O alumnado de Artes visita a Galería Dispara de A Estrada

O pasado mércores 26 de abril o alumnado de Artes visitou este espazo que integra estudo, galería e librería especializada en fotografía. Da man do fotógrafo Tono Arias, fixeron prácticas con cámara de placas e descubriron algúns dos fotolibros máis interesantes e únicos que poden atoparse na librería.

Exposición “7 carteis inspirados por Saul Bass” nos Minicines Central de A Estrada.

O alumnado de segundo de bacharelato de Artes convídavos á inauguración da súa exposición de carteis de cinema inspirados na obra de Saul Bass. Será este sábado 29 ás 12h nos Minicines Central. Os carteis estiveron expostos na cafetería do Centro ata este venres. Podedes consultar a nova publicada hoxe en Faro de Vigo.

Día da EF na Rúa na Estrada

O alumnado de 2° da ESO participou da actividade organizada polo departamento de EF, conxuntamente con resto de centros escolares do Concello, dentro da Agrupación Deportiva Escolar da Estrada e coa colaboracion do Servizo de Deportes do Concello.
Esta convocatoria do COLEF, para dar visibilidade á materia de EF e reivindicar a necesidade dunha terceira hora no currículo para esta materia, foi un éxito, contando con 400 participantes que  xogaron nas rúas da nosa vila ao longo da mañá.
Recóllese a nova na prensa, ocupando ás portadas da prensa local:
Faro de Vigo                       La Voz de Galicia 
                        

Gañadores do 1º concurso de Esopías, marzo de 2023

Con motivo do día de pi (14 de marzo) os días 15 e 16 de marzo leváronse a cabo no centro unha serie de actividades para poñer en valor as matemáticas na actividade cotiá e a súa significación no mundo actual. Con diversos xogos mostrouse ao alumnado aquelas "facetas" que as matemáticas tamén teñen e que a veces non se mostran.

Unha das actividades foi a creación de Esopías, composicións de 25 palabras onde cada unha delas ten unha lonxitude igual que os sucesivos decimais do número pi . Presentáronse a concurso un bo número de composicións de moi alto nivel para ser unha experiencia de recente creación, e xa temos aos tres premiados!. Noraboa por mostrarnos tan fermosas creacións e desexamos que a experiencia se repita nos próximos anos para que non decaia o nivel.

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na VI Competición de robots da Universidade de Vigo

O pasado venres, 21 de abril, dous equipos formados por 12 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía e Enxeñaría I participaron na VI Competición de robots da Universidade de Vigo.

Os dous equipos conseguiron clasificarse para a fase final, dun total de 36 inscritos na súa categoría, acadando finalmente o equipo HorsePowers un meritorio 2º posto.

Noraboa a todo o alumnado participante porque souberon demostrar o seu dominio da programación, e gran nivel de competitividade á vez que de compañeirismo. Parabéns!

Novas de prensa:

Imaxes na galería Flirck do centro.

Admisión de alumnado para o curso 2023-2024

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión dentro do prazo establecido está admitido para o curso 2023/24.

O resto terá que esperar a resolución da  Inspección Educativa.

Charla de Economía "Finanzas para mortais"

Os días 12 e 14 de abril os alumnos de Economía participaron dentro do programa EDUEMPRENDE na charla Finanzas para mortais impartida por Francisco Javier Vidal Ferro, director da oficina do Banco Santander de A Estrada. O programa ten por obxecto fomentar a cultura financeira entre o alumnado de ESO e Bacharelato, acercando a xestión e manexo das contas bancarias, os aforros, operacións financeiras e medios de pago no estranxeiro. A actividade resoltou de gran interese para todo o alumnado.

Viaxe a Praga de alumnado de Bacharelato, marzo de 2023

Entre o 16 e  20 de marzo de 2023, un grupo de 46 alumnos e alumnas viaxaron a Praga con 4 profesoras do instituto, coa finalidade de descubrir unha das cidades máis bonitas e de maior interés cultural e artístico de Europa. Tiveron a ocasión de asistir ao famoso Teatro negro, e coñecer en directo a orixinalidade do mesmo. Outra visita moi destacada foi a do Campo de concentración e ghetto de Terezin. Foi impactante para todos e todas poder coñecer de primeira man como o ser humano puido sobrevivir ao brutal trato naquelas instalacións.
Destacar, coma sempre, o comportamento exemplar do noso alumnado que, desta maneira, nos seguen dando razóns para realizar actividades de tanto calado como esta.

Cartografías textiles: o traballo da Biblioteca no Museo do Pobo Galego

Unha actividade da nosa Biblioteca, coordinada pola profesora Marisa Otero, forma parte da instalación participativa "Cartografías Textiles" no Museo do Pobo Galego.

Museo do Pobo Galego.

La Voz de Galicia.

Guía de estudos superiores de Galicia

   O periódico a Voz de Galicia publicou a quinta edición da "Guía de estudos superiores de Galicia" , que agora tamén se pode consultar en liña.

Viaxe do grupo de Artes á Coruña

O alumnado do bacharelato de Artes participou neste 2º trimestre nunha das actividades programadas polo departamento viaxando á cidade de A Coruña para:
  • Coñecer de primeira man a Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Picasso, cunha visita guiada pola escola, a ver os obradoiros, equipamento e posibilidade de estudos que se poden cursar nela.
  • Visita a unha exposición relevante do momento: a exposición MEISEL93, dedicada á fotografía. Organizada tendo en conta o ano 1993 no que o autor Steven Meisel fixo até 28 portadas de Vogue. Coñeceron nunha visita guiada a un dos grandes autores da fotografía de moda de todos os tempos.
  • Visita a unha exposición con obras de Pablo Picasso no museo de Belas Artes da cidade.

Convocatoria de bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025

Está xa aberta a convocatoria do Ministerio de Educación.  Só pode solicitala o alumnado que para o curso 2024-25, vaia cursar bacharelato, un ciclo formativo ou unha carreira universitaria. (É dicir, o alumnado que agora mesmo está cursando 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato).

Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsas de estudos (becas) para o curso 2024-2025  é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

Debes solicitar a túa beca dentro deste prazo, aínda que non sepas qué vas a estudar, ou incluso se non sabes con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables e máis adiante poderás cambialos.

Toda a tramitación tense que facer obrigatoriamente online na sede electrónica do Ministerio de Educación,

(no centro non hai que facer nada)

Tes toda a información necesaria neste enlace.

II Mostra de Orientación, 28 e 29 de Marzo do 2023

Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos.

A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) aos alumnos dos centros educativos de secundaria da Estrada. 

Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc.

Entroido 2023

O 17 de Febreiro celebramos o entroido 2023, que por fin se puido celebrar sen restriccións e xa pareceu de novo un día de festa e divertimento. Agradecemos a todo o alumnado que tivo a ben disfrazarse para pasar un bo rato e rirse deles mesmos, e tamén a aqueles máis osados que crearon e escenificaron coreografías diante dun público entregado.

Recollendo o premio deporte galego 2019-2022 en Ribeira

O luns 20 de marzo en Ribeira, as profesoras de Educación Física Alejandra Pérez e Norma Pillado, acompañadas da vicedirectora, Patricia Pérez, e da directora, Ana Fernández, recolleron o premio Galicia Saudable, ao centro como entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. 

Distribuir contido