Secretaría, Certificados alumnos, Matrícula

SECRETARÍA MGB

 

ATENCIÓN AO PÚBLICO

Período lectivo: De 9:00 horas a 14:00 horas.

Período non lectivo: De 10:00 horas a 12:00 horas.

Contacto: oficina@iesgarciabarros.org

 


secretaría do MGB

SOLICITUDES DE CERTIFICADOS DO ALUMNADO

A secretaría do MGB recolle as solicitudes enviadas dende a web para as seguintes certificacións:

- CELGA (Certificación acreditativa do nivel de coñecemento da Lingua Galega)
- CERTIFICADO DE ESTUDOS realizados no MGB.

Pulse no enlace "Go to form" que figura abaixo

Unha vez dentro do formulario cubra os campos correspondentes cos datos requiridos e prema no botón enviar.

Durante o curso escolar poderá recoller o seu certificado na secretaría do centro ao día seguinte de facer a súa petición. Se lle vale o envío por correo electrónico fagao constar e poña o seu e-mail no campo correspondente, se non lle vale, deixe o campo baleiro e recollao na oficina de 9 a 13:30 h.

Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Prazo para a presentación de reclamacións contra a adxudicación provisional: 12 e 13 de xullo.

Só os pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario dos vales de material, que aprobou todo en xuño e xa está matriculado, poden recoller os vales entre os días 14 e 21 de xullo (ambos incluídos) en horario de 10h a 13h.

Admisión alumnado - Solicitude para o curso 2021-2022

Quen ten que presentar a solicitude de admisión?

Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros.

O alumnado do CEIP Pérez Viondi, ao estar o centro adscrito ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.

Cal é o prazo de presentación? 

Do o 1 ao 22 de marzo ambos incluídos.

* Como o luns 22 de marzo e día non lectivo no noso centro, en cumprimento da normativa actual, poderanse entregar  as solicitudes como último día o martes 23 de marzo.

Que deberán presentar na secretaría do centro?

  • Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a. Se non ten, entregarase unha copia do libro de familia.

Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:

  • Publicarase a listaxe provisional antes do 26 de abril.
  • O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
  • Publicarase a listaxe definitiva de admitidos antes do 18 de maio.

Prazo de formalización da matrícula ordinaria:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).

Fondo de libros e Axudas material escolar

LIBROS DE TEXTO  - CURSO 2021/2022


Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2021/2022

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2021-2022.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 22 de xuño (ambos inclusive).

Para poder cumprir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación requirida.

(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)

Para máis información consultar:

Adxudicación de Axudas de Material e listaxe provisional de Fondo Solidario de Libros, está dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 9 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes 14 de setembro.

A entrega de libros realizarase a partir do 16 de setembro. Coa listaxe definitiva  publicaranse instruccións para a recollida dos libros.


 

 

Distribuir contido