Equipo directivo
Convocadas as Becas para Bacharelato e FP Básica - Curso 2023/24
Enviado por Lois o Xov, 30/03/2023 - 10:42Convocadas as Becas e axudas para o alumnado de estudos postobrigatorios para o vindeiro curso 2023/24
Teñen aberto o prazo para presentar as becas do Ministerio ata o 17 de maio de 2023.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, cultura e deporte na dirección: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html. Rexistrarse en "Acceso al servicio online", logo ir cubrindo todos os datos da beca e, ao rematar, gardar e presentar solicitude.
Teñen que ter a man os DNI de todos os membros da unidade familiar e o número de conta onde queren que se lles ingrese a beca (a/o alumna/o ten que ser titular ou cotitular da conta).
EXTRACTOS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Enviado por Cristina o Dom, 18/09/2022 - 03:03DPTO. ECONOMÍA | EXTRACTO PROGRAMACIÓNS |
DPTO. XEOGRAFÍA E HISTORIA | EXTRACTO PROGRAMACIÓN: 2º e 4º ESO / 2º BAC. |
DPTO. FILOSOFÍA | EXTRACTO PROGRAMACIÓN 2º, 4º ESO / 2º BAC |
DPTO. BIOLOXÍA | EXTRACTO PROGRAMACIÓN 4º E 2ºBAC |
DPTO. LATÍN E GREGO | EXTRACTO PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA, LATÍN E GREGO |
DPTO. EDUCACIÓN PLÁSTICA | EXTRACTO DEBUXO TÉCNICO II |
EXTRACTO EDUCACIÓN PLÁSTICA 4º ESO | |
DPTO. EDUCACIÓN FÍSICA | EXTRACTO EDUCACIÓN FÍSICA |
DPTO. FP BÁSICA | EXTRACTO EQUIPAMENTOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS |
INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E DOMÓTICAS | |
DPTO. FÍSICA E QUÍMICA | EXTRACTO PROGRAMACIÓNS |
DPTO. FRANCÉS | EXTRACTO DAS PROGRAMACIÓNS |
DPTO. INGLÉS | EXTRACTO DAS PROGRAMACIÓNS |
DPTO. LINGUA CASTELÁ | EXTRACTO DAS PROGRAMACIÓNS |
DPTO. LINGUA GALEGA | EXTRACTO PROGRAMACIÓNS 2º E 4º DA ESO E 2ºBAC |
DPTO. MATEMÁTICAS | EXTRACTO MATEMÁTICAS 2º ESO |
EXTRACTO MATEMÁTICAS 4º ESO | |
DPTO. MÚSICA | EXTRACTO PROGRAMACIÓNS |
DPTO. RELIXIÓN | EXTRACTO PROGRAMACIÓNS |
DPTO. TECNOLOXÍA | EXTRACTO PROGRAMACIÓNS |
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Enviado por Cristina o Dom, 18/09/2022 - 02:49DPTO. DE ECONOMÍA | |
DPTO. DE ORIENTACIÓN | PLAN DE ORIENTACIÓN |
DPTO. DE XEOGRAFÍA E HISTORIA |
PROGRAMACIÓNS: 2º e 4º ESO / 2º BAC. PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE FILOSOFÍA | |
DPTO. DE LINGUA GALEGA |
PROGRAMACIÓNS: 2º, 4º ESO, 2ºBAC PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE FRANCÉS | |
DTPO. DE LINGUA CASTELÁ |
PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE LATÍN E GREGO | |
DPTO. DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA |
PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE EDUCACIÓN PLÁSTICA | |
DPTO. DE INGLÉS |
PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE EDUCACIÓN FÍSICA |
PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE FÍSICA E QUÍMICA | |
DPTO. DE MATEMÁTICAS |
PROG. 1ºBAC / 1ºESO / 3ºESO |
DPTO. DE MÚSICA | |
DPTO. DE TECNOLOXÍA | |
DPTO. DE RELIXIÓN | |
FP BÁSICA DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA | INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS A DOMÓTICAS |
EQUIPO DE NORMALIZACIÓNE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA |
PLAN ANUAL |
INICIO DO CURSO ACADÉMICO 22/23
Enviado por Cristina o Xov, 01/09/2022 - 20:22
PRESENTACIÓNS
|
|
Día 8 de setembro
|
|
HORAS
|
CURSO |
10:30 | 1º ESO |
11:15 | 2º ESO |
11:45 | 3º ESO |
12:15 | 4º ESO E 1º FP BÁSICA |
12:45 | 1º E 2º BAC |
COMEZO DE CLASES |
Día 9 de setembro |
FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2022/23.
Enviado por Cristina o Ven, 08/07/2022 - 09:43Informámoslles que o vale para adquirir material escolar para o curso que vén xa está dispoñible no centro, pódese recoller en conserxería.
Matrícula 2021/22
Enviado por Cristina o Lun, 27/06/2022 - 17:49Día 28 de xuño:
Matrícula de 1º e 2º de ESO
Día 29 de xuño:
Matrícula de 3º e 4º de ESO
Día 30 de xuño:
Matrícula de 1º e 2º de BAC.
Camiñada a Pambre
Enviado por Cristina o Xov, 23/06/2022 - 11:21O alumnado de 1º e 2º da ESO, xunto cun grupo de profesoras e profesores, fixemos unha camiñada ata o castelo de Pambre por unha ruta especialmente disposta para nós polo profesor de Educación Física, Fran. Á parte de pillar algunha troita nas pozas das corredoiras, choveu maino e seguido o día anterior, falamos e rimos, contrastamos paisaxe autóctona e paisaxe estragada, coñecemos en palabras do profesor Carlos o contexto do Reino de Galiza en que se construíu a Torre, a maior responsabilidade lévana os nosos tataravós que, ademais, na revolta irmandiña tiveron a ben deixárnolo en pé; e en palabras de Fernando quedounos localizado algún que outro ben do noso patrimonio herdado, e tamén nos falou da data en que se foi construíndo a fortaleza e quen a mandou construír. Alén diso, recorremos o castelo de abaixo arriba, termamos da vertixe na torre da homenaxe e polas escaleiras e visitamos a exposición actual “Pambre, arca de pedra”, que actualmente está aberta ao público nas salas de exposición.
Destacar a amabilidade do persoal que alí traballa e nos recibiu compracente, e agradecer ao concello de Palas o abriren as portas ao seu futuro, rapaces e rapazas que, como dixo Carlos, os seus tataravós labraron as pedras e o levantaron.
A volta foi en autobús, talvez as pernas non desen para moito máis.
Un pracer.
Excursión Correspondentes Xuvenís
Enviado por Cristina o Mar, 21/06/2022 - 18:22Hoxe, luns 20 de xuño, os e as correspondentes xuvenís foron de excursión, como recoñecemento ao labor desenvolvido ao longo deste curso académico.
Neste día lúdico en Santiago de Compostela aproveitamos para ir ao Cine Numax a ver a película Snowden, dirixida por Oliver Stone, na que se conta a historia de Edward Snowden, un xoven analista que traballa para a Axencia de Seguridade Nacional (NSA) nun programa secreto de vixilancia mundial no 2013.
Edward Snowden a través dos xornais TheGuardian e The Washington Post fixo públicos ao redor de 9000 documentos que estaban clasificados como alto secreto sobre diversos programas de la NSA, incluíndo os programas de vixilancia masiva PRISM e XKeyscore.
Unha vez rematado o filme acercáronse ata o Parlamento de Galicia, onde foron recibidas e recibidos por Adriana Martínez (Responsable de visitas guiadas do Gabinete de Presidencia do Parlamento), Carlos Varela (Responsable de comunicación do Gabinete de prensa da Presidencia do Parlamento) e Pedro Vila (Xefe do servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento).
Tendo en conta o traballo que desenvolveron os e as correspondentes xuvenís ao longo do curso, puideron contar cunha visita personalizada e única, na que lles explicaron a posibilidade de ver as sesións parlamentarias en directo, en diferido e a demanda a través da Mediateca, recurso propio do Parlamento, polo que non lles fai falta empregar Youtube; como se realizan as gravacións e como se busca sempre a obxectividade, motivo polo que non se editan os vídeos das gravacións para evitar a subxectividade; e como están a traballar en que durante a emisión das sesións parlamentarias se leve a cabo a transmisión das palabras, de aí que conten tamén coa linguaxe de signos, xa que isto permite tamén a accesibilidade das persoas con discapacidade.
Ademais viron como se estrutura a súa web e cales son as redes sociais que usa o Parlamento de Galicia, neste caso Facebook e Twitter, nas que dan conta do que sucede no Parlamento, tales como as actividades que se desenvolven, publicación da axenda diaria, comparten o vídeo do pleno con enlace directo á Mediateca onde se atopa aloxado. Todo elo sempre desde a obxectividade, non se realizan comentarios ás novas publicadas.
Unha vez rematada esta sesión informativa puideron ver a sala de control, dende onde supervisan as oito camaras que teñen no hemiciclo e como a través de Akamai poden retransmitir en streaming a todo o mundo. Ademais accederon ao hemiciclo, alí explicáronlles o seu funcionamento, os tempos de intervención dos deputados e deputadas, como xestionan este tempo de intervención e como se lles proxecta o que teñen para cada intervención; como se gravan as sesións e como nesas gravacións son o máis obxectivos e limpos posibles, evitando posibles situacións “cómicas” que poden desviar o foco do que realmente é importante a nivel informativo. Á parte de resolveren as dúbidas que xurdiron ao longo desta visita.
Grazas pola vosa amabilidade e acollida, polo voso saber compartido, Adriana Martínez, Carlos Varela e Pedro Vila.
Xogos tradicionais
Enviado por Cristina o Dom, 19/06/2022 - 12:51O venres, 17 de xuño, todo o alumnado do instituto participou nunha xornada de xogos tradicionais.
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional de Melide, capitaneada por Paco e Manolo Charrancas, acercou ao alumnado a carrilana, o aro, a petanca, a buxaina, tirapedras ou tiracoios, leiriñas, tres en liñas, tiratacos ou tirabalas, as chapas, carreiras de sacos, a chave, zancos, a corda, a rá e moitos máis xogos.
A verdade que quedamos con ganas de máis! Así que agardamos velos nalgunha outra ocasión.
Se queredes ver e xogar na vosa casa algúns dos xogos tradicionais, aos que xogamos e algúns outros, podedes descargalos na APP de xogos tradicionais:
- Google Play: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.ozonomultimedia.xogos_tradicionais_app&hl=es_419&gl=US
