Natalia Rivas, subcampioa galega de marcha

Parabéns á nosa alumna Natalia Rivas que a pasada fin de semana se proclamou subcampioa galega Sub-20 de marcha en ruta e bronce no Galego Absoluto.

Viaxe a Grecia do 9 ao 15 de febreiro

   50 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Esther Sánchez, Beatriz Mera e María Varela, emprenderán unha interesantísima viaxe a Grecia este venres día 9, un territorio cheo de historia, reliquias arquitectónicas e de grandes pensadores para a cultura europea. Esperamos que a viaxe sexa moi enriquecedora e que a disfruten.

Arauia Al Bachere proclámase subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta

   Parabéns á alumna do noso centro Arauia Al Bachere por proclamarse subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta.

Curtametraxe feita polo noso alumnado na materia de Proxecto Competencial

   Móstrase neste vídeo a proposta artística elaborada por un alumno de cuarto da ESO do noso centro, Iago Durán, dentro da campaña sobre contaminación acústica levada a cabo na materia de proxecto competencial.

Aquí tamén se fala galego!

O IES Manuel García Barros comezou esta semana a distribuír información da afamada campaña de dinamización lingüística "Aquí tamén se fala galego", promovida polo alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña e que conta coa adscrición de máis dun centenar de centros.
A campaña, que pretende visibilizar aqueles comercios ou lugares do sector servizos onde se fala ou se atende en galego, foi iniciada por un grupo de alumnos/as de 1º de Bacharelato, que informaron e distribuíron material ao resto de alumnado que voluntariamente, percorrerá a vila e os lugares da Estrada, facendo chegar esta información. Tamén na cafetería do noso centro!
Este traballo, coordinado co IES nº1, permitirá chegar a todos os recunchos do concello e visibilizar deste xeito que Aquí tamén se fala galego!



Charla de Economía do Programa “A Ponte” da USC

O xoves 25 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistiron á charla "A creación de empresas na universidade”, impartida polo profesor David Rodeiro Pazos, catedrático do Dpto. De Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de C.C. Económicas de Santiago. O alumnado recibíu formación nunha 1ª parte, sobre a creación de empresas e a 2ª parte, da xeración de ideas ao plan de empresa. A charla foi organizada polo Departamento de Economía.

ODISEA 2024 NO MGB: "A alimentación en Grecia e Roma"

Trala disputa de fase local do Concurso de Cultura Clásica Odisea 2024, que tivo como fío condutor o tema "A alimentación en Grecia e Roma", hoxe tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de premios aos 3 equipos gañadores da nosa "Odisea interna" do MGB:
1º premio: SCAMAPIER (2BAC)
RÚA REIGADA, CLAUDIA
SIERRA SILVA, IRIA
ABAL CASTRO, CARLA
---
2º premio: PUERI EX AQUIS CALIDIS (2BAC)
BAAMONDE SENÍN, BREIXO
CAMPOS VIEITEZ, UXÍO
---
3º premio: LAS PATROCLOS (3ESO)
RODRÍGUEZ GARCÍA, SAMANTHA
REY FREIRE, CLARA

Charla do programa "A ponte" da Universidade de Santiago de Compostela

O mércores 17 de xaneiro, os grupos de 2º de bacharelato de Artes e de Humanidades asistiron á charla "A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade", impartida polo profesor Gonzalo F. Fernández Suárez, decano da Facultade de Humanidades do campus de Lugo. O alumnado recibíu información sobre o grao universitario e sobre as variadas e interesantes saídas profesionais dun sector en auxe centrado no mundo da cultura e a súa xestión. A charla foi organizada polo Departamento de Lingua castelá en colaboración cos de Lingua galega e Educación Plástica e Visual.

Receitas de Lectura

   Dende a MeGaBiblioteca seguimos a cuidar da saúde da Comunidade Escolar coa segunda entrega da serie de "Receitas de Lectura". Neste mes de xaneiro será o departamento de Bioloxía e Xeoloxía quen nos prescriba á lectura de "A evolución de Calpurnia Tate", a historia dunha nena que vive nun pobo de Texas e que, malia os intentos da súa nai para que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio.  

PROGRAMA “EDUCAR EN XUSTIZA”

O alumnado de 1º de Bacharelato de Economía participou o día 10 de Xaneiro no programa “Educar en Xustiza” promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A actividade comeza cunha explicación por parte do Maxistrado de Sá do Penal, das funcións do persoal da Administración de Xustiza, fiscais, avogados, letrados, testemuños e peritos. A continuación, informaron sobre os niveis nos que se estrutura esta administración, dos tipos de sentenzas xudiciais, as fases de instrución e execución, as dilixencias e a tramitación dos expedientes. Rematamos a visita coa asistencia a audiencias orais e finalmente dirixímonos ás dependencias de Xulgado de Xustiza en Santiago visitando as celas e as sás de identificación e recoñecemento. A actividade estivo organizada polo Departamento de Economía e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Laura Veiga e Raquel Carballo.

Campaña de distribución de froita fresca

Durante as dúas próximas semanas, do 15 ao 26 de xaneiro, se repartirá froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO e Bacharelato.

Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

Baile de Nadal

O xoves 21 de decembro, último día de clase antes das vacacións de Nadal, celebrouse unha pequena festa no centro con música e bailes. Nesta ligazón pódense atopar algunhas fotos e vídeo do evento.

Agradecemento (Recollida Solidaria)

Queremos agradecer a todos os membros da comunidade educativa do IES Manuel García Barros a súa contribución á Recollida Solidaria organizada polo noso alumnado de 1º BAC A en colaboración con Cáritas A Estrada.

Ligazón á noticia relacionada: La Voz de Galicia.

Visita ao Parlamento

Os alumnos de 4º ESO visitaron o martes 19 de decembro o Parlamento de Galicia. Recibiron formación sobre as funcións, a organización e a historia da institución; accederon as dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde presenciaron unha sesión plenaria.

Estiveron acompañados polos profesores Roberto Fernández, Brais Prieto e Raquel Carballo.

Ligazón ás fotos da xornada.

O equipo de Normalización Lingüística do IES Manuel García Barros colabora coa Festa da Poesía do Concello de A Estrada

Este xoves 14 de Decembro tivo lugar no Teatro Principal de A Estrada a Festa da Poesía, onde ademais de entregar o premio poético Avelina Valladares ao gañador desta edición, Manuel López, tivemos oportunidade de escoitar un fermoso recital poético a cargo de escolares de diversos centros do concello.
Manuel García, de 4º ESO A e Antía Filloy de 3º ESO B representaron ao noso centro con sendos poemas de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro respectivamente. Foi un acto emotivo e delicado, así como é a poesía e agradecemos a sensibilidade de Manuel e Antía para representarnos sobre o escenario.
Distribuir contido