Titoría
TITORÍAS PROFESORADO
Enviado por Cristina o Sáb, 17/09/2022 - 23:53BIOLOXÍA E XEOLOXÍA | ELENA CAGIDE PEREIRO | MÉRCORES 11:30/12:20 |
ECONOMÍA | ALEJANDRA ABUIN SIXTO | MARTES 09:20/10:10 |
EDUCACIÓN FÍSICA | FRANCISCO VARELA LORENZO | MARTES 10:10/11:00 |
EDUCACIÓN PLÁSTICA | FRANCISCO BRAN BARRAL | MARTES 11:30/12:20 |
ELECTRICIDADE/ELETRÓNICA | MANUEL LOPEZ | MÉRCORES 11:30/12:20 |
FILOSOFÍA | LOIS RODRIGUEZ | MÉRCORES 12:45/13:35 |
FÍSICA E QUÍMICA |
HIGINIO RODRÍGUEZ PAVÓN
|
XOVES 12:45/13:35
|
FRANCÉS | MARIA ÁNGELES LOPEZ DEL OSO | XOVES 10:10/11:00 |
INGLÉS | CARMEN ARES FERNÁNDEZ | MARTES 11:30/12:20 |
LATÍN E GRECO | XOANA DOMINGUEZ | MÉRCORES 11:30/12:20 |
LATÍN E GRECO | FERNANDO GARCÍA PENAS | MARTES 12:45/13:35 |
LINGUA CASTELÁ | CRISTINA GONZALEZ ABELAIRAS | MÉRCORES 10:10/11:00 |
LINGUA CASTELÁ | MARÍA PEDROUZO REGUEIRO | MÉRCORES 12:45/13:35 |
LINGUA GALEGA | CARMELA RODRIGUEZ ARIAS | LUNS 10:10/11:00 |
MATEMÁTICAS | MANUEL ASTRAY VILLAR | MÉRCORES 12:45/13:35 |
MATEMÁTICAS | DOLORES COUSIDO PIÑEIRO | MÉRCORES 12:45/13:35 |
MÚSICA | XABIER PÉREZ CASTRO | XOVES 11:30/12:20 |
ORIENTACIÓN | CRISTINA EIRAS LÓPEZ | XOVES 12:45/13:35 |
PEDAGOXÍA TERAPEÚTICA | ROCIO MENDEZ PENELA | MARTES 10:10/11:00 |
RELIXIÓN CATÓLICA | MIGUEL RICO GOMEZ | VENRES 11:30/12:20 |
TECNOLOXÍA | FRANCISCO JAVIER MARTÍN MORENO | VENRES 10:10/11:00 |
TECNOLOXÍA | TERESA REGO SANMARTIN | MARTES 10:10/11:00 |
XEOGRAFÍA E HISTORIA | CARLOS BELLO STOUT | MÉRCORES 9:20/10:10 |
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2022
Enviado por Cristina o Mar, 10/05/2022 - 22:45O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, polo que este ano propuxémonos facer uns marcapáxinas moi especiais co alumnado da ESO e de FP Básica a través da hora de titorías, coa axuda dos seus titores e titoras.
Nesta actividade o alumnado, por parellas ou en pequenos grupos, tiña que elaborar un marcapáxinas que estaría dedicado a unha muller científica, no que se recollería, por un lado, un pouco da súa biografía e, polo outro, os fitos alcanzados.
As mulleres homenaxeadas nesta actividade son:
- Ángeles Alvariño.
- Elizabeth Blackburn.
- Jocelyn Bell Burnell.
- Mar Capeáns.
- María J. WonenburgerPlanells.
- Mary Anning.
- Özlem Türeci.
- TarsyCarballas.
- Ángela Ruiz Robles.
- Isabel Zendal.
- Katalin Kariró.
- Katherine Johnson.
- Margarita Salas.
- Marisol Soengas.
- Ann Makosinski.
- Deborah García
- Inmaculada Paz Andrade.
- María José Alonso.
- Rosalind Franklin.
- Sonia Villapol.
- Sophie Germain.
- Augusta Ada Byron. (Ada Lovelace)
- Antonia Ferrín.
- Barbara McClintock.
- Minia Manteiga.
- Olimpia Valencia.
- Rachel Carson.
- Ana María Prieto.
- Lise Meitner.
- Olga MoreirasTuni.
Hoxe por fin o noso proxecto ve a luz e poderá ser repartido entre os membros da comunidade educativa e o CIM de Palas de Rei.
Agardamos que vos gusten!
Podedes ver os 30 marcapáxinas feitos polo alumnado e revisados por Marta Blanco e Cristina Eiras premendo na seguinte imaxe.
8 MARZO 22_ We Can do it!!
Enviado por Cristina o Sáb, 07/05/2022 - 21:18Este ano, entre outras actividades, para conmemorar o Día Internacional da Muller acordamos facer un mural colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa.
O lema do cartel foi “We Can do It!” (Podemos facelo!). Foi creado en 1943 por Howard Miller, no contexto da II Guerra Mundial, coa finalidade de animar ás traballadoras da compañía eléctrica Westinghouse Electric de Estados Unidos.
O cartel non tivo moito éxito durante a Segunda Guerra Mundial. Mais, na década de 1980, foi redescuberto e amplamente reproducido de moitas formas, a miúdo chamado " We Can Do It!", pero tamén coñecido como " Rosie the Riveter". Nel represéntase a figura emblemática dunha forte traballadora da produción no período da guerra. Esta imaxe " We Can Do It!" foi utilizada para promover o feminismo e tamén para outras cuestións políticas a partir da década de 1980.
Así mesmo, a imaxe foi portada da revista Smithsonian en 1994, e tamén se converteu nun selo postal de primeira clase de Estados Unidos en 1999. Ademais, foi incorporada a partir do ano 2008 en materiais de campaña de varios políticos estadounidenses, e tamén foi reelaborada por un artista no ano 2010 para celebrar á primeira muller en converterse en Primeira ministra de Australia.
Como curiosidade, saber que o cartel é unha das dez imaxes máis solicitadas nos Arquivos Nacionais e Administración de Documentos dos Estados Unidos.
A día de hoxe é considerado un símbolo do empoderamento feminino e da loita pola igualdade e o feminismo.
Moitas grazas a todas e todos os que fixestes posible este cartel polo 8M e do que agora podemos desfrutar na entrada do instituto.
