Por 365 días de respecto e igualdade

Stand de machismo: Actividades contra a violencia sexual

O pasado mes de novembro o noso alumnado puido interactuar co Satnd de machismo que se situou no xinmasio, onde fixeron actividades e xogos para sensibilizarse co grave problema da violencia sexual.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Stand de machismo: actividades contra a violencia sexual

8M, día da muller

O venres pasado, 8M, Día da Muller, na biblioteca do IES do Camiño e grazas a colaboración coa especialista de Pedagoxía Terapéutica do noso centro, reflexionamos sobre os coidados. O alumnado ía marcando, nun espazo deseñado para tal fin, quen se encarga das tarefas máis invisibles do día a día no fogar: dar afecto, acompañarnos a comprar roupa, axudarnos cos deberes, escoitarnos, etc. Os resultados deixan claro que seguen sendo mulleres as protagonistas de moitos deses traballos. De feito, logo dunha semana o cartel elaborado segue dando que falar entre a rapazada. Ademais desta actividade, proxectamos o corto "Loitar saben" que nos levou ó pasado das mulleres galegas, mulleres loitadoras e traballadoras que fixeron camiño.

Igualmente tivemos unha xornada xuntanza co CEIP Palas de Rei para reivindicar os dereitos das mulleres traballadoras.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> 8M, día da muller

Charla sobre a violencia de xénero

O pasado 23 de febreiro o noso alumnado de 1º, 2º e 3º ESO asistiu á charla: A violencia de xénero e o sexismo na publicidade, na que se tratou esta temática tanto desde o punto de vista dos medios audiovisuais, coma nas redes sociais.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla de violencia de xénero

O 25N na biblioteca

Con motivo do 25N na biblioteca do IES do Camiño convidamos ao alumnado a deixar a súa pegada en forma de bolboreta participando así, como xa fixeramos en anos anteriores, no proxecto "El latido de las mariposas". Ademais abrimos unha porta violeta signando un pedaciño da canción de Rozalén e escribimos mensaxes contra a violencia. Grazas a todas/os por vir!!

Álbum: Curso académico 2023/24 -> O 25N na Biblioteca

25N: día contra a violencia machista

O pasado día 25 de novembro celebramos o día Contra a violencia machista nunha xuntanza moi fermosa do noso alumnado co do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei, ao que agradecemos moito a súa hospitalidade. Xuntos visualizamos un vídeo do seu alumnado de 5º curso e asistimos á lectura dun manifesto e duns poemas do noso alumnado. Todos comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> 25N: Contra a violencia machista
Distribuir contido