Educación Física

Carreira de orientación

O pasado 28 de febreiro os nosos alumnos competiron en Lugo na carreira de orientación, cumprindo coa tradición de competir nesta disciplina dos últimos anos. 

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Carreira de orientación

Xornada de piragüismo

O día 18 de maio os alumnos de 1º e 2º ESO disfrutaron dunha xornada aventureira no río practicando piraguismo.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Xornada de piragüismo

Camiñada a Pambre

O alumnado de 1º e 2º da ESO, xunto cun grupo de profesoras e profesores, fixemos unha camiñada ata o castelo de Pambre por unha ruta especialmente disposta para nós polo profesor de Educación Física, Fran. Á parte de pillar algunha troita nas pozas das corredoiras, choveu maino e seguido o día anterior, falamos e rimos, contrastamos paisaxe autóctona e paisaxe estragada, coñecemos en palabras do profesor Carlos o contexto do Reino de Galiza en que se construíu a Torre, a maior responsabilidade lévana os nosos tataravós que, ademais, na revolta irmandiña tiveron a ben deixárnolo en pé; e en palabras de Fernando quedounos localizado algún que outro ben do noso patrimonio herdado, e tamén nos falou da data en que se foi construíndo a fortaleza e quen a mandou construír. Alén diso, recorremos o castelo de abaixo arriba, termamos da vertixe na torre da homenaxe e polas escaleiras e visitamos a exposición actual “Pambre, arca de pedra”, que actualmente está aberta ao público nas salas de exposición.

Destacar a amabilidade do persoal que alí traballa e nos recibiu compracente, e agradecer ao concello de Palas o abriren as portas ao seu futuro, rapaces e rapazas que, como dixo Carlos, os seus tataravós labraron as pedras e o levantaron.

A volta foi en autobús, talvez as pernas non desen para moito máis.

Un pracer.

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Camiñada a Pambre

O camiño que nos une: "Alessandra Aguilar Morán"

   Hoxe contamos coa presenza de Alessandra Aguilar Morán, grazas ao proxecto ‘O Camiño Que Nos Une‘,  unha iniciativa promovida pola asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, que foi seleccionada ao amparo do programa ‘Ou Teu Xacobeo‘. O seu obxectivo é poñer en valor os roteiros xacobeos na provincia de Lugo a partir de tres eixos fundamentais; o deporte, a igualdade e a mocidade. 

Alessandra Aguiar Morán é unha exatleta especializada en Maratón e campo a través, foi olímpica en Pekín 2008, Londres 2012 e Río 2016. Así mesmo é considerada como unha das mellores maratonianas españolas de todos os tempos.

 

   Deste xeito, o alumnado de 1º e 2º da ESO puideron compartir con Alessandra un tempo no que ela lles explicou como se forxa a carreira dunha atleta, que supón ser muller e deportista de alto rendemento, así como o esforzo e o traballo diario os 365 días do ano e os valores que se promoven neste deporte e que son válidos para o eido educativo, como son a resilencia, a solidariedade e o amor.

 

   E quedamos coa frase de Pele que nos recordou Alessandra: “ O éxito non chega por casualidade, é traballo duro, perseveranza, sacrificio e amor polo que fas

 

   Grazas por compartir este tempo con nós e facernos participes desta experiencia de vida. 

 

1º e 2º da ESO van ao Rocódromo

Hoxe, xoves 27 de febreiro,  o alumnado de 1º e 2º da ESO pasaron una xornada inesquecible no Rocódromo de Lugo, organizada polo servizo de deportes do Concello de Lugo dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia. 

 

Está situado no Pazo de  Feiras e Congresos de Lugo, nun pavillón de máis de 5000  m2,  nel pódese probar a escalada nas tres modalidades: Dificultade, Velocidade e  Búlder. Ademais, conta cunha plataforma de quince metros de altura para practicar técnicas como o rápel ou a progresión con cordas fixas. 

 

No seguinte enlace podedes ver un pequeno resumo en imaxes do día e do ben que o pasamos.

 

Magosto 2019

O venres 8 de novembro celebramos o magosto no instituto, foi un día no que xogamos, bailamos, corremos, comemos castañas …. E sobre todo botámonos unhas risas, por máis días así nos que ademais de aprender desfrutemos todos e todas xuntas!!!! 

I torneo de bádminton

I torneo de bádminton no IES do Camiño, en categoría feminina e masculina.

Competiron os e as tres mellores clasificadxs de cada clase.

O martes 27 de febreiro competiron 2º ESO contra 3º ESO e o luns 5 de marzo , 4º ESO contra 1º BAC.

iniciación a la escalada

composición del departamento

Titular. D. Francisco Varela Lorenzo

                                            Cursos impartidos: 1º , 2º , 3º ,4º da ESO e 1ª Bacharelato

Distribuir contido