Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Concurso de Microrrelatos Anticovid.

Este venres 26, na biblioteca do noso centro fíxose a entrega de premios aos gañadores/as do Concurso de Microrrelatos Anticovid.

  • O 3º premio correspondeulle a Adrián Bargados López, de 1º ESO, por “Non vas poder con nós”, un berro de guerra contra o coronavirus.
  • Sara Sobreira Solar, de 2º ESO, obtivo o 2º premio por “Solidariedade en tempos de pandemia”, unha historia de prácticas colaborativas para sobrevivir á epidemia.
  • E o 1º premio foi para Iván Sobreira Solar, de 1º Bacharelato, quen no relato “A Terra” crea unha inquietante atmosfera asociada ao virus, para rematar cunha positiva mensaxe de saúde medioambiental. 

O ENDL agradécelles ás e aos participantes no concurso os seus traballos. Sabemos que non é nada fácil falar da Covid en termos positivos. E o noso alumnado esforzouse en facelo desde esa óptica.

Igualmente, dálle as grazas ao xurado, formado por Cristina, de Orientación, e polas profesoras Laura e Cristina.

 

MICRORRELATOS GAÑADORES: 

  • A Terra - Iván Sobreira Solar   (1º PREMIO) 

A terra, século XXI. Algo insólito acaba de pasar. Rúas baleiras, fábricas paradas, cidades enteiras desoladas; esculca o coronavirus; non se ve, non se ole, non se sente, pero aí está.

Silencioso, introdúcese no organismo dos seres humanos converténdose nun virus letal. 

Parece un relato futurista pero é o aquí e  agora da nosa sociedade.

A natureza toma o poder, o osíxeno rexenérase, a contaminación diminúe e o planeta respira.

A terra comeza a ter esperanza. Os bosques, os ríos, os lagos e os mares rexenéranse.

Volve a vida ao planeta.

  • Solidariedade en tempos de pandemia - Sara Sobreira Solar   (2º PREMIO) 

A Señora María vivía soa no 3º piso da rúa da Proba. Tiña medo de saír. Non coñecía os veciños. Ao lado vivía un rapaz, tímido, e para ela cunhas pintas estrañas.

 Un día, escoitou ruído ao outro lado da porta e asomouse polo mirador. Viu que o seu veciño deixara unhas bolsas de comida e papel hixienico ao pé da porta. Ela, estrañada, esperou a que marchara e abriu.  Enriba das bolsas  había unha notiña que dicía: NON ESTÁS SOA. Dende entón, a señora María facíalle biscoitos como agradecemento todas as semanas. 

  • Non vas poder con nós, xa cho digo! - Adrián Bargados López  (3º PREMIO) 

Se algo podemos sacar en claro desta pandemia é o importante que son os amigos e a familia, poder darlles un bico ou unha aperta. Bótase de menos as xuntanzas como os aniversarios ou as verbenas. Eu creo que isto aínda fai que nos queiramos máis, xa que todos os nosos pensamentos están postos no día en que todos nos xuntemos e celebremos todo o atrasado. O coronavirus cambiounos a vida pero non nos deu arrincado a ilusión nin as ganas de vivir.

Non vas poder con nós!

 

 No seguinte enlace podedes ver algunhas fotos da entrega de premios:

 

 

 

Concurso "As cores do outono"

Hoxe, martes 22 de decembro, na biblioteca do instituto fixose entrega no  tempo de lecer dos vales e o xogo de construcción á gañadora e gañadores  do concurso de fotografía: "As cores do outono" 

 

Os premiados foron: 

  • 1° premio: Nuria Paredes Lorenzo (1° Bacharelato) 

  • 2° premio: Álex Blanco García  (1° ESO) 

  • 3° premio: Aitor Cabana Vázquez  (FP Básica) 

Proximamente poderemos visionar todas as fotos nun vídeo que colgaremos na web..

Así mesmo o ENDL dávos as grazas pola vosa colaboración e participación a todo o alumnado que fixo posible a realización desta actividade.

 

Podes ver as imaxes da entrega dos premios clickando no seguinte enlace que vos leva a galeria: 

O magosto

E "polo magosto, castañas e mosto"

Mosto non bebemos, pero castañas houbo e ben delas. E troula tamén, carreiras, xogos, risas ... Que nunca falten a alegría e as ganas de comer!

 

 

Letras Galegas

Xa vai rematando o maio “de flores cuberto” e con el o tempo de coñecer a figura de María Victoria Moreno, escritora e activista da lingua, galega de idioma e de corazón e de conciencia.

O que vedes é o resultado do traballo levado a cabo no día a día da aula, cun alumnado implicado, comprometido e serio. Hoxe foi o gran día, o de facer visible ese traballo, os ensaios, o esforzo e tamén de gozar coa música do gran Xoán Eiriz e dos músicos que o acompañaron.

Entroido 2018 (máis troula)

E despois da charla de Bruno, o alumnado e unha ampla representación do profesorado vivimos outra expresión do Entroido, o Entroido moderno. Participantes nas categorías individual, parellas-tríos, comparsas e “antroidadas musicais”. Tamén houbo moito humor e moita rima improvisada, xa que o centro conta cun trío de regueifeiros-rapeiros de gran nivel. A festa finalizou coa actuación estelar da orquestra internacional “París de Palas”, que deleitou a rapazada con pezas típicas.

Certame fotográfico-literario

 

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co Equipo da Biblioteca, convocan o

V Concurso fotográfico-literario

Chega o Samaín

O Samaín toma trazas e o espantallo tráenos algunhas follas secas con anacos de historias inquietantes. Se queredes máis, non esquezades pasar pola biblioteca.

 

 

Distribuir contido