Complementarias
Mural "grafiteado" no noso instituto.
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 10:45Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.
Festa das Palabras, xuño do 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Xuño, 2023 - 23:01O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña a escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.
Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.
Enviado por XefeEstudos o 5 Xuño, 2023 - 10:16OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO
Enviado por XefeEstudos o 27 Maio, 2023 - 00:33O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.
O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.
Charla de ASANOG, 24 de maio de 2023
Enviado por XefeEstudos o 25 Maio, 2023 - 12:08O mércores 24 de maio a “Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia” (ASANOG) visitou o noso centro para impartir unhas charlas ao alumnado de ESO. Grazas por compartir connosco a vosa experiencia, facernos reflexionar e fomentar a solidariedade.
![]() |
![]() |
O alumnado de Artes visita a Galería Dispara de A Estrada
Enviado por XefeEstudos o 28 Abril, 2023 - 22:21O pasado mércores 26 de abril o alumnado de Artes visitou este espazo que integra estudo, galería e librería especializada en fotografía. Da man do fotógrafo Tono Arias, fixeron prácticas con cámara de placas e descubriron algúns dos fotolibros máis interesantes e únicos que poden atoparse na librería.
Gañadores do 1º concurso de Esopías, marzo de 2023
Enviado por XefeEstudos o 25 Abril, 2023 - 20:06Con motivo do día de pi (14 de marzo) os días 15 e 16 de marzo leváronse a cabo no centro unha serie de actividades para poñer en valor as matemáticas na actividade cotiá e a súa significación no mundo actual. Con diversos xogos mostrouse ao alumnado aquelas "facetas" que as matemáticas tamén teñen e que a veces non se mostran.
Charla de Economía "Finanzas para mortais"
Enviado por XefeEstudos o 17 Abril, 2023 - 21:33Os días 12 e 14 de abril os alumnos de Economía participaron dentro do programa EDUEMPRENDE na charla Finanzas para mortais impartida por Francisco Javier Vidal Ferro, director da oficina do Banco Santander de A Estrada. O programa ten por obxecto fomentar a cultura financeira entre o alumnado de ESO e Bacharelato, acercando a xestión e manexo das contas bancarias, os aforros, operacións financeiras e medios de pago no estranxeiro. A actividade resoltou de gran interese para todo o alumnado.
Viaxe do grupo de Artes á Coruña
Enviado por XefeEstudos o 31 Marzo, 2023 - 21:32- Coñecer de primeira man a Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Picasso, cunha visita guiada pola escola, a ver os obradoiros, equipamento e posibilidade de estudos que se poden cursar nela.
- Visita a unha exposición relevante do momento: a exposición MEISEL93, dedicada á fotografía. Organizada tendo en conta o ano 1993 no que o autor Steven Meisel fixo até 28 portadas de Vogue. Coñeceron nunha visita guiada a un dos grandes autores da fotografía de moda de todos os tempos.
- Visita a unha exposición con obras de Pablo Picasso no museo de Belas Artes da cidade.
Entroido 2023
Enviado por XefeEstudos o 24 Marzo, 2023 - 19:50O 17 de Febreiro celebramos o entroido 2023, que por fin se puido celebrar sen restriccións e xa pareceu de novo un día de festa e divertimento. Agradecemos a todo o alumnado que tivo a ben disfrazarse para pasar un bo rato e rirse deles mesmos, e tamén a aqueles máis osados que crearon e escenificaron coreografías diante dun público entregado.
Recollendo o premio deporte galego 2019-2022 en Ribeira
Enviado por XefeEstudos o 21 Marzo, 2023 - 14:20O luns 20 de marzo en Ribeira, as profesoras de Educación Física Alejandra Pérez e Norma Pillado, acompañadas da vicedirectora, Patricia Pérez, e da directora, Ana Fernández, recolleron o premio Galicia Saudable, ao centro como entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
Día internacional das matemáticas, 3.14 (día de pi)
Enviado por XefeEstudos o 20 Marzo, 2023 - 19:26Con motivo da celebración do día internacional das matemáticas (14 de Marzo), no centro organizáronse os días 15 e 16 uns talleres lúdicos para alumnado da ESO con diversos xogos matemáticos, de estratexia, xeométricos, probabilísticos, etc. A creatividade, reflexión e constancia afloraron nos nosos alumnos e alumnas demostrando que son perfectamente capaces de comprender e superar algúns desafíos que non eran doados de resolver. O noso agradecemento aos membros do departamento de matemáticas por tan interesante experiencia.
Premios deporte galego 2019 - 2022
Enviado por XefeEstudos o 14 Marzo, 2023 - 13:39O noso centro recibirá o luns 20 de Marzo o Premio Galicia Saudable, por ser unha entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. O noso agradecemento ás profesoras de Educación Física, Alejandra e Norma, polo seu traballo, e a todo o profesorado que nestos anos se animou a saír cos rapaces nas gardas activas e a participar nos seus proxectos.
Olimpíada de Xeografía
Enviado por XefeEstudos o 9 Marzo, 2023 - 19:22