FP Básica en Electricidade e Electrónica

Xela Arias_Letras Galegas 2021: Mural interactivo

O alumnado de 1º de FPB de Electricidade e Electrónica, este ano deulle un xiro inesperado aos murais convencionais, facendo un mural interactivo e con movemento. Para iso, aplicaron os seus coñecementos técnicos, xerando "vida" nos diferentes espazos do cartel. É a forma coa que lle quixeron render tributo a unha artista coma Xela Arias, tamén unha creadora nata, no seu caso de vocábulos e cun estilo auténtico na nosa lingua.

Exposición: "Traballando coa madeira" (FP Básica)

O venres 26 de marzo, as alumnas e alumnos do ciclo de FP Básica, mostráronlle ao alumnado de 1º e 2º da ESO o seu proxecto coa madeira: as súas creacións e as ferramentas e materias que empregaron. 

 

Foi unha xornada lúdica e formativa onde puideron mostrar aos seus compañeiros/as o traballo que fan no seu ciclo e estes interesáronse polo que fan e como o fan.

 

Así mesmo para que puideran velo o resto da comunidade educativa colocaron no corredor da planta baixa unha exposición co traballo realizado. 

 

Só nos queda dicir por moitas máis experiencias como estas!!

Parabéns!!! 

 

No seguinte enlace podedes ver as fotos da xornada así como os traballos realizados polo alumnado:

 

Making of "Traballando coa madeira"_ FP Básica

No ciclo de FPB de Electricidade e Electrónica tamén traballamos noutras habilidades que nos poden valer para o noso futuro ámbito persoal ou profesional. Neste caso realizamos proxectos individuais de mecanizado de pezas en madeira, cuns resultados que nada ten que envexar á escola Bauhaus.

 

 

 

 

Distribuir contido