Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2024/25

Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2024

Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o luns 16 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.

Libros de texto para o curso académico 2024/2025

Pode consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 na seguinte ligazón: Libros de texto do IES do Camiño 2024/2025 (nótese que hai materias ou cursos nos que se indica a necesidade de agardar a principio de curso e falar co profesorado para confirmar que se vai a usar o libro de texto indicado)

Matrícula para o curso 2024/2025

O prazo de mátrícula para o vindeiro curso é:

Día 25 de xuño:  1º ESO e 2º ESO 

Día 26 de xuño:  3º e 4º ESO 

Día 27 de xuño: 1º e  2º BAC  

Horario: de 9:00 a 14:00. Os sobres de matrícula entregaranse ao alumnado o venres 21 de xuño xunto co seu boletín de notas.

Para máis información premer aquí: Información de matrícula 2024/2025

Admisión FP para o curso 2024/2025

Información xeral: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

Asistente web para facer a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Antes de facer a solicitude debedes premer en FP. A alta de solicitude a ciclos formativos sen certificado dixital nin usuario.

 

Vídeo de axuda: https://youtu.be/TMRJTMi-xyY

Álbum: Curso académico 2023/24 -> FP 2024/2025

Calendario final de curso (entrega notas)

As notas da Avaliación Extraordinaria de 2º de Bacharelato entregaranse o xoves 13 de xuño ás 18h e as da Avaliación Extraordinaria de 1º de Bacharelato, as de fin de ciclo de FPB e as da ESO entregaranse o luns 24 de xuño ás 14h. Para máis información premer aquí.

Recital poético no centro de día

O día 4 de xuño os/as voluntarios/as da biblioteca e algún dos membros do club de lectura do IES do Camiño acudiron ó Centro de día de Palas de Rei a facer un recital poético. Ademais de lecturas e flores participamos nun “pasapalabra” e recibimos un marcapáxinas elaborado polos usuarios/as. Aproveitamos este medio para agradecer o recibimento, os agasallos e a boa disposición do persoal do centro. Foi un encontro emotivo e ben bonito. Grazas a todas/os!

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Recital poético no centro de día

Club de lectura do alumnado

O día 24 de maio reunímonos o club de lectura do alumnado. Neste caso comentabamos dúas obras: Blackwater e La última bruja. A primeira é unha saga, inédita ata ó momento en España,  de Michael Mcdonell. A segunda foi unha petición do alumnado logo do éxito de Los dioses del Norte. A este encontro acudiron algúns dos voluntarios/as de la biblioteca, pois aproveitamos para organizar o próximo recital poético. Para isto último contamos cunha maleta viaxeira de poesía cedida polo CEFORE de Lugo.

Grazas a todos/as por ler, acudir e participar nestas iniciativas.

 

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Club de lectura de alumnos

Excursión a Chaves (Portugal)

O martes 28 de Maio o alumnado de 2º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, acompañados do profesorado do Departamento de Historia, visitou a cidade portuguesa de Chaves. Nesta xornada tívose ocasión de coñecer diferentes monumentos desta histórica localidade da Gallaecia, como o castelo, a ponte, o museo ou as recentemente descobertas termas romanas. Do mesmo xeito, tívose ocasión de degustar o famoso pastel de Chaves e practicar a lingua aplicando os coñecementos do alumnado da materia de Português de 2º da ESO.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Excursión a Chaves (Portugal)

Viaxe a Madrid

O pasado 5 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato realizaron unha viaxe a Madrid. 

Alí, visitaron lugares de interese como o Palacio da Bolsa, o Banco de España, o Museo do Prado ou o Museo Reina Sofía. Ademais, fixeron un percorrido guiado polo centro da cidade e tamén desfrutaron do musical do Rei León e do Parque Warner.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Viaxe a Madrid
Distribuir contido