Plan Recupera

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.

Para alcanzar esta meta póñense en marcha dúas liñas de actuación:

 

1.- Desenvolvemento da convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T (CP Recupéra-T) co fin de lograr o éxito educativo a través do reforzo, apoio e acompañamento na aprendizaxe daquel alumnado vulnerable que, por causa da pandemia, non alcanzase os obxectivos e as competencias establecidas para o nivel correspondente.

 

Acceso á resolución da convocatoria.

Acceso á aplicación informática.

GUION de axuda para cubrir o plan de mellora na aplicación

 

 

2.- Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) constituída por 32 centros. En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.

CURSO 2021/22

Acceso á resolución da convocatoria.

Anexo Resolución RAOGAL.

 

Resolución centros RAOGAL

Listaxe de centros seleccionados

Amplíase o prazo de solicitude na convocatoria de RAOGAL ata o venres 24 de setembro

 

 

CURSO 2022/23

Resolución do 19 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece a Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (RAOGAL), creada con carácter experimental ao abeiro da resolución do 14 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, para o curso 2022-2023.

 

O prazo de solicitude rematará o 14 de setembro de 2022.

 

Anexo I_zonas xeográficas

Anexo II_ formulario de solicitude

Amplíase o prazo de solicitude na convocatoria de RAOGAL ata o luns 26 de setembro

Resolución provisional

Resolución definitiva

Listaxe de centros seleccionados

 

PROA+ 2022/23

INSTRUCIÓNS do 13 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, para a desenvolvemento no curso 2022/23 do Programa para a orientación, avance e enriquecimento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades seleccionados no curso 2021/22.