Beca de residencia no Centro Residencial Docente da Coruña

Convocatoria de becas para o curso 2022/23 no Centro Residencial Docente da Coruña, dirixida a estudantes de bacharelato, ciclos medios e superiores, FP Básica e universitarios que cursan os seus estudos fóra da súa localidade. 

O prazo para solicitar praza neste centro en período ordinario remata o 11 de xullo de 2022 para o alumnado matriculado en bacharelato e o 1 de agosto de 2022 no caso do alumnado matriculado en ciclos formativos.

Máis información na web https:/crdcoruna.es e no DOG. Nº 107 do 6 de xuño de 2022. 

 

 

Exames proba extraordinaria BAC

Acollida familias

Na xornada de hoxe tivemos a sesión de acollida, por un lado, coas familias do CEIP de Palas de Rei e, polo outro, coas familias e o futuro alumnado de 1º de Bacharelato do CPI de Guntín, ás que agradecemos a asistencia a esta xornada.

 

Durante a mesma buscouse familiarizar aos asistentes co centro e a súa organización, informar sobre os cambios educativos derivados da implantación  da LOMLOE, as normas de convivencia, mecanismos de información e participación e resolver todas aquelas dúbidas que puideron xurdir. 

 

Benvidos e benvidas! Vémonos en setembro.

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Acollida familias

Calendario de admisión á Formación Profesional


Visita ás Médulas e ao Cebreiro

O alumnado do centro de Cultura Clásica e Latín visitamos o xoves día 9 a antiga mina romana a ceo aberto de ouro das Médulas. Tras gozar das vistas espectaculares dende o mirador de Orellán, baixamos ata o pobo onde nos agardaba un refresco ou auga que souberon a gloria. No traxecto puidémonos facer unha idea real das técnicas de extracción do ouro in situ, maiormente da ruina montium (valéndose da auga que traían por canles que podían ter ata uns 300 km); ao tempo que admiramos os milenarios castiñeiros que alí se conservan e nos informamos de como foron os romanos quen introduciron na nosa terra a explotación da castaña. Dalgún xeito tiñan que alimentarse os entre 10 e 20000 homes que en torno a ela traballaban, entre escravos e xentes dos arredores.

Á volta xantamos no Cebreiro (de CEBRARIUM, “asnos bravos”), onde tivemos a oportunidade de visitar o seu conxunto etnográfico das pallozas e coñecer como era unha aldea de montaña en tempos, a súa igrexa de estilo prerrománico (s. IX e lenda do Santo Graal)  e unha das principais entradas da época romana (e actual) cara ás terras da actual Galiza. 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita ás Médulas e ao Cebreiro

Encontro co alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra

O día 8 de xuño algúns dos rapaces de segundo e terceiro da ESO do IES do Camiño xuntáronse coa rapazada do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel. Xa se coñecían por carta, pois dende o primeiro trimestre os Departamentos de Lingua Galega e Castelá dos dous centros coordinaron un proxecto de envío de misivas co obxectivo de fomentar a expresión escrita. O encontro foi curto, a viaxe foi longa e choveunos; pero recibíronnos con moito agarimo e un aperitivo, os rapaces puxéronlles cara ós seus correspondentes, xogaron ós detectives e quedaron con gana de máis.

Na imaxe podemos ver a todo o grupo no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos, pois alí rematou a nosa viaxe.

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita ao Courel

Visita do alumnado de 6º Educación Primaria

O mércores 8 de xuño contamos no instituto coa visita do alumnado de 6º de educación primaria, que acudiu acompañado polo seu titor, Óliver, e a súa orientadora, Emma.

Durante esta xornada informouse ás futuras alumnas e alumnos acerca dos datos máis salientables do vindeiro curso: materias que van cursar, horario do centro, normas de convivencia, TEI, Edixgal..... 

Así mesmo, contamos con dous anfitrións de 1º da ESO, Samuel Martínez e Sofía Rivera,  que resolveron as dúbidas do alumnado de 6º de educación primaria e que ademais foron a encargada e o encargado de guialos  a través do percorrido que fixemos polo instituto: a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o ximnasio, o laboratorio de bioloxía..... Grazas, Samuel e Sofía, por serdes uns fantásticos anfitrións! 

 E queremos dar tamén as grazas ao alumnado de 6º de educación primaria e ao seus mestres por acudir ao noso centro e facer que esta visita fose posible e que pasaramos un rato moi agradable. 

Xa sabedes que nos vemos axiña, á volta das vacacións de verán! 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita do alumnado de 6º Educación Primaria

Charla para a Prevención dos Incendios Forestais

O martes 7 de xunto, os axentes da garda civil pertencentes ao Seprona, Carlos Rodríguez e Roberto Pérez, acudiron ao centro educativo para impartir unha charla sobre a prevención dos incendios forestais. 

Agora que comeza a época estival e con ela se incrementa o risco de sufrir incendios os bosques do noso País, é fundamental que o alumnado se conciencie sobre a importancia que ten protexer a nosa natureza e do que se pode facer para protexer e previr os incendios. 

Así mesmo, durante a charla puideron saber como se levan a cabo as investigacións dos incendios forestais, poñendo exemplos reais de incendios e de como foron provocados. 

Ao final da mesma, o alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO xunto con 1º de Bacharelato puideron formular as dúbidas e preguntas que estimaron oportunas.   

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Charla prevención de incendios

Cruz Vermella_ Obradoiro para a Prevención da Violencia de Xénero.

O martes 7 de xuño contamos no noso centro con Alba, técnica da Cruz Vermella. 

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO participaron no Obradoiro para a prevención da violencia de xénero e o fomento da igualdade. 

Ao longo desta actividade puideron coñecer os conceptos básicos que se enmarcan dentro da igualdade,  reflexionar sobre as diversas manifestacións sociais da violencia de xénero e coñecer cales son as estratexias que nos serven para fomentar e potenciar a igualdade real entre mulleres e homes. 

Todo elo a través de dinámicas e actividades onde o alumnado podía participar libremente e implicarse no desenvolvemento das mesmas, ao mesmo tempo que formulan as súas dubidas. 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Obradoiro Prevención Violencia de Xénero

Calendario fin de curso 2021/22

 

 

CALENDARIO FIN DE CURSO (21/22)

 

XUÑO

Días 7 e 8 de (martes e mércores):

  • 3 ª Avaliación de ESO.

  • 3 ª avaliación e final ordinaria de 1º BAC

 Día 9 de (xoves):

  • Entrega de notas a última hora da mañá.

  • Ás 15:00 publicación das notas en abalar.

 Día 10 (venres) e 13 (luns):

  • 1º de BAC: ata as 14:00 horas presentación de reclamacións no centro.

 Día 14 (martes):

  • 1º de BAC: ás 12:30 h. entrega das resolucións dos departamentos ao alumnado rectificando ou ratificando a cualificación outorgada.

 Día 15 e 16:

  • 1º BAC: ata as 14:00 presentación de reclamacións ante Xefatura Territorial.

 Días 20-22:

  • Probas finais da convocatoria extraordinaria para BAC.

Día 22 (mércores):

  • Rematan as clases.

 Día 23 (xoves):

  • Avaliacións ordinaria de ESO e extraordinaria de BAC.

  • Ás 18:00 h. publicación das notas en abalar.

 Día 27 (luns) e 28 (martes): 

  • Ás 10:00 o día 27 entrega de boletíns de notas no centro (cada grupo na súa aula de referencia) e de sobres de matrícula.

  • Presentación de reclamacións no centro dende as 09:00 ata as 14:00 horas.

  • Revisión de actividades, tarefas ou traballos co profesorado. 

 

A ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO NO CENTRO FARASE AO RECOLLER O BOLETÍN DE NOTAS.

Día 29 (mércores): 

  • Ás 12:30 h. entrega das resolucións dos departamentos ao alumnado rectificando ou ratificando a cualificación outorgada.

 Día 30 de xuño e 1 de xullo:

  • Ata as 14:00 h. presentación de reclamacións ante a Xefatura Territorial.

 

 

Distribuir contido