Axudas destinadas a alumnos para actividades de formación en linguas extranxeiras

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022)

O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o día 1 ao 28 de febreiro. Consulta toda a información neste cartel.

Para máis información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, visita esta páxina web.

Obradoiro para 4º ESO

O pasado 2 de febreiro o alumnado de 4º ESO asistiu na sala de Usos Múltiples do noso centro ao obradoiro "Violencia de xénero no novo contexto dixital" impartido por Pantallas Amigas, organización que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das TIC e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia.
Agradecemos esta oportunidade ao CIM do concello da Estrada.

Grecia e Roma nas túas mans

Con data 20/12/2021 foi publicada na web do Ministerio de Educación y Formación Profesional, a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva.

Nesa convocatoria foi seleccionado o proxecto GRECIA E ROMA NAS TÚAS MANS, do que forma parte o IES Manuel García Barros da Estrada (coordinado polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño), o IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida.

O traballo consistirá filmar e documentar unha serie de pezas (en principio 10) dos museos de Galicia e elaborar réplicas a partir da súa impresión en 3D co obxecto de crear un museo escolar para que todos os alumnos poidan coñecer e respectar o seu patrimonio cultural. O proxecto inclúe tamén viaxes a Sagunt e a Mérida, que terán lugar ao longo deste curso e do que vén. 

Máis información na web do proxecto.

Exposición sobre a Shoá no MGB

O pasado 27 de xaniero, día da Shoá, que conmemora o aniversario da liberación do campo de exterminio de Austwich, púxose en marcha no MGB a exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" cedida polo centro Yad Vashem de Xerusalén, que colabora co centro dende hai tempo, e coordinada pola profesora Ana Fernández, do Departamento de Xeografía e Historia.

No acto inaugural tivo lugar unha actuación musical a cargo do profesor Miguel Carbajal e a alumna Carlota Abalo, e unha serie de lecturas protagonizadas polos alumnos Saleta Lueiro, Paula Talquenca e Rubén Gestoso.

Podedes ler a crónica deste evento na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.

IX Concurso de microrrelatos e micropoemas

Dinamizaestrada, os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada, convocan a IX edición do concurso de microrrelatos e micropoemas. Poden participar todos os alumnos pertencentes aos centros educativos do Concello da Estrada. Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso. O prazo límite será o 4 de marzo de 2022.

Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas (microrrelatos / micropoemas), pero cada participante só poderá presentar un texto en cada unha delas.

En microrrelatos o texto deberá estar en galego e non ter máis de 100 palabras. A temática é libre pero deberá conter a palabra LOITA.

En micropoemas o texto deberá estar en galego e ter un mínimo de 2 versos e un máximo de 8 en Primaria, e un mínimo de 4 versos e máximo de 8 en Secundaria, Ciclos formativos e Bacharelato. A temática será libre pero deberá aparecer necesariamente a palabra INFINDA.

O xurado concederá un premio por modalidade, categoría e centro. Tes toda a información aquí.

Superamos os 2 millóns de visitas na nosa web!

Esta semana vimos de superar os 2 millóns de visitas na nosa web, que leva na rede dende o ano 2006. Pode ser un bo momento para recordar a historia do MGB e volver botar unha ollada á orla da súa primeira promoción, anos 1967-1974. 

Podes consultar todas as estatísticas das visitas nesta páxina.

Venres 14: Charla en Usos Múltiples: "O mundo na túa cabeza"

O vindeiro venres 14 de xaneiro a 3ª e 4ª horas o alumnado de 2º BAC A e B terá unha charla de divulgación científica en Usos Múltiples a cargo de Casto Rivadulla ("O mundo na túa cabeza").

Outras actividades do Día contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro o alumnado de Música de 2º Bacharelato relizou unha actuación para os seus compañeiros de 2º ESO e 1º Bacharelato. Este é o vídeo do evento subido ao noso canal de Youtube:

Xornada de patinaxe no MGB

O pasado venres 17 de decembro, tivemos o honor de compartir a xornada co clube de patinaxe A Estrada, a quen agradecemos a súa colaboración co programa EduSaúde do MGB. 

A adestradora, a delegada do clube, 1 patinador e 3 patinadoras, unha delas alumna do MGB, acudiron na hora de EF de 4°B a poñer en práctica co alumnado algúns exercicios do quecemento deste deporte.

No 1° recreo quen o desexou puido disfrutar da exhibición de patinaxe artístico que realizaron no pavillón.

Na imaxe podemos ver a Natalia Campos, 4°B, na exhibición de patinaxe artístico no recreo.

Recomendacións de lectura para Nadal

Neste doc poderás ver as recomendacións de lectura propostas conxuntamente polas tres bibliotecas dos IES de A Estrada. Nesta listaxe hai libros e banda deseñada, agrupados en distintos niveis:
  • para 1º e 2º da ESO
  • para 3º e 4º da ESO
  • para Bacharelato e Adultos

Pasa pola MeGaBiblio e leva a túa lectura de Nadal para estas vacacións!

Visita a Santiago

O venres 3 de decembro o alumnado de 2º bacharelato D visitou a cidade de Santiago, onde realizou unha visita guiada ao pazo de Xelmirez, ao Pórtico da Gloria e á catedral.

IMG20211203102022_800.jpeg

Vídeo do Día contra a violencia de xénero

O equipo de Normalización Lingüística do IES MGB organizou distintas actividades o día 25 de novembro, Día Internacional contra A Violencia sobre ás mulleres. Todos amosamos a nosa solidariedade con aqueles e aquelas que sofren por mor deste tipo de violencia. Velaquí un resumo en imaxes que fixo o noso compañeiro Anxo. 

No segundo vídeo podedes ver a actividade realizada polos alumnos de segundo da ESO e segundo de Bacharelato coa súa profesora Anxos. Os alumnos de Artes fixeron os murais e o profesor Xoán Xosé colaborou con nós. Agardamos que vos guste o noso traballo nesta data tan importante para todos.

       

Día contra a Violencia de Xénero:

Hoxe, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, o Equipo de Normalización ten preparadas as seguintes actividades:

  • Mesas nos recreos para pintar as unllas de violeta.
  • Performances dirixidas pola profesora Norma coas alumnas de segundo de ESO no patio cuberto.
  • Tarxetas para colocar nun lugar visible.
  • Unha montaxe cunha simboloxía relacionada coa violencia nas relacións da nosa xuventude no pasillo da planta baixa, cunha tríade que se repite ao longo da parede, formada por 3 elementos que teñen inscrita unha palabra dentro:
    • a bolboreta leva dentro respecto porque a bolboreta é un insecto delicado ao que hai que coidar como hai que coidar que una relación se basee no respecto entre ámbolos dous membros da parella
    • o paxaro leva inserta a palabra liberdade, non  é posible vivir nunha relación na que non haxa liberdade para ser ti mesmo ou ti mesma (o paxaro é, tradicionalmete, símbolo da liberdade)
    • o corazón leva a palabra amor e está en último lugar porque non poder haber un amor sano sen respecto e liberdade 

Por outra parte o alumnado de Música de 2º de BAC, coordinado por María Varela, ten preparada unha actividade (lectura de textos, cancións...) en Usos Múltiples a 5ª (2ESOA e 1BACB) e 6ª hora (2ESOA, 2ESOC)

Excursión a "Aquis Querquennis" (Bande - Ourense)

Onte, mércores 24 de novembro, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3ESO, 4ESO e 1BAC, realizou unha visita ao xacemento romano de "Aquis Querquennis", en Baños de Bande, Ourense. 

Despois de percorrer un tramo duns 5 kilómetros polo antigo trazado da VIA NOVA ou Vía XVIII, e tras visitar unha fermosa fervenza nas marxes da mesma, o grupo asistitu a unha proxección audivisual no Centro de Visitantes, para logo percorrer o xacemento do antigo campamento militar romano. A xornada rematou cun baño nas thermae do recinto. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e Grego.

Más fotos neste álbum de Flickr!

Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio

Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:

  • Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.

Podes vela nesta presentación de Genially!

Distribuir contido