Le tour du monde en 80 jours

O departamento de Francés, co fin de promover entre o alumnado o contacto coa lingua francesa fóra da aula, de fomentar  o gusto polas artes escénicas e por coñecer as obras destacadas da literatura francesa, acudiu co alumnado de  2º, 3º e 4º de ESO ao Auditorio Gustavo Freire. Alí representouse, por parte da compañía teatral Einad'escola, unha adaptación á escena da novela de Jules Verne, Le Tour du monde en quatre-vingts jours.