Entrega premios concurso do logo

A pasada semana fixemos a entrega dos premios e diplomas do concurso para a búsqueda de ideas para o logo do noso IES. Estes foron os nosos gañadores, María Pumar, primeiro premio, David Sobrado, segundo premio e Álvaro Míguez, terceiro premio. ¡ Noraboa e gracias a todos e todas pola participación !

 

8 de marzo. Día da muller

O pasado 8 de marzo o noso alumnado xuntouse aos nenos e nenas do CEIP Palas de Rei para celebrar o día da muller.

 

Pola igualdade real!! Muller, nin máis nin menos!!

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> 8 de Marzo. Día da muller

Entroido 2023

O pasado venres 17 de febreiro celebramos o entroido cunha festa na que tivemos concurso de actuacións por clases, concurso de doces de entroido, música e sesión de fotos. O primeiro premio do concurso de actuacións foi para 3º da ESO, o segundo premio para 4º da ESO e o terceiro premio para 2º de BAC. O concurso de doces gañouno 1º da ESO.

Foi moi divertido poder compartir e celebrar todas e todos xuntos, e gozar da ilusión e da implicación do noso alumnado. Moitas gracias e moitas veces!!

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Entroido

Chicas nuevas 24 horas

Desde o día 27 de febreiro e ata o 8 de marzo teremos no centro a exposición "Chicas nuevas 24 horas", que está baseada no documental do mesmo nome da directora e documentalista Mabel Lozano, no que se denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas.  Haberá tres actividades didácticas que incluen visita guiada pola exposición, visionado do documental e taller interactivo para 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, e 1º FP Básica. E tamén haberá un pase para ver o documental para o público xeral o martes 7 de marzo ás 17:00 horas.

Esta é unha actividade está promovida polo CIM do concello de Palas de Rei e pola Secretaría Xeral da Igualdade pertencente á Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 

Quen quera ir abrindo boca aquí ten o trailer do documental: Chicas nuevas 24 horas, de Mabel Lozano - Trailer - YouTube

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Chicas nuevas 24H

Obradoiro de Cruz Vermella

O martes 14 de febreiro tivo lugar o Obradoiro de Cruz Vermella sobre discriminación por identidade e/ou orientación sexual (LGTBIQ+) dirixido ao alumnado de 4ºESO

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Obradoiro de Cruz Vermella

Obra de teatro "The Movie"

O luns 16 de xaneiro o alumnado da ESO asistiu á obra de teatro en inglés The Movie a cargo da compañía On Stage. Ademais de ser espectadores tamén puideron participar de maneira activa sobre o escenario do auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Obra de teatro "The Movie"

Visita aos xulgados de Lugo

O martes 10 de xaneiro as alumnas e os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron os xulgados e presenciaron xuizos do penal no xulgado de primeira instancia instrucción número 2 de Lugo. Pasaron unha mañá moi agradable e puideron avanzar no seu coñecemento sobre a Administración de Xustiza. A xuiza Sandra Piñeiro foi moi amable con nós, cercana e didática, explicando cada paso dos xuizos, a composición de persoas en cada caso e incluso, fomentou en algún alumno ou alumna vocacións cara o futuro.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita aos xulgados de Lugo

Clube de lectura

O club de lectura da biblioteca do IES do Camiño contou este trimestre con tres grupos diferentes para ó alumnado. Por unha banda, reunímonos para compartir a lectura de Hearstopper, que triunfou entre as rapazas e as profes e que repetimos en pouco tempo porque quedamos con gana da segunda, terceira e cuarta parte da novela gráfica. Por outro lado, apostamos por Trescatorcedezaseis de Rocío Leira. Este grupo foi aumentando o seu número de participantes, pois aqueles que acudían só de oíntes ó encontro, animáronse a mergullarse na lectura da obra e quedamos de repetir a experiencia de ler á mesma autora despois do Nadal. Cicuta para dous é a obra elixida. 

Por último, moitos dos membros do club iniciáronse no mundo da psicoloxía e charlamos sobre Las gafas de la felicidad, unha proposta de Alejandra Abuín, que nos fixo pensar en que, igual, os problemas que temos non o son tanto. Ás veces tan só dependen das gafas coas que os ollemos. 

Grazas polo voso tempo, o voso entusiasmo e as vosas lecturas. 

Bo Nadal! 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Clube de lectura

Lectura de "Nai que nos pariu"

O día 15 de decembro reuniuse por primeira vez en Dulce María o club de lectura de adultos do IES do Camiño para compartir a lectura da obra: NAI QUE NOS PARIU. Mulleres á altura do interior. Era un coloquio co seu autor, Fernando García Penas. Foi un encontro fermoso, cheo de anécdotas, confidencias e acompañado de cafés, doces e infusións; pero tamén de lectura a viva voz e emoción. Estivemos case dúas horas charlando e TODOS e TODAS CONTAMOS neste camiño de libros.

Graciñas pola boa disposición e o agarimo de todas vós. Quedamos de vernos noutra. Así que seguiremos informando. Lembrade que para anotarvos tan só debedes escribir ó seguinte enderezo: cristina.gonzalez.abelaira@edu.xunta.gal 

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Lectura de "Nai que nos pariu"

Semana de cine en Galego

O día 5 de decembro, o IES do Camiño iniciou a  Semana de Cine en Galego. Este evento anúnciase desde hai semanas nos corredores do centro a través duns magníficos carteis creados polo alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato.

Ademais, elaboráronse uns trípticos que se lle serán entregados a cada alumno/a á entrada da sala de proxección e que conteñen información relativa á sinopse, datos técnicos, crítica de especialistas e espectadores, etc. No folleto hai tamén un espazo en branco para que cada escolar faga a súa propia valoración do filme.  

A primeira película que se proxectou é O monstro mariño, unha cinta de animación do estadounidense Chris Willians. Nela, uns épicos cazadores de monstros mariños sucan os mares na busca dos mesmos. Mais unha polisoa intrépida virá cuestionar a dicotomía bos/malos…, e moitas otras cousas. 

Continuando coas proxeccións cinematográficas da Semana de Cine en Galego, o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º FP Básica viu o mércores Vilamor, unha película na que o seu director (Ignacio Vilar) recrea a historia da comuna hippie que se estableceu na zona da Fonsagrada nos anos 70 (xusto cando remata a ditadura). Un filme moi axeitado para reflexionar sobre cuestións plenamente actuais como o abandono do rural, a preocupación polo medio ambiente, o fenómeno okupa, o compromiso social, etc.

Despois da proxección, haberá, como sempre, cinefórum na clase de Lingua Galega.

Para rematar a Semana de Cine en Galego deste ano, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu o venres 9 á proxección de Elisa e Marcela, un filme de 2019, dirixido pola premiada Isabel Coixet.

 Aínda que transcorreron 121 anos desde que estas dúas mestras decidiron vivir o seu amor dun xeito libre (con dolorosas consecuencias para ambas), os insultos, discriminacións e agresións ao colectivo LGTBI están moi vivos na sociedade actual. De aí a necesidade de lembrar a aquelas que loitaron no seu día por un mundo inclusivo, polo pensamento libre e a xustiza igualitaria

Tamén despois de ver esta cinta haberá cinefórum na clase de Lingua para facer unha reflexión colectiva sobre a mesma.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Semana de cine en Galego
Distribuir contido