Actividade: promoción de estilos de vida saudables

O mércores, 11 de maio, o alumnado de 1° da ESO participou dunha actividade de promoción de estilos de vida saudables no Teatro Principal.

O Concello da Estrada, dentro do Pan Local de Saúde, convocou a escolares de todos os centros educativos do Concello a unha xornada que combinaba a  explicación da pediatra sobre a importancia da práctica de exercicio físico saudable con unha andaina colectiva.

Os departamentos de EF dos diferentes centros aproveitaron a ocasión para reinvindicar a necesidade de ampliar o número de horas da materia de educación física dentro do sistema educativo. Profesorado e alumnado levaba unhas pegatinas con este lema , “+EF”, que xa tiñan preparadas con motivo do día de EF na rúa, que se suspendeu o pasado mes por mor das condicóns climatolóxicas.

O noso centro participou activamente na organización destas xornadas, colaborando co Servizo de Deportes e coa pediatra do centro de Saúde, por considerar a colaboración dos diferentes entidades locais como un pilar fundamental de cara a acadar os obxectivos do proxecto Edu-Saúde.

Podedes ver as imaxes neste álbum de Flickr.

A actividade foi recollida tamén pola prensa, podes lelo na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.