras. A temática é libre pero deberá conter a palabra LOITA.
En micropoemas o texto deberá estar en galego e ter un mínimo de 2 versos e un máximo de 8 en Primaria, e un mínimo de 4 versos e máximo de 8 en Secundaria, Ciclos formativos e Bacharelato. A temática será libre pero deberá aparecer necesariamente a palabra INFINDA.
O xurado concederá un premio por modalidade, categoría e centro. Tes toda a información aquí.
Vídeo do Día contra a violencia de xénero
Enviado por Coordinación TIC o 26 Novembro, 2021 - 11:51O equipo de Normalización Lingüística do IES MGB organizou distintas actividades o día 25 de novembro, Día Internacional contra A Violencia sobre ás mulleres. Todos amosamos a nosa solidariedade con aqueles e aquelas que sofren por mor deste tipo de violencia. Velaquí un resumo en imaxes que fixo o noso compañeiro Anxo.
No segundo vídeo podedes ver a actividade realizada polos alumnos de segundo da ESO e segundo de Bacharelato coa súa profesora Anxos. Os alumnos de Artes fixeron os murais e o profesor Xoán Xosé colaborou con nós. Agardamos que vos guste o noso traballo nesta data tan importante para todos.
"Escarlatina, a cociñeira defunta" - Kamishibai
Enviado por admin o 29 Xuño, 2021 - 19:46Video "Escarlatina, a cociñeira defunta" en versión Kamishibai, elaborado por un grupo de alumnos e alumnas do MGB:
VIII Festa das Palabras
Enviado por admin o 29 Xuño, 2021 - 19:38O pasado 1 de xuño celebrouse, no Teatro Principal da Estrada, o acto de entrega simbólica de premios da VIII Festa das palabras organizada por Dinamizaestrada (Coordinadora de EDLG dos centros educativos da Estrada). Non puido haber público por causa das medidas de seguridade con motivo da pandemia da covid 19.
Aquí tedes o video do acto e nesta ligazón podedes acceder á galería de imaxes:
Ordes do MECO
Enviado por admin o 9 Febreiro, 2021 - 00:07
VIII Concurso de microrrelatos e micropoemas. Dinamizaestrada 2020-2021
Enviado por admin o 3 Febreiro, 2021 - 12:22Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Dedica a túa canción
Enviado por admin o 29 Xaneiro, 2021 - 09:27Imos tentar facer os recreos algo máis amenos con música en galego unida ás vosas dedicatorias!!!!
Ao longo de dúas semanas poderás enviar unha ou varias cancións (en galego) xunto con cadansúa dedicatoria (tamén en galego) para alguén importante para ti ao enderezo: dinamizacion@iesgarciabarros.org, que aparece no cartel!
Estas cancións vanse poder escoitar ao longo de varios recreos pola megafonía do centro. ANÍMATE!!!!!
OLLO! Non se van emitir ningunha mensaxe ofensiva ou discriminatoria e tampouco aquelas que non se adapten ás características lingüísticas do proxecto.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
