Latín e Grego
Viaxe a Mérida abril 2023, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"
Enviado por XefeEstudos o 5 Maio, 2023 - 18:35
A semana pasada, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os de Latín de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos a Mérida, dentro do proxecto de Agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
Dentro das actividades realizadas destacamos o obradoiro de Numismática romana, onde cada un de nós elaborou unha réplica dun dupondio do século I a.C., e o obradoiro de Mosaico, onde o noso grupo fixo unha reprodución do mosaico de Panxón, hoxe en Londres, e moi pronto de volta a Galicia.
Ademais visitamos a Mérida romana: acueductos, circo, teatro e anfiteatro, Museo de Arte Romano, Templo de Diana, ponte e antigas murallas da cidade...
Baixo unha calor insólita para esta época do ano, pasamos unhas xornadas inesquecibles xunto cos nosos compañeiros do IES Sáenz de Buruaga de Mérida e o IES 9 de Octubre de Carlet. Neste álbum recollemos todas as imaxes destes días.
|
![]() |
Programación do departamento de Latín e Grego 2022-2023
Programacións por cursos
4ºESO | Programación da materia de 4ºESO | |
1ºBACH | ||
2ºBACH - latín | Programación da materia de 2ºBACH | |
2ºBACH - grego | Programación da materia de 2ºBACH |
A ODISEA 2023 DO MGB: "A auga en Grecia e Roma"
Enviado por XefeEstudos o 2 Febreiro, 2023 - 18:08Un ano máis non fomos quen de chegar ao desempate, pero no MGB tamén temos campións. Hoxe 2 de Febreiro, no 2º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.
Estes foron os equipos e alumnos premiados:
1º PREMIO - HISPANIA REGNAT - 4ºESOA/B
- GARCÍA SECO, RODRIGO
- FERREIRO LEMOS, ANDREA
- FERNÁNDEZ LOUZAO, MATEO
2º PREMIO - OS LADRÓNS DE COBRE - 2ºBAC-C
- VIGO LÓPEZ, SAMUEL
- IGLESIAS CARRAZÓN, ADRIÁN
3º PREMIO - PANATENEAS - 2ºBAC-C
- MONTERO RAMOS, ARACELI
- ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA
"Grecia e Roma nas túas mans", galería das actividades.
Enviado por XefeEstudos o 15 Novembro, 2022 - 22:30Xa están dispoñibles as imaxes das xornadas do proxecto de Intercambio de Centros "Grecia e Roma nas túas mans".
“Grecia e Roma nas túas mans” agora tamén na prensa...
Enviado por XefeEstudos o 4 Novembro, 2022 - 22:18A prensa local faise eco das actividades realizadas no proxecto de agrupación de centros “Grecia e Roma nas túas mans”. Podedes ler a nova no Faro de Vigo.
Grecia e Roma nas túas mans. Temos convidados!
Enviado por XefeEstudos o 27 Outubro, 2022 - 19:1212:30 > recepción no salón de actos. Presentacións a cargo dos alumnos (Gallaecia romana, Valentia romana, Lusitania romana). Actuación de música tradicional galega (Grupo Abril)
13:35 > Obradoiro "Miles romanus" no patio cuberto.
14:30 > Prandium (comida de irmandade). Patio cuberto.
16:30 > Saída para Santiago onde os IES de Carlet e Mérida participarán nunha visita turística a Compostela.
Xoves 3 de novembro:
8:45 > Viaxe ao campamento de Aquis Querquennis (Bande, Ourense). Alumnos de CClásica 3ESO, e Latín de 4ESO e 1BAC.
Venres 4 de novembro:
8:45 > Viaxe á Coruña romana (Torre de Hércules e Castelo de Santo Antón). Alumnos de latín e grego de 4ESO, 1BAC e 2BAC

Viaxe a Valencia, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"
Enviado por Coordinación TIC o 21 Abril, 2022 - 08:11Durante os días 6, 7, 8 e 9 de abril, o alumnado de Latín de 1º e 2º de Bacharelato realizou unha viaxe de estudos a Valencia dentro do proxecto estatal de agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", do que forma parte o MGB xunto cos centros IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida. Estiveron acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
O primeiro día tivo lugar unha visita guiada polo centro da cidade de Valencia: torres de Serrano, pazo da Generalitat, catedral, Lonxa, e outros monumentos e lugares de interese. O xoves achegámonos ata o Museo arqueolóxico de Alicante e o castelo de Santa Bárbara, e xa pola tarde, ao VilaMuseu de La Vila Joiosa. O venres foi o día dos Ludi Saguntini, onde despois de realizar varios obradoiros (latine loquendo, escritura) subimos ata o teatro de Sagunto para ver a representación dunha obra de Plauto, a Aulularia. Na baixada, parada na Domus Baebia, aula didáctica de Cultura Clásica. A tarde foi para a visita á praia da Malvarrosa e de novo o centro de Valencia. Despedimos a esta fermosa cidade o sábado, coa visita ao Oceanográfic e á cidade das artes e das ciencias.
Neste álbum de Flickr pódense ver as imaxes da viaxe.
Brigantium MMXXII
Enviado por Coordinación TIC o 24 Febreiro, 2022 - 14:23Vídeo da viaxe á Coruña dos alumnos de Latín e Cultura Clásica do IES MGB para asistir ás representacións do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia na Coruña, o 22 de febreiro de 2022. Obras representadas: Hécuba de Eurípides (Grupo Noite Bohemia) e Asinaria de Plauto (Grupo Corzos Reunidos).
Odisea 2022 no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 9 Febreiro, 2022 - 17:24Non chegamos ao desempate pero no MGB tamén temos campións. Hoxe, no 1º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.
Estes foron os equipos e alumnos premiados:
1º PREMIO - AS MERETRICES - 2BAC-C
- FERNÁNDEZ LUSTRES, SOFÍA
- LUEIRO PEREIRA, SALETA
- OTERO ABEIJÓN, ZAIRA
2º PREMIO - PAQUITAS CHOCOLATERAS - 1BAC-B
- MARTÍNEZ BUSTELO, PAULA
- ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA
- MONTERO RAMOS, ARACELI
3º PREMIO - LA OLIMPYADA - 3ESOA-C
- VIGO TATO, MÍRIAM
- VIEITES PEDROSO, ROBERTO
- CARBALLO VÁZQUEZ, AROA
Grecia e Roma nas túas mans
Enviado por Coordinación TIC o 2 Febreiro, 2022 - 11:08Con data 20/12/2021 foi publicada na web do Ministerio de Educación y Formación Profesional, a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva.
Nesa convocatoria foi seleccionado o proxecto GRECIA E ROMA NAS TÚAS MANS, do que forma parte o IES Manuel García Barros da Estrada (coordinado polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño), o IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida.
O traballo consistirá filmar e documentar unha serie de pezas (en principio 10) dos museos de Galicia e elaborar réplicas a partir da súa impresión en 3D co obxecto de crear un museo escolar para que todos os alumnos poidan coñecer e respectar o seu patrimonio cultural. O proxecto inclúe tamén viaxes a Sagunt e a Mérida, que terán lugar ao longo deste curso e do que vén.
Máis información na web do proxecto.
Excursión a "Aquis Querquennis" (Bande - Ourense)
Enviado por Coordinación TIC o 25 Novembro, 2021 - 09:07Onte, mércores 24 de novembro, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3ESO, 4ESO e 1BAC, realizou unha visita ao xacemento romano de "Aquis Querquennis", en Baños de Bande, Ourense.
Despois de percorrer un tramo duns 5 kilómetros polo antigo trazado da VIA NOVA ou Vía XVIII, e tras visitar unha fermosa fervenza nas marxes da mesma, o grupo asistitu a unha proxección audivisual no Centro de Visitantes, para logo percorrer o xacemento do antigo campamento militar romano. A xornada rematou cun baño nas thermae do recinto. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e Grego.
Más fotos neste álbum de Flickr!
Odisea 2020 MGB
Enviado por BiblioMGB o 12 Febreiro, 2020 - 18:12Hoxe mércores, no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cultura Clásica Odisea. Na edición 2020 do concurso Odisea os resultados dentro do MGB foron os seguintes:
- 1º premio > RÓMULO E REMO: DIÉGUEZ REBOLO, PABLO; REY LLOBET, JOSÉ (2BAC)
- 2º premio > MENECMAS: CALVIÑO SILVA, SONIA; SANMARTÍN FIGUEIRA, NÚRIA; REY GAÑETE, LUCÍA (2BAC)
- 3º premio > KOINÉ: CARRACEDO FLORES, AINOA; MELLA MOSTEIRO, UXÍA (2BAC)
- Premio especial do xurado > ERYX WARRIORS: VIVEL COUSO, YANIRA; MÍGUEZ VIDAL, DANIEL (3ESO)
Visita ao Vigo Romano dos alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica
Enviado por BiblioMGB o 27 Novembro, 2019 - 18:43Hoxe, mércores 27 de novembro, os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica, visitaron o museo do Mar de Vigo (onde participaron nun obradoiro de "Lucernae" (lámpadas de aceite romanas), e a Villa romana de Toralla.
Visita á Biblioteca América da USC
Enviado por BiblioMGB o 5 Novembro, 2019 - 09:42Durante a mañá do mércores 30 de outubro, e tal como fixemos o curso pasado, os alumnos de latín de 2º de Bacharelato do MGB visitaron a Biblioteca América da USC, sita no Pazo de Fonseca de Santiago.
Este ano, ademais de poder ver e tocar a edición fácsimil do orixinal de 1055 do Libro de Horas de Fernando I, tivemos a oportunidade de ter diante dos nosos ollos edicións antigas (séculos XVI e XVII) de clásicos da literatura latina, como Plauto, Terencio, Cicerón ou Ovidio.
