Liñas de actuación

1. Contratos-programa Recupéra-T

Esta convocatoria porá en marcha medidas de reforzo docente a través de:

 Programa PROA+ : Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo 2021-2024 cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

 

2. Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL)

A rede estará constituída por un máximo de 32 centros no curso académico 2021/22,  nos que se inclúen todos os centros públicos de educación infantil e primaria e de educación secundaria. Cada centro que forme parte da rede constituirá a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO).