Libros de texto para o curso académico 2023/2024

Prema na seguinte ligazón para consultar os libros de texto para o curso 2023/2024 (note que hai materias nas que se sinala que non debe mercar o libro ata falar co/a profesor/a ao inicio das clases en setembro): Listaxe de libros de texto 2023/2024

Última actividade do programa TEI

O 20 de xuño tivemos a última actividade do programa TEI para fomentar a cohesión grupal co alumnado de 1ºESO. En hora boa a todos o participantes!

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Última actividade do programa TEI

Prazos de Matrícula en xullo

Pode consultar nesta ligazón os día de prazo para efectuar a matrícula e a documentación requirida: MATRÍCULA DE XULLO

Celebración das Letras galegas 2023

Concerto das Letras galegas

O venres 12 de maio todo o alumnado do IES do Camiño puido gozar da musica e a poesía grazas ao concerto de Toño Núñez (vocalista) e José Manuel do Castro (acordeón).

Foi unha viaxe polo repertorio poético galego, desde as temperás cantigas medievais ata os versos máis contemporáneos, fermosamente cantados polo antigo profesor deste centro, Toño Núñez.

 

Recital-concerto  Aldaolado

Para celebrar o Día das Letras Galegas 2023, adicado a Francisco Fernández del  Riego, un “obreiro” da nosa lingua e cultura (como adoitaba dicir de si mesmo), o ENDL programou o espectáculo Chulísima, unha proposta do dúo poético Aldaolado que fala do galego e da necesidade de normalizar o seu uso.

Mediante a retranca, o humor, a  poesía e a música María Lado e Lucía Aldao (Aldaolado) fálanlle de ti a ti á mocidade para facerlle ver que o galego é  unha lingua marabillosa, chea de vida e de éxitos malia todas as batallas que perdeu e segue a perder. Desbotando prexuízos, resaltando a vivencia  positiva desta lingua: así procuran ambas sumar galegofalantes. 

 

Exposición de carteis sobre Fernández del Riego

No marco da homenaxe a Francisco Fernández del Riego, o alumnado da ESO e  de 1º de Bacharelato fixo, en calidade de detectives á busca de pistas, unha visita á exposición de carteis sobre a vida e a obra do autor das  Letras  Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego. Deste dinámico xeito coñeceron moitas cousas interesantes sobre o ilustre galeguista.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Día das letras galegas 2023

Exames da convocatoria extraordinaria de xuño en 1ºFPB e 1ºBAC

Consulta na seguinte ligazón as datas dos exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Formación Profesional Básica: Calendario 1ºFPB

Consulta na seguinte ligazón as datas dos exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato: Calendario 1ºBAC

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de xuño en 2ºBAC

Consulta o horario dos exames da convocatoria extraordinaria de 2ºBAC na seguinte ligazón: Calendario de exames de xuño de 2ºBAC

Visionado "2000 especies de abejas"

O día 19 de maio o alumnado do club de lectura asistiu ós Codex Cinema a Lugo para ver 20000 especies de abejas, un filme que trata o tema da transexualidade, asunto arredor do que tamén xira a nosa última obra de lectura para este curso, Fóra do Normal de María Reimóndez. En xeral, a película gustou moito e foi moi aplaudida. Recomendámola! Despediremos este curso o día 20 de xuño cunha xuntanza para charlar sobre dita obra e sobre o filme citado, se te animas a lela e/ou a ver a película, estás a tempo de vir.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visionado de "2000 especies de abejas"

Xornada de piragüismo

O día 18 de maio os alumnos de 1º e 2º ESO disfrutaron dunha xornada aventureira no río practicando piraguismo.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Xornada de piragüismo

Spring Week

O IES do Camiño foi seleccionado para participar na Spring Week cun grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO dende o 30 de abril ao 6 de maio.

Durante o tempo que durou a estancia conviviron con alumnado doutras comarcas e practicaron a lingua inglesa con profesorado de fala inglesa procendente de distintas parte do mundo, levando a cabo actividades de temática medioambiental dunha forma lúdica e cooperativa.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Spring Week

Busca do tesouro na biblioteca

Con motivo do Día do libro o pasado 24 de abril fixemos unha busca do tesouro na biblioteca. Encantounos ver ó noso alumnado buscando, conversando, mirando, anotando e desfrutando entre libros. Grazas a todas e a todos por participar e parabéns á gañadora.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Busca do tesouro na biblioteca
Distribuir contido