Dep. Música
Clip musical do alumnado de artes escénicas de 4ºESO
Enviado por XefeEstudos o 31 Maio, 2023 - 19:46Programación do departamento de Música 2022-2023
Programacións por cursos
2ºESO | Programación da materia de 2ºESO | |
3ºESO | ||
4ºESO | Programación da materia de 4ºESO | |
1ºBACH | ||
2ºBACH | Programación das materias de 2ºBACH |
Día contra a Violencia de Xénero
Enviado por XefeEstudos o 26 Novembro, 2022 - 20:30O venres 25 de novembro conmemoramos no centro o Día contra a Violencia de Xénero. Nesta ligazón pódense ver fotos das actividades realizadas polo alumnado de Música de 4⁰ ESO coordinado pola profesora María Varela.
Outras actividades do Día contra a Violencia de Xénero
Enviado por Coordinación TIC o 21 Decembro, 2021 - 12:33O pasado 25 de novembro o alumnado de Música de 2º Bacharelato relizou unha actuación para os seus compañeiros de 2º ESO e 1º Bacharelato. Este é o vídeo do evento subido ao noso canal de Youtube:
Vídeo de Carlota Torrado - alumna de Artes Escénicas
Enviado por admin o 8 Marzo, 2021 - 13:28Vídeo elaborado por Carlota Torrado, alumna de Artes Escénicas, con motivo do 8 de marzo.
Belén Troitiño Dono seleccionada como alumna activa da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia
Enviado por admin o 11 Novembro, 2019 - 23:31Parabéns a Belén Troitiño Dono que fai uns días ven de acadar unha praza, como clarinetista, de alumna activa da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia.
Nos próximos anos tocará o clarinete na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e recibirá formación dos profesionais que forman parte da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Visita a Porto organizada polo departamento de Música
Enviado por admin o 29 Xaneiro, 2019 - 12:30O pasado fin de semana alumnado de Música do noso centro visitou a cidade de Porto acompañado polas profesoras María Varela e Esther Sánchez para participar en diferentes actividades na Casa da Música.
Álbum do concerto do alumnado de Música de Bacharelato o pasado 21 de decembro
Enviado por admin o 21 Xaneiro, 2019 - 18:58Xa podedes ver na nosa galería Flickr as imaxes do concerto-audición que o pasado 21 de decembro ofreceu o alumnado de Música de Bacharelato. As fotografías son de Míriam Núñez e Marcos Puente.
Concerto no MGB
Enviado por Vicedirec. o 20 Decembro, 2018 - 11:30Mañá venres 21 de decembro alumnado de Música de Bacharelato ofrecerá un concerto-audición a partir das 13:00 horas na Sala de Usos Múltiples do centro. Contamos coa colaboración do alumnado de Deseño de 2º de Bacharelato que realizou a escenografía.
Visita á ESAD
Enviado por Vicedirec. o 31 Xaneiro, 2018 - 11:29O pasado luns 29 de xaneiro o alumnado de "Artes Escénicas e Danza", acompañad@s polo profesor Miguel Carbajal, visitaron a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo onde fixeron un percorrido por distintas aulas. Grazas pola acolleita dispensada!
Viaxe cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 15 Novembro, 2016 - 16:16Os vindeiros días 18 e 19 de novembro alumnado de 1º de Bacharelato viaxará á cidade de Porto (Portugal) para participar nunha actividade organizada polo departamento de Música. Visitarán o Musseu Serralves e participarán no taller creativo "Imaxinario de Sons" e no curso "Músico por un día" na Casa da Música. Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela e Esther Sánchez.
Actuación musical no CEIP Os Tilos
Enviado por Vicedirec. o 26 Maio, 2016 - 15:34Mañá venres 27 de maio o alumnado da materia de Música de 4° de ESO e 2° de Bacharelato realizará unha actuación musical no CEIP Os Tilos, no concello de Teo.
Viaxe cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 25 Xaneiro, 2016 - 10:47Alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato participará os vindeiros días 29 e 30 de xaneiro (venres e sábado) nunha viaxe á cidade de Porto organizada polo departamento de Música. Realizarán un curso de Creatividade Musical na Fundación Serralves e participarán nun Workshop na Casa da Música incluido dentro do programa "Músico por un día". Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela, Beatriz Mera e Esther Sánchez.
All of me - Festival Nadal 2014
Enviado por admin o 4 Febreiro, 2015 - 18:37Presentamos hoxe o vídeo da actuación no Festival de Nadal dos alumnos de música 2º e 1º BAC e 3º ESO B, dirixidos pola profesora María Varela. A Gravación de son correu a cargo de Diego Valcárcel e da edición e filmación en vídeo encargouse Sandra Iglesias.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
