Día dos océanos

Dentro da semana do día do Medio Ambiente, o día 8 foi o día dos océanos. Por esta razón, persoas voluntarias de 1 ESO estivemos recollendo os plásticos do patio do centro. Desta forma evitaremos que os plásticos cheguen aos ríos e océanos, evitando a contaminación que provocan. Esta é unha actividade de educación e voluntariado ambiental cuxo obxectivo  e que todas as persoas do centro tomen conciencia e se evite o uso de plásticos e embalaxes. Temos que comeza por reducir o seu uso!!

Pódedes ver as fotos nesta ligazón.

diaoceanos.jpg

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

Nas seguintes ligazóns tedes toda a información sobre o calendario de fin de curso, devolución libros e datas matrícula:

Depoemprende da ESO

Hoxe 11 de Xuño os alumnos da cooperativa CODOURADA entregaron a Rocío González, presidenta da Asociación estradense en defensa dos animais (PALLEIRÁNS) a doazón correspondente aos beneficios acadados.

foto ONG_1.jpg

Cuestionario da MeGaBiblioteca

O Equipo da MeGaBiblioteca convida a todo o alumnado do centro a cubrir a seguinte enquisa sobre o coñecemento, uso e expectativas da Biblioteca.

Para acceder ao cuestionario facede click na seguinte imaxe:

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2021-2022

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos).

Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala na Secretaría do centro xunto coa documentación requirida.

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala na Secretaría do centro xunto co resto da documentación requirida.

(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)

Para máis información:

Cooperativas no Mercado A Estrada

Os días 19 e 26 de maio os alumnos das Cooperativas escolares Codourada e 12Doce4Cuartos acudiron ao mercado local dos mércores para vender os seus produtos. Estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo e a experiencia foi moi satisfactoria.

Probas extraordinarias para 2º de bacharelato: exames, notas e revisión das cualificacións

Nas seguintes ligazóns tedes toda a información sobre a convocatoria extraordinaria (probas de xuño) para 2º de bacharelato:

Contido da charla da ABAU 2021

Logo das charlas impartidas polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2021, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Campaña de distribución de froita fresca

Durante as dúas próximas semanas, do 24 de maio ao 4 de xuño, repartirase froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.

Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

FroitaFresca2021.png

Charla GenTech - 1º de Bacharelato

O pasado mércores, 19 de maio, Miguel Ares, xerente de proxecto de Altia Consutores, impartíu unha charla GenTech ao alumnado de 1º de Bacharelato A na que lles presentou proxectos nos que están a traballar así como as opciónns profesionais que se poden atopar nun futuro e a realidade do sector TIC.

As charlas GenTech forman parte do plan DigiTalent impuslado por AMTEGA para fomentar o talento dixital e as vocacións STEM.

CharlaGenTech.jpeg

Información sobre o final de curso para 2º de bacharelato (notas e revisión das cualificacións).

No enlace tedes toda a información sobre o final de curso para 2º de bacharelato: publicación de notas e prazos de revisión e posibles reclamacións.

Folla informativa.

Programa DepoEmprende na ESO

O alumnado de 4º ESO B que constituimos as cooperativas escolares CODOURADA e DOCECUARTOS comezamos a 3ª Fase do proxecto: A VENDA DE PRODUTOS.

Adxuntamos o catálogo e animámosvos a visitar os mostradores de venda durante os recreos nas vindeiras semanas dos meses de maio e xuño. Tamén podedes mercar a través do catálogo indicando o nome do profesor, descrición ou código do produto, número de unidades e entregarásevos persoalmente.

Se obtemos beneficios, o 25% doarase as seguintes ONGs:

  • Palleiráns (Asociación estradense en defensa dos animais)
  • Asociación española contra o cancro (AECC)

Os pedidos online poderanse facer nos seguintes e-mails das cooperativas:

AVISO para a recollida de Títulos de Bacharelato ou ESO

Todo o alumnado que rematou os estudos  de ESO ou Bacharelato no noso centro no ano 2019 ou anteriores debe pasar pola Secretaría do Instituto en horario de 9 a 13:30 h. a recoller os títulos que lle correspondan.

Rógase que difundan esta mensaxe entre todo o alumnado interesado para evitar a acumulación de títulos sen recoller no centro.

Día da Educación Física na rúa

O alumnado do IES Manuel García Barros participou no día da Educación Física na rúa con varias actividades no centro da vila.

Novas na prensa:

Promoción da actividade física saudable no IES Manuel García Barros.

Na prensa local de hoxe, martes 27 de abril, recóllense de novo as iniciativas do noso centro para promocionar un estilo de vida activo e saudable no alumnado.

Na nova aparece destacada a participación na conmemoración do Día da Educación Física na Rúa, o día 28 de abril, onde o profesorado do departamento de educación física trasladará as súas clases á Praza da Constitución para darlle visibilidade a esta materia, fundamental na promoción da práctica de actividade física e nunha educación integral. 

Nesta ligazón podes ver a nova completa no Faro de Vigo.

Distribuir contido