Plan Recupera [1]
Enviado por programaseducativos a Xov, 10/06/2021 - 09:51A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha no curso 2021/22 o Plan Recupera para reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación.
Para alcanzar esta meta póñense en marcha dúas liñas de actuación:
1.- Desenvolvemento da convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T (CP Recupéra-T) co fin de lograr o éxito educativo a través do reforzo, apoio e acompañamento na aprendizaxe daquel alumnado vulnerable que, por causa da pandemia, non alcanzase os obxectivos e as competencias establecidas para o nivel correspondente.
Acceso á resolución da convocatoria [2].
Acceso á aplicación informática [3].
GUION de axuda para cubrir o plan de mellora na aplicación [4]
2.- Creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) constituída por 32 centros. En cada centro da rede constituirase a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.
RAOGAL 2023/24
O prazo de solicitude rematará o día 15 de xullo de 2023.
Anexo I - Zonas Xeográficas [6]
Anexo II - Formulario de solicitude [7]
CURSO 2021/22 [8]
Acceso á resolución da convocatoria [9].
Resolución centros RAOGAL [11]
Listaxe de centros seleccionados [12]
Amplíase o prazo de solicitude na convocatoria de RAOGAL ata o venres 24 de setembro
RAOGAL 2022/23
O prazo de solicitude rematará o 14 de setembro de 2022.
Anexo I_zonas xeográficas [14]
Anexo II_ formulario de solicitude [15]
Amplíase o prazo de solicitude na convocatoria de RAOGAL ata o luns 26 de setembro
Listaxe de centros seleccionados [18]
PROA+ 2022/23
Resolución definitiva PROA+ 2022/23 centros privados concertados [21]
PROA+ 2023/24
Ficheiro:
Tema: