Educación plástica e visual
Imaxes viaxe a Madrid (Bacharelato de Artes)
Enviado por Coordinación TIC o 4 Abril, 2022 - 08:33Xa están subidas a este álbum de Flickr as imaxes da viaxe a Madrid do bacharelato de Artes.
Visita románica de Ouzande e Ruta dos Muíños
Enviado por Vicedirec. o 26 Marzo, 2021 - 11:04O pasado xoves 25 de marzo o alumnado de 1º BAC D realizou unha ruta a pé ata a igrexa románica de San Lourenzo Ouzande e á Ruta dos Muíños. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Norma Pillado e Mariano Casas.
Máis fotos na galería flirck.
Novo mural na entrada do MGB
Enviado por admin o 4 Marzo, 2021 - 12:34O alumnado de 1º de Bacharelato está pintando un novo mural na entrado do instituto, que representará a unha Venus en Skater, e se poderá visualizar tanto pola parte exterior como pola parte interior.
Nova en La Voz de Galicia.
2019+1: Fotolibro realizado polo alumnado de 4º ESO de Plástica
Enviado por admin o 26 Xaneiro, 2021 - 21:55Coa pandemia e a natureza como temas centrais, o alumnado de 4º da ESO saíu durante 4 sesións a facer fotografías cos seus móbiles, e o resultado é este Fotolibro: 2019+1, editado polo Departamento de Educación Plástica e Visual e prologado por Ariadna Silva, exalumna e fotógrafa.
Ligazón ao libro completo en formato .pdf.
Viaxe á Madrid co alumnado de artes
Enviado por admin o 24 Decembro, 2019 - 14:51Os días 18 e 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez, realizaron unha viaxe a Madrid na que puideron visitar: museo Thyssen (coa exposición temporal "Los impresionistas y la Fotografía"): museo Reina Sofía; o museo Sorolla e o museo do Prado no que fixeron unha visita guiada centrada en Goya.
A obra "Redes" de María Armada xa está no CEIP Foxo
Enviado por admin o 13 Xuño, 2019 - 20:44A pinacoteca Paco Lareo do CEIP Foxo vén de ampliarse coa obra "Redes" da nosa compañeira María Armada. Parabéns.
Maqueta do IES do alumnado de Volume de 1º de Bacharelato
Enviado por admin o 12 Abril, 2019 - 11:04A maqueta do noso centro que dende hai uns días podedes ver suspendida na entrada do edificio foi realizada en cartón pluma a escala 1/50 polo alumnado de Volume do Bacharelato de Artes.
A exposición do alumnado de Artes do MGB na prensa de hoxe
Enviado por admin o 2 Abril, 2019 - 20:31Podedes ler a información sobre a exposición do alumnado de Artes na prensa de hoxe.
O alumnado de 2º de Bacharelato Artístico inaugura exposición
Enviado por admin o 25 Marzo, 2019 - 09:24Este acto será posible grazas á participación do concello, que condeceu a oportunidade ó alumnado levar a cabo a idea e prestou unha das súas salas de exposición.
Uxía Silva.
Fridays for future
Enviado por admin o 16 Marzo, 2019 - 22:02Un grupo de alumnos do Bacharelato de Artes fixeron onte unha pintada na entrada do centro como mostra de apoio ao movemento polo cambio climático. Podes ler a noticia que recolle a prensa.
O noso "Buda Rocher"
Enviado por Vicedirec. o 6 Xuño, 2018 - 13:58Temos novo compañeiro no centro, o "Buda Rocher", creado polas alumnas de 1º Bacharelato Uxía Silva, Tatiana Fonseca, Paula Pereiras, Alba Bugallo e Jacqui Reimúndez. É unha escultura feita de cemento, malla de galiñeiro e material escolar reciclado (caixas, libros de texto, sacos da cafetería, etc.).
A nosa maqueta
Enviado por Vicedirec. o 12 Decembro, 2017 - 11:23O pasado luns 4 de decembro inauguramos a maqueta do noso concello realizada polo alumnado de Volume de 1º de Bacharelato co profesor Mariano Casas.
Máis información sobre as súas características e proceso de elaboración nesta ligazón.
Parabéns aos autores!
Inauguración no MGB
Enviado por Vicedirec. o 9 Xuño, 2017 - 20:40O pasado xoves inagurouse o moai que o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes, baixo a dirección do profesor Mariano Casas, instalou no xardín traseiro do noso centro. Esta obra foi elaborada con materiais de refugallo e con cemento.
Moitas grazas a tod@s e parabéns por este traballo!
Máis información nesta ligazón.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
