Muro exterior: creadora do deseño, entrega de mochilas e outras cousiñas

O último día de clase aproveitamos para agradecerlle á alumna Laia Neyra, de 3º ESO o seu deseño para o noso muro exterior. Así mesmo, fixemos entrega das mochilas ao alumnado participante na decoración do muro.

 

Non obstante, como o tempo non acompañou, non puidemos rematalo antes do día 22 de xuño, polo que as profesoras puxeron mans á obra e están contribuíndo a que se poida rematar. 

 

GRAZAS a toda a comunidade educativa que fai posible que isto saia adiante!!