Acto de recoñocemento a 5 estudantes do MGB nas probas ABAU

Ainhoa Pereiras Mosquera, Alexandre Penide Martínez, Saleta Lueiro Pereira, María Porto González e Julia García Madriñán serán recoñecidos pola USC  por pertencer ao grupo de alumnado de excelencia académica.

Este acto terá lugar o xoves, día 23 de xuño, ás 17:30 horas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago. O acto estará presidido polo Reitor da USC e nel tamén participarán diversas autoridades tanto académica como civís. Faráselle entrega dun diploma acreditativo da cualificación e un agasallo a cada estudante.

Parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU-Xuño 2022

Un ano máis, felicitamos orgullosos ao noso alumnado polos excelentes resultados nas probas ABAU:

  • con 61 matriculados (58 APTOS), obtivemos un 95% de APTOS, fronte ao 93% da media galega.

Parabéns a toda a comunidade e especialmente aos futuros universitarios.

Matrícula para o curso 2023-2024

A matrícula para o curso 2023-2024 realizarase, con cita previa no 886 152 100, por cursos, segundo o seguinte calendario:

Curso Data de matrícula Impreso de matrícula

1º ESO

29 e 30 de Xuño

Impreso 1º ESO

2º Bacharelato 3 de Xullo

2º Ciencias - 2º Humanidades - 2º Artes - 2º Xeral

1º Bacharelato 4 de Xullo

1º Ciencias - 1º Humanidades - 1º Artes - 1º Xeral

4º ESO

5 de Xullo

Impreso 4º ESO

3º ESO 6 de Xullo

Impreso 3º ESO

2º ESO 7 de Xullo

Impreso 2º ESO

As solicitudes deben presentarse na secretaría (oficina)

O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi", ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.

O alumnado no momento da matricula presentará:

  • Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
  • Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte  dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:

Devolución libros Fondos Solidario da ESO

Todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros o curso 2021-2022 debe devolver todos os libros que teñen en préstamo antes do 28 de xuño de 2022.

LUGAR: Aula PB2 - Aula Covid (situada na pranta baixa ao lado da aula de música)

DATAS E HORARIOS:

  • Días 17, 20, 21 e 22 de xuño durante os recreos.
  • Martes 28 de xuño de 10:00h a 13:00h

Recordamos que a devolución destes libros é un requisito para poder ser beneficiario do Fondo Solidario o próximo curso.

Repercusión en medios da presentación do estudo sobre bebidas enerxéticas

Adxuntamos esta nova aparecida na Voz de Galicia, esta outra no Faro de Vigo, e o vídeo do programa de Antena 3 "Espejo Público" coa intervención da profesora Alejandra Pérez Caaveiro.

Todas as imaxes da presentación no teatro principal poden verse neste álbum de Flickr.

Viaxe de estudios do alumnado de 4º ESO a Madrid

Acompañados dos profesores Alejandro Iglesias e María Teresa Iglesias, un total de 28 alumnos de 4º de ESO estiveron visitando a capital entre os días 5 e 9 de xuño de 2022.

Visitaron lugares e monumentos como a Plaza Mayor, o Mercado de San Miguel, o Palacio Real, a Catedral da Almudena, os Museos Reina Sofía, o Prado, o Instituto Cervantes, a Gran Vía, o Parque do Retiro, a Praza de Colón, o Barrio de Chueca, Atocha, o Congreso dos Diputados, a Cibeles, o Ayuntamiento, Praza de Neptuno…

Viaxaron en metro, en teleférico entre a Casa de Campo e o templo de Devod, en autobús ata Pinto onde pasaron unha xornada no Parque Warner disfrutando de todas as atraccións, remaron nas barcas do estanque do Retiro, asistiron a unha exhibición dos delfíns no Aquarium do Zoo de Madrid.

Tamén asistiron a unha obra de teatro,”Escape room” no teatro Fígaro- Adolfo Marsillach. 

Pódense ver todas as imaxes neste álbum de Flickr.

Viaxe a Madrid 4ESO

O alumnado de 2ESO presenta os resultados do seu estudo no Teatro Principal

O alumnado de 2º de ESO do noso centro presentará mañá martes día 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, os resultados do Estudo De Consumo de Bebidas enerxéticas, estimulantes e azucaradas realizado no centro durante este curso.

Este traballo xurdiu ao abeiro dos proxectos EDUsaúde e Plan de Vida Activa e Deportiva, cos  que pretendemos convertir o noso centro educativo nun foco dinamizador de hábitos de vida saúdables, facendo partícipe a toda a comunidade educativa deste fin.

Este estudo no que participaron todo o alumnado do centro, concretouse nun proxecto interdisciplinar co alumnado de segundo da ESO e o profesorado que imparte clase neste nivel dos departamentos de Educación Física, Matemáticas e Tecnoloxía.

Gustaríanos convidar a todo o profesorado a coñecer os resultados, xa que presentarán información moi interesante para eles e ás familias, que pode contribuir a mellorar estes hábitos na xente nova.

Fin do camiño para 2 de ESO

A primeira excursión depois da COVID do alumnado de 2° da ESO do noso centro”, así definían eles mesmos a súa experiencia do Camiño de Santiago, dende o centro ata chegar ao albergue Fin do Camiño en Santiago, polo percorrido do Camiño da Geira e os Arrieiros que pasa polo Concello da Estrada. 

No albergue pasaron unha noite durmindo fóra da casa e despois participaron dunha interesante visita cultural ao Pórtico da Gloria e ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, guiadas pola profe de Xeografía e Historia, Andrea.

Destacar a alta participación do alumnado, máis do 90% do grupo, formou parte en toda ou parte desta convivencia, que se valora como moi positiva por todos os implicados: alumnado, profesorado e familias. Xa están todas as imaxes no álbum!

Camiño Santiago 2022

Primeira etapa do camiño de Santiago do alumnado de 2° da ESO.

O alumnado de 2° da ESO fixo hoxe parte da etapa do Camiño da Geira e dos Arrieiros a Santiago, dende o IES ata Pontevea, para disfrutar alí dunha tarde de xogos.

A actividade, coordinada polo o departamento de Xeografía e Historia, continuará cunha segunda etapa, para chegar a Santiago de Compostela e poder disfrutar dunha interesante visita aos monumentos máis destacados da cidade.

Todas as imaxes neste álbum de Flickr!

Calendario probas extraordinarias para 1ºBACH 2023/24

Neste documento pódese consultar o Calendario das probas extraordinarias para 1ºBACH

 Procedemento de revisión e reclamación:
 
 Venres 21 ---> Publicación das notas vía Abalar (14:00 horas)
 
 Mércores 26 ---> Revisión de notas co profesorado (10:00 a 13:00 horas)
 
 Mércores 26 e Xoves 27 ---> Solicitude de revisión aos departamentos (na oficina e por escrito ata as 14:00 horas)*
*Para o caso de alumnado menor de idade as solicitudes de revisión e a recollida de resolucións serán a cargo dos pais, nais ou titor/a legal.
 
Orde do 2 de marzo de 2021

 

 

Imaxes do acto de despedida de 2º de Bacharelato

Aquí están por fin as imaxes do acto de Despedida do MGB 2022!

Despedida 2022

Traballo sobre os efectos no organismo do consumo de bebidas

Ao longo do curso 2021-2022, dentro do proxecto EDUsaúde, diferentes departamento do IES estiveron a traballar co alumnado na promoción de estilos de vida saudables.

A liña de traballo máis destacada para este curso foi a do estudo do consumo de bebidas enerxéticas, estimulantes e azucaradas.

O mércores, 1 de xuño, o alumnado da materia de Anatomía Aplicada fixo a exposición, para o alumnado de 2º da ESO, das conclusións do seus traballos sobre os efectos negativos no noso organismo de este tipo de bebidas.

Con esta actividade o departamento de bioloxía e de educación física do noso centro pretende concienciar ao alumnado dos efectos, moi perxudiciais para a saúde, do consumo destas bebidas.

Na exposición puideron comprobar experimentalmente a cantidade "oculta" de azúcar que atopamos en refrescos de consumo habitual no noso alumnado.

Máis imaxes neste álbum de Flickr!



Acto de Despedida 2BAC - Vídeo e novas na prensa

Aquí tendes por fin o vídeo da despedida de bacharelato 2022, realizado baixo a dirección do profesor Xoán Xosé.

Tamén podedes ler as novas relativas ao acto aparecidas na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

Dinamiza TV

Da man do Concello de A Estrada, os dez centros escolares do município puxemos en marcha o proxecto audiovisual que consiste na gravación de un noticiario por cada centro e que estivo superviada e dirixida polos dinamizadores e dinamizadoras lingüísticos de cada centro.

O noso noticiario recolle a vida cotiá do centro e os presentadores son os alumnos de Segundo da ESO Manuel e Mario, que semellan auténticos profesionais. 

Podedes velo aquí. Que desfrutedes!

Calendario de probas extraordinarias para 2º BACH 2023/24

Neste documento pódese consultar o Calendario das probas extraordinarias para 2º de bacharelato. Para dúbidas concretas, falade cos docentes das respectivas materias.

 Procedemento de revisión e reclamación:
 
 Xoves 20 ---> Publicación das notas vía Abalar (11:00 horas)
 
 Xoves 20 ---> Revisión de notas co profesorado (11:00 a 14:25 horas)
 
 Venres 21 e Mércores 26 ---> Solicitude de revisión aos departamentos (na oficina e por escrito de 9:00 a 14:00 horas)*
*Para o caso de alumnado menor de idade as solicitudes de revisión e a recollida de resolucións serán a cargo dos pais, nais ou titor/a legal.
 
Orde do 2 de marzo de 2021

 

Distribuir contido