Educación Plástica
Muro exterior: creadora do deseño, entrega de mochilas e outras cousiñas
Enviado por Cristina o Dom, 27/06/2021 - 11:54O último día de clase aproveitamos para agradecerlle á alumna Laia Neyra, de 3º ESO o seu deseño para o noso muro exterior. Así mesmo, fixemos entrega das mochilas ao alumnado participante na decoración do muro.
Non obstante, como o tempo non acompañou, non puidemos rematalo antes do día 22 de xuño, polo que as profesoras puxeron mans á obra e están contribuíndo a que se poida rematar.
GRAZAS a toda a comunidade educativa que fai posible que isto saia adiante!!
Exposicións do CGAC
Enviado por Cristina o Xov, 24/06/2021 - 21:41Última mostra de arte do curso no noso CGAC cos traballos feitos polo alumnado:
- 1° da ESO. Reinterpretación do Guernica a base de texturas gràficas.
- 3° da ESO. Uso da cor en fotos antigas en branco e negro.
Decorando o muro exterior
Enviado por Cristina o Lun, 14/06/2021 - 19:30A decoración do noso muro exterior avanza a pasos axigantados. O alumnado está moi comprometido en que saia adiante coa iniciativa e axuda da profesora de Educación Plástica e Visual.
Tic tac tic tac xa queda pouco para ver o resultado final..... que ganas xa de velo rematado!!
Vaivos encantar!!
Arte a raudales
Enviado por Cristina o Sáb, 05/06/2021 - 20:22Arte a raudales ten o noso alumnado!
Esta semana inauguramos o CGAC (Centro Galego de Arte do Camiño) no noso instituto. Unha nova sala de exposicións onde comezamos cunha mostra do bo traballo feito pol@s alumn@s de 1° ESO sobre a capacidade expresiva do punto.
Xela Arias_Letras Galegas 2021: Cartelería
Enviado por Cristina o Sáb, 15/05/2021 - 19:32Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, así como de 1º Bacharelato, traballaron na creación de carteis con versos e imaxes representativas do universo Xela Arias. Fixeron caligramas, tamén poemas iconográficos, e empregaron técnicas como a colaxe.
Recordatorio: instruccións seguimento de clases nas materias de Educación Plástica e Debuxo Ténico
Enviado por Cristina o Mér, 18/03/2020 - 16:21AVISO DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS
Enviado por Cristina o Ven, 13/03/2020 - 17:41MEDIDAS RELACIONADAS COA SUSPENSIÓN DAS CLASES
DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS
Membro do Departamento
Enviado por Anónimo o Xov, 03/12/2015 - 18:16O Departamento de Artes Plásticas está formado polo profesor D. José Ángel García Vilela
