Seis estradenses de matrícula

Así titula a Voz de Galicia esta nova na que se recollen unhas pequenas entrevistas con Alexandre Penide Martínez, Ainoa Pereiras Mosquera, Saleta Lueiro Pereira e María Porto González, alumnos de 2BAC que acadaron este curso a matrícula de honra.

Pódese ler aquí.

* Fotografía de Miguel Souto

Navega con Rumbo

O pasado martes 24 de maio o noso alumnado de 1º ESO participou nunca charla encadrada no Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

A intención é que o alumnado se mentalice da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.-- 

Contido da charla da ABAU 2022

Logo das tres charlas impartidas polo profesor Augusto Otero para o alumnado de  2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2022, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura

Co gallo do día das Letras Galegas, a Profesora Anxos Gallur, dinamizadora lingüística do centro, en colaboración con profesoras, alumnos e alumnas do centro organizou unha xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura.

Convidou á escritora Antía Otero, antiga alumna do noso instituto, a compartir este día con nós e fixemos un coloquio con ela. 

Tivemos música da man das alumnas de terceiro de ESO con María Varela, exposicións de autores do noso rueiro grazas aos alumnos de primeiro da ESO e da súa profesora María Mansilla e achegámonos á figura do autor Florencio Delgado Gurriarán  da man dos alumnos de cuarto da ESO  e a súa profesora Inés.

Os alumnos do Bacharelato de Artes fixeron un MAIO espectacular guiados polo seu profesor Xoán Xosé, está á entrada do centro e podedes averigüar moitos detalles sobre esta antiga tradición galega e desfrutar do traballo  dos nosos compañeiros.  

A xornada  rematámola  tomando un rico e saludable chocolate. Moitas  grazas a todos!. Moitas grazas a Antía Otero!

Velaquí as fotos deste día

Letras Galegas 2022

Visita a Pontedeume dos alumnos de 1ºESO

O alumnado de 1°ESO do IES Manuel García Barros visitou a vila de Pontedeume e os seus arredores. Nesta viaxe tivemos a oportunidade de visitar as marabillosas Fragas do Eume, un dos pulmóns galegos. Estudiamos in situ a flora e a fauna que nos rodea e respiramos aire puro ao carón do río Eume. 

A hospedaxe no Albergue Alvarella, exemplo de ecoturismo e convivencia respectuosa co medio ambiente, ensinounos o valor da desconexión, a importancia de escoitarnos uns a outros e tamén o significado da convivencia. A súa charca, o rocódromo, o tiro con arco e as veladas nocturnas acompañaronnos durante a nosa viaxe. 

Percorremos os mesmos camiños que os antigos señores feudais de Pontedeume e gozamos do seu patrimonio histórico coa visita ao Torreón e o Castelo dos Andrade.

Por último descubrimos toda a vila, as súas xente e os seus rincóns grazas aos marabillosos monitores do Alvarella que nos obsequiaron con xogos de descuberta e búsqueda de tesouros históricos.

Todas as imaxes neste álbuim de Flickr!

Inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento" no MGB

Así recollía a Voz de Galicia a inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento":

-----

Con motivo do 50 aniversario do pasamento do escritor Manuel García Barros o mestre e investigador estradense Carlos Loureiro e o editor Xesús Domínguez comisarian unha mostra titulada "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento".

A exposición, que se estreou na Casa das Letras, ten carácter itinerante e, de aquí a marzo, visitará todos os centros de ensino da Estrada. Onte inaugurouse no IES García Barros, para sementar a curiosidade polo home que da nome ao centro.

Fotografía de Miguel Souto

------

Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2022/2023

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2022-2023.

O prazo de solicitude será do 19 de maio ao 22 de xuño (ambos inclusive).

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .
  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación xustificativa.

Para máis información consultar carta informativa ás familias

A adxudicación de Axudas de Material e a listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros, estárá dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 8 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o venres 15 de xullo.

A entrega de libros realizarase en setembro. Publicaranse as indicacións oa inicio de curso.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2022/2023

Visita de estudos do alumnado de 3º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias

O alumnado de 3º de ESO realizou o martes 3 de maio unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético. Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel. Finalmente acudiron á Casa das Ciencias para a realización das súas clásicas actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica:

Sotavento - Muncyt - Casa das Ciencias (3º ESO - 3 Maio 2022)

Viaxe a París do alumnado de francés

Do 28 de abril ao 3 de maio alumnado de francés de 3º-4º ESO e 1º Bacharelato viaxou a París acompañado polas profesoras Teresa Iglesias e Anxos Gallur, e polo profesor Alejandro Iglesias. Visitaron os lugares más emblemáticos da cidade e tiveron unha fantástica experiencia. 

Todas as imaxes neste álbum de flickr

.

Programa "Educar en Xustiza" - Dep. de Economía

Os alumnos de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron durante os días 3 e 10 de Maio no programa “Educar en Xustiza”, promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)

A actividade foi impartida polo Fiscal e a Xuíza, consistente na explicaciòn do funcionamento da Administración de Xustiza, tipos de xulgados, fases de instrucción e xuízo, dilixencias e tramitación dos expedientes, xurisdicción de menores e os seus dereitos e obrigas. Rematamos a visita coa asistencia a vista oral de varios xuízos na Sá do Penal do Tribunal de Xustiza de Santiago.

Actividade: promoción de estilos de vida saudables

O mércores, 11 de maio, o alumnado de 1° da ESO participou dunha actividade de promoción de estilos de vida saudables no Teatro Principal.

O Concello da Estrada, dentro do Pan Local de Saúde, convocou a escolares de todos os centros educativos do Concello a unha xornada que combinaba a  explicación da pediatra sobre a importancia da práctica de exercicio físico saudable con unha andaina colectiva.

Os departamentos de EF dos diferentes centros aproveitaron a ocasión para reinvindicar a necesidade de ampliar o número de horas da materia de educación física dentro do sistema educativo. Profesorado e alumnado levaba unhas pegatinas con este lema , “+EF”, que xa tiñan preparadas con motivo do día de EF na rúa, que se suspendeu o pasado mes por mor das condicóns climatolóxicas.

O noso centro participou activamente na organización destas xornadas, colaborando co Servizo de Deportes e coa pediatra do centro de Saúde, por considerar a colaboración dos diferentes entidades locais como un pilar fundamental de cara a acadar os obxectivos do proxecto Edu-Saúde.

Podedes ver as imaxes neste álbum de Flickr.

A actividade foi recollida tamén pola prensa, podes lelo na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Nova actividade de "Escola de Familias", mércores 11 de maio

Unha nova actividade de Escola de familias, "Cara unha educación consciente", terá lugar este mércores, 11 de maio ás 19:30 horas.

O relatorio será conducido pola psicopedagoga Ana Fontán.

Será por streaming no enlace www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar.

Tamén podes consultar o cartaz do evento.

Gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos

Estes son os gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos de A Estrada. 

De esquerda à dereita e de arriba a abaixo:

  • Alexandra Paz, Lara García, Alba Campos, Mariana Torrado. Abaixo: Saleta Lueiro e Brais Cerviño.

A entrega de premios vai ser o dia 25 de maio no Teatro principal ás 20:30h. Os alumnos poderán ir acompañados das súas famílias.

Noraboa aos premiados!

A MeGaBiblio en obras!

Dende o equipo da MeGaBiblio queremos informar a toda a Comunidade Educativa que nestes momentos o desorde que vedes é debido aos traballos de recolocación dos libros nos andeis e á adaptación ao novo sistema informático de xestión KOHA.

Esperemos poder ter as instalacións a punto o antes posible! Grazas pola vosa comprensión.

Actividade "Educar no uso de Internet e as TIC", venres 6 maio 20:00 horas

O vindeiro venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a actividade de Escola de familias "Educar no uso de internet e as TIC".

Estará dirixida por Patricia Gómez, psicóloga especialista e integrante da Unidade de Psicoloxía do consumidor e do usario da USC.

Será por streaming dende a ligazón www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar. 

Distribuir contido