Lingua Galega e Literatura
Sementando pensamentos
Enviado por Coordinación TIC o 25 Febreiro, 2022 - 09:58Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."
* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.
Haikus - 4º ESO
Enviado por admin o 26 Abril, 2021 - 13:12O 17 de marzo foi o día mundial da poesía. O noso alumnado de 4º de ESO quere compartir coa comunidade estas creacións poéticas a xeito de haikus.
Letras galegas 2019: Antonio Fraguas no MUPEGA e agradecemento ao noso centro
Enviado por admin o 17 Maio, 2019 - 13:28O Museo Pedagóxico de Galicia festexa o día das Letras Galegas homenaxeando a Antonio Fraguas cun roteiro polo museo a través dunha serie de pezas prodecentes dos centros educativos nos que estudiou ou traballou como profesor.
Dende o seu Facebook agradece ao Instituto Manuel García Barros da Estrada a cesión de varias pezas para esta ocasión.
Charla de David Otero
Enviado por Vicedirec. o 18 Maio, 2018 - 12:53O pasado luns 14 de maio visitou o noso centro o escritor David Otero para falar sobre Mª Victoria Moreno ao noso alumnado de 4º ESO e de Literatura Galega do século XX de 2º Bacharelato.
Charla de Iván Olmos
Enviado por Vicedirec. o 7 Marzo, 2018 - 11:29O pasado martes Iván Olmos Ferreiro falou co noso alumnado de 3º ESO sobre textos expositivos e debate. Iván é subcampión mundial de discursos 2017 e segundo mellor orador en @cmude2017.
Moitas grazas por visitarnos.
Pergamiño Vindel
Enviado por Vicedirec. o 28 Febreiro, 2018 - 10:01O alumnado de 1º Bach realizou onte unha visita cultural para ver o Pergamiño Vindel. Á entrada do Museo do Mar varios alumnos interpretaron unha cantiga de Martín Códax. Despois asistiron a unha breve lección sobre o mundo medieval, e en particular sobre a escritura, o seu soporte e os seus autores. Durante o resto da xornada visitouse o museo e fixéronse actividades relacionadas coas lecturas deste curso.
Charla de Carlos Mella
Enviado por Vicedirec. o 8 Febreiro, 2018 - 13:08O alumnado de 4º de ESO asistiu o pasado martes 6 de febreiro a unha charla sobre Castelao impartida polo estradense Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao.
O alumnado de 3º ESO no teatro
Enviado por Vicedirec. o 1 Outubro, 2017 - 22:20O pasado venres 29 de setembro sesenta e cinco alumnos de 3º ESO, acompañados por catro profesoras, acudiron ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación teatral da obra "Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)". Trátase dunha obra benéfica organizada co motivo do Día Mundial do Alzheimer e realizada pola Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA)
Día de Rosalía
Enviado por Vicedirec. o 24 Febreiro, 2017 - 10:40Celebrouse no MOME este 23 de febreiro a anual homenaxe á nosa poeta ROSALÍA DE CASTRO, na que, en conxunto cos demais centros de ensino da Estrada e o IES Chano Piñeiro de Forcarei, alumnado dos diferentes centros recitou poemas da nosa universal poeta.
Polo noso centro recitaron o poema "De soidás morríase" as alumnas SANAA CHEFAOUI e LAILA HAIBOURI.
María Reimóndez no MGB
Enviado por Vicedirec. o 20 Febreiro, 2017 - 10:04O pasado venres 17 a escritora María Reimóndez compartiu co noso alumnado a súa actividade literaria, social e tamén o mundo da tradución.
Concurso de relatos de ADEGA
Enviado por Vicedirec. o 26 Decembro, 2016 - 11:54A nosa alumna María Rozados Balboa de 4º ESO C resultou gañadora do 1º Premio Xuvenil do Concurso de Relatos de ADEGA coa súa obra "Quen son eu".
Como finalistas temos a Ainhoa Pereiras Mosquera (1º ESO C) con "O noso tesouro" e a Sandra Ferreiro García (1º BAC. C) con "Tan belo...Tan fráxil...".
En hora boa ás tres!
Xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2016 - 12:12Alumnado de 1º e 3º de ESO do noso instituto a cargo do departamento de Lingua e Literatura Galega participaron onte na xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar. O Faro de Vigo faise eco da noticia.
"Produto do país". Galego nas aulas
Enviado por Vicedirec. o 7 Outubro, 2016 - 11:01No IES MGB buscamos potenciar o uso da lingua galega en todos os aspectos, e desde a titoría de 1 ESO C do curso pasado recórdannolo con este vídeo.
Correlingua 2016
Enviado por Vicedirec. o 30 Maio, 2016 - 14:48Mañá martes 31 de maio o alumnado de 1° de ESO participará no Correlingua. A actividade consistirá nun pequeno percorrido reivindicativo en defensa do galego polas rúas da vila, xunto con alumnado doutros centros educativos da comarca.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
