Complementarias

Visita aos xulgados de Lugo

O 17 de xaneiro fixemos a visita aos xulgados de Lugo co programa "Educar en xustiza" con grupos de 3ºESO e 2ºBAC.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Visita aos xulgados de Lugo

25N: día contra a violencia machista

O pasado día 25 de novembro celebramos o día Contra a violencia machista nunha xuntanza moi fermosa do noso alumnado co do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei, ao que agradecemos moito a súa hospitalidade. Xuntos visualizamos un vídeo do seu alumnado de 5º curso e asistimos á lectura dun manifesto e duns poemas do noso alumnado. Todos comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> 25N: Contra a violencia machista

Semana do cine en galego

O IES do Camiño prepárase para a Semana do Cine en Galego. Xa se pode ver nos corredores do centro a exposición de carteis sobre a mesma, elaborados polo alumnado de TICS de 2º de Bacharelato.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Semana do cine en galego

Charla de educación viaria

O día 16 de outubro tivemos unha charla de educación viaria por parte da autoescola Curson sobre os riscos de conducir baixo o efecto do alcohol e das drogas ou do uso dos dispositivos móbiles ao volante. Ademáis ao rematar sortearon entre o noso alumnado un vale pola teórica e seis prácticas e dous vales pola teórica para o carnet de coche.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla de educación viaria

"Mozas do rural con proxecto"

 O venres 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º da ESO,  participaron na actividade: "Mozas do rural con proxecto" e viviron de primeira man, grazas aos alumnos e alumnas do CS de Gandería e asistencia en sanidade animal de Coristanco, como emprenden as mulleres do rural a través de tres iniciativas que se dan na Comarca da Ulloa:

Le tour du monde en 80 jours

O departamento de Francés, co

Visita a Sotavento

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de Bac visitaron hoxe o Parque Eólico Experimental de Sotavento. Trátase dunha instalación produtora de enerxía eólica, pero tamén é  centro de divulgación e promoción das enerxías renovables en xeral, do aforro e a eficiencia enerxética. Non hai dúbida de que despois desta experiencia o compromiso do alumnado co Medio Ambiente fíxose máis forte.

E pola tarde visitamos o Pedregal de Irimia, na Serra de Meira, onde nace o Miño.

Premios OUFF escola Ourense

A oitava edición do certame de cine OUFF Escola celebrou hoxe a gala de entrega dos premios, á que asistiron os mozos e mozas de 2º BAC. Participaron no certame uns 74 traballos, de grande calidade, entre os que se atopaban dous do noso centro. Aquí tedes unha foto do evento.

 

Excursión a Catalaluña

00/00/
Array

O vindeiro dia 21 Alumnos de 1º e 2º de B.A.C. do noso centro realizarán unha viaxe a Cataluña en compaña dos profesores Jose Manuel Otero e Andrés Vazquez, para visitar distintos monumentos do noso patrimonio cultural. E mais....

Boa viaxe a todos.

Distribuir contido