Economía
Visita aos xulgados de Lugo
Enviado por Alejandra o Mar, 17/01/2023 - 11:25O martes 10 de xaneiro as alumnas e os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron os xulgados e presenciaron xuizos do penal no xulgado de primeira instancia instrucción número 2 de Lugo. Pasaron unha mañá moi agradable e puideron avanzar no seu coñecemento sobre a Administración de Xustiza. A xuiza Sandra Piñeiro foi moi amable con nós, cercana e didática, explicando cada paso dos xuizos, a composición de persoas en cada caso e incluso, fomentou en algún alumno ou alumna vocacións cara o futuro.
Visita á facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo
Enviado por Alejandra o Lun, 14/11/2022 - 14:12O pasado xoves 10 de novembro, os alumnos das materias de Economía de 1º de bacharelato e Economía da Empresa de 2º, visitaron a facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.
Puideron recibir unha charla sobre os modelos económicos e a súa base científica por parte do decano da facultade, Roberto Bande. Tamén fixeron unha visita- percorrido pola facultade e viron unha demostración no Tech-Lab Empresa e Tecnoloxía onde estase a traballar cun programa informático innovador para axudar a gandeirías galegas para o seguimento dos seus costes.
Antes de voltar a Palas e despois de almorzar na cafetería da facultade, visitaron a Biblioteca Intercentros, onde se lles amosou o traballo que se realiza e tódalas posibilidades que ten esta gran biblioteca.
Charlas cívico-tributarias
Enviado por Alejandra o Lun, 24/10/2022 - 12:18O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e FPB, gozamos da visita de María e Majo, dúas traballadoras da Axencia Tributaria ou Facenda de Lugo.
Con elas puidemos reflexionar sobre a impotancia da existencia e o pago de impostos para poder dispoñer de bens e servicios públicos (dos que moitas veces non somos conscientes dos custos reais dos mesmos) así como os diferentes impostos do noso sistema tributario.
Queda tamén aberto o prazo para poder participar no concurso de Facenda sobre este tema e calquer alumno ou alumna do IES pode dirixirse á profesora de Economía para solicitar as bases e participar.
