Equipo directivo
Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2024/25
Enviado por Lois o Lun, 08/07/2024 - 10:44Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2024
Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o luns 16 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.
Libros de texto para o curso académico 2024/2025
Enviado por Lois o Ven, 28/06/2024 - 15:41Pode consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 na seguinte ligazón: Libros de texto do IES do Camiño 2024/2025 (nótese que hai materias ou cursos nos que se indica a necesidade de agardar a principio de curso e falar co profesorado para confirmar que se vai a usar o libro de texto indicado)
Bolsas e axudas para estudos post obrigatorios
Enviado por Lois o Ven, 22/03/2024 - 13:45O prazo para solicitar as axudas para estudos postobrigatorios está aberto ata o 20 de maio. Pódense solicitar na páxina de Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076
Para máis información prema neste cartaz informativo: "Información de bolsas e axudas para estudos postobrigatorios".
Festa de nadal 2023
Enviado por Lois o Xov, 21/12/2023 - 14:30O día 21 de decembro despedimos a primeira avaliación coa festa do nadal na que o alumnado de varios cursos cantou panxoliñas, entregáronse os premios do Concurso de decoración de portas de nadal: 1º premio para 2ºESO, 2º Premio para 2º FP Básica 3 3º premio para 3ºESO. E rematamos a festa cunha turranada moi doce. Bo nadal a todos e todas!! e feliz aninovo!!
25N: día contra a violencia machista
Enviado por Lois o Mar, 28/11/2023 - 13:29O pasado día 25 de novembro celebramos o día Contra a violencia machista nunha xuntanza moi fermosa do noso alumnado co do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei, ao que agradecemos moito a súa hospitalidade. Xuntos visualizamos un vídeo do seu alumnado de 5º curso e asistimos á lectura dun manifesto e duns poemas do noso alumnado. Todos comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.
Programacións didácticas do curso 2023/2024
Enviado por Lois o Ven, 06/10/2023 - 13:03
Programación anual do Equipo de dinamización e normalización lingüística
2º ESO | Inglés |
Educación Física |
|
Física e química |
|
Lingua galega |
|
Portugués |
|
Matemáticas |
|
Música |
|
Xeografía e historia |
|
Tecnoloxía e dixitalización |
|
Proxecto competencial / Relixión |
2ºFPB | Instalacións e telecomunicacións |
Instalación e mantemento de redes |
Documentación de interese
Enviado por Lois o Mér, 04/10/2023 - 12:38De seguido, ou no menú desplegable da esquerda, pode consultar a documentación pública do centro:
- Normas de organización e funcionamento do centro: NOFC
- Plan de convivencia // Addenda ao Plan de convivencia, curso 2023/2024
Datas e horarios para as presentacións do inicio de curso 2023/24
Enviado por Lois o Lun, 24/07/2023 - 11:59Pode consultar as datas e horarios das presentacións na seguinte ligazón: Pesentacións setembro 2023
Lembramos que os días das presentacións non hai clase. As clases comezan o mércores 13 ás 8:30 da mañá segundo o horario que se facilitará ao alumnado o día da presentación.
O alumnado con ordenadores de Edixgal no seu poder (isto é: de 2º, 3º e 4º da ESO e alumnado repetidor de 1º da ESO), debe acudir con eles á presentación. Vaise facer un formateado que suporá borrado de arquivos. Se queren conservar información, deben arquivala previamente nun dispositivo externo (USB, disco duro...).
Libros de texto para o curso académico 2023/2024
Enviado por Lois o Ven, 30/06/2023 - 11:21Prema na seguinte ligazón para consultar os libros de texto para o curso 2023/2024 (note que hai materias nas que se sinala que non debe mercar o libro ata falar co/a profesor/a ao inicio das clases en setembro): Listaxe de libros de texto 2023/2024