Premios
Gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos
Enviado por Coordinación TIC o 5 Maio, 2022 - 20:54Estes son os gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos de A Estrada.
De esquerda à dereita e de arriba a abaixo:
- Alexandra Paz, Lara García, Alba Campos, Mariana Torrado. Abaixo: Saleta Lueiro e Brais Cerviño.
A entrega de premios vai ser o dia 25 de maio no Teatro principal ás 20:30h. Os alumnos poderán ir acompañados das súas famílias.
Noraboa aos premiados!
Premio para a nosa antiga alumna Belén Troitiño
Enviado por Vicedirec. o 31 Outubro, 2021 - 11:02Parabéns para Belén Troitiño que vén de gañar o Premio Extraordinario das ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de Música da Xunta de Galicia.
É a primeira vez que un alumno do Conservatorio da Estrada acada esta distinción. A clarinetista fala da súa traxectoria profesional neste artigo do Faro de Vigo.
Ben merecido pola súa dedicación e traballo!
Alumnado do MGB premiado no II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez
Enviado por admin o 6 Decembro, 2020 - 18:06Xián Fernández Andrade, Ana Gestoso Froján, Andrea Martínez Ruso e Henar Rodrigo Pérez, alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de Artes durante o curso pasado, veñen de recibir o Premio especial 25 Aniversario Ponte nas Ondas no II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, co seu traballo Morriña, que podedes escoitar na seguinte ligazón:
Parabéns aos galardonados!!
Outras ligazóns:
Medalla para Clara Lamiño e Manuel Míguez en Navarra
Enviado por admin o 27 Novembro, 2019 - 23:33Noraboa a Clara Lamiño e Manuel Míguez polo segundo posto acadado na competición de dobre no Master de Estella.
Mellores alumnas ABAU 2019
Enviado por admin o 5 Xullo, 2019 - 12:24O pasado xoves 4 de xullo tivo lugar o acto de recoñecemento que a Universidade de Santiago de Compostela fai ao Mellor Alumnado das probas ABAU 2019. No noso centro foron seis alumnas as que obtiveron este recoñecemento:Alexandra Gambino Bouzada, María González Blanco, María Rozados Balboa, Patricia Riveira Magán, Paula Tejo Pereira e Uxía Silva Simoes.
Parabéns!
Podes ver o vídeo da entrega de diplomas na seguinte ligazón (minuto 47).
Premios Aspamite para as alumnas Ainhoa Pereiras e Saleta Lueiro
Enviado por admin o 16 Xuño, 2019 - 20:21As nosas alumnas, Ainhoa Pereiras e Saleta Lueiro, veñen de gañar respectivamente o primeiro e o terceiro premio do XVI concurso de contos Somos capaces organizados pola asociación ASPAMITE. Ambas premiadas aceptaron compartir con nós os relatos. Parabéns.
No enlace podes ver a noticia na prensa.
Primeiro premio de poesía do concurso da Fundación Rosalía Castro para a nosa alumna Ainhoa Pereiras
Enviado por admin o 14 Xuño, 2019 - 15:29A alumna de 3º da ESO Ainhoa Pereiras recibiu o sábado, no auditorio da Casa-Museo de Padrón, o primeiro premio de poesía do concurso que cada ano convoca a Fundación Rosalía Castro. Parabéns polo galardón.
A compañeira Teresa Iglesias Yugat gaña o Premio relato Curto convocado pola FANPA
Enviado por admin o 4 Xuño, 2019 - 09:54Co relato "Horizante con neboeiro", unha reflexión sobre o rural vaciado, Teresa Iglesias vén de gañar o 1º Premio Relato Curto categoría adultos convocado pola FANPA. Parabéns.
Campionato de pimpón
Enviado por Vicedirec. o 25 Xuño, 2018 - 10:59O pasado xoves 21 de xuño xogouse a final do Campionato de Pimpón. Resultou gañador o alumno de 4º ESO Carlos Delgado e 2º clasificado Pablo Diéguez do mesmo curso.
XXXIX Certame Terra Cha
Enviado por Vicedirec. o 25 Xuño, 2018 - 10:36Varios alumnos de 1º de ESO resultaron premiados en distintas modalidades no XXXIX Certame Terra Cha. Os premios entregaránse o día 5 de agosto, ás 6 da tarde, durante o Festival de Pardiñas. Os premios, que outorga a Asociación Xermolos, foron para:
- Poesía: Carlota Torrado, Paula Rodríguez e Pablo Sanmartín.
Premios Aspamite
Enviado por Vicedirec. o 18 Xuño, 2018 - 12:15O pasado sábado a asociación Aspamite entregou os seus premios do XV Concurso de Contos "Somos capaces", resultando gañadoras do 1º e 3º premio de Educación Secundaria as nosas alumnas de 2º ESO Julia García Madriñán (1ª premio) e Lorena Cabezas Barreiro (3º premio).
Moitas felicidades ás dúas!
Premio para Ainhoa Pereiras
Enviado por Vicedirec. o 13 Xuño, 2018 - 11:41A nosa alumna de 2º ESO B Ainhoa Pereiras Mosquera vén de gañar o primeiro accésit do IV Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro convocado polo Corte Inglés coa súa obra "Quen sabe?".
Parabéns!
Premio para Carlota Torrado
Enviado por Vicedirec. o 28 Maio, 2018 - 11:46O pasado 17 de maio a nosa alumna Carlota Torrado, de 1 B ESO resultou premiada cun accesit no XII Certame de Poesía Francisco Añón. O certame é un dos máis prestixiosos premios de poesía galega e é a primeira vez que o noso Centro acada un premio neste concurso. Parabéns, Carlota.
"Fe ou Ciencia"
Enviado por Vicedirec. o 23 Maio, 2018 - 18:36A curtametraxe "Fe ou Ciencia" vén de proclamarse finalista no Certame Internacional de Cinema de Valencia, na sección Cinema Jove.
O traballo foi realizado por catro alumn@s do bacharelato artístico (Andrea González, Jacqueline Reimúndez, Marcos Puente e Míriam Núñez) coordinados polo profesor Miguel Carbajal.
Viaxarán a Valencia do 26 ao 28 de xuño para participar na final.
Novos triunfos deportivos das nosas alumnas
Enviado por Vicedirec. o 6 Marzo, 2018 - 11:29As nosas alumnas de 3º e 4º da ESO veñen de participar co Club Acuático Umia no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo disputado en Torrevieja. Marta Troitiño Cora gañou o bronce en 100 metros de remolque de maniquí con aletas e Ainoa Carracedo Flores a mesma clasificación en relevo de corda. Máis información nesta ligazón.
