Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2023/24
Enviado por Lois o Lun, 24/07/2023 - 11:59Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2023
Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o mércores 13 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.
O alumnado con ordenadores de Edixgal no seu poder (isto é: de 2º, 3º e 4º da ESO e alumnado repetidor de 1º da ESO), debe acudir con eles á presentación. Vaise facer un formateado que suporá borrado de arquivos. Se queren conservar información, deben arquivala previamente nun dispositivo externo (USB, disco duro...).
Libros de texto para o curso académico 2023/2024
Enviado por Lois o Ven, 30/06/2023 - 11:21Prema na seguinte ligazón para consultar os libros de texto para o curso 2023/2024 (note que hai materias nas que se sinala que non debe mercar o libro ata falar co/a profesor/a ao inicio das clases en setembro): Listaxe de libros de texto 2023/2024
Prazos de Matrícula en xullo
Enviado por Lois o Ven, 16/06/2023 - 12:57Pode consultar nesta ligazón os día de prazo para efectuar a matrícula e a documentación requirida: MATRÍCULA DE XULLO
Celebración das Letras galegas 2023
Enviado por Lois o Ven, 09/06/2023 - 12:34Concerto das Letras galegas
O venres 12 de maio todo o alumnado do IES do Camiño puido gozar da musica e a poesía grazas ao concerto de Toño Núñez (vocalista) e José Manuel do Castro (acordeón).
Foi unha viaxe polo repertorio poético galego, desde as temperás cantigas medievais ata os versos máis contemporáneos, fermosamente cantados polo antigo profesor deste centro, Toño Núñez.
Recital-concerto Aldaolado
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2023, adicado a Francisco Fernández del Riego, un “obreiro” da nosa lingua e cultura (como adoitaba dicir de si mesmo), o ENDL programou o espectáculo Chulísima, unha proposta do dúo poético Aldaolado que fala do galego e da necesidade de normalizar o seu uso.
Mediante a retranca, o humor, a poesía e a música María Lado e Lucía Aldao (Aldaolado) fálanlle de ti a ti á mocidade para facerlle ver que o galego é unha lingua marabillosa, chea de vida e de éxitos malia todas as batallas que perdeu e segue a perder. Desbotando prexuízos, resaltando a vivencia positiva desta lingua: así procuran ambas sumar galegofalantes.
Exposición de carteis sobre Fernández del Riego
No marco da homenaxe a Francisco Fernández del Riego, o alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato fixo, en calidade de detectives á busca de pistas, unha visita á exposición de carteis sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego. Deste dinámico xeito coñeceron moitas cousas interesantes sobre o ilustre galeguista.
Exames da convocatoria extraordinaria de xuño en 1ºFPB e 1ºBAC
Enviado por Lois o Xov, 08/06/2023 - 08:39Consulta na seguinte ligazón as datas dos exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Formación Profesional Básica: Calendario 1ºFPB
Consulta na seguinte ligazón as datas dos exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato: Calendario 1ºBAC
Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de xuño en 2ºBAC
Enviado por Lois o Ven, 02/06/2023 - 11:10Consulta o horario dos exames da convocatoria extraordinaria de 2ºBAC na seguinte ligazón: Calendario de exames de xuño de 2ºBAC
Visionado "2000 especies de abejas"
Enviado por Lois o Ven, 26/05/2023 - 12:33O día 19 de maio o alumnado do club de lectura asistiu ós Codex Cinema a Lugo para ver 20000 especies de abejas, un filme que trata o tema da transexualidade, asunto arredor do que tamén xira a nosa última obra de lectura para este curso, Fóra do Normal de María Reimóndez. En xeral, a película gustou moito e foi moi aplaudida. Recomendámola! Despediremos este curso o día 20 de xuño cunha xuntanza para charlar sobre dita obra e sobre o filme citado, se te animas a lela e/ou a ver a película, estás a tempo de vir.
Spring Week
Enviado por Lois o Xov, 18/05/2023 - 09:03O IES do Camiño foi seleccionado para participar na Spring Week cun grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO dende o 30 de abril ao 6 de maio.
Durante o tempo que durou a estancia conviviron con alumnado doutras comarcas e practicaron a lingua inglesa con profesorado de fala inglesa procendente de distintas parte do mundo, levando a cabo actividades de temática medioambiental dunha forma lúdica e cooperativa.
