Secretaría

Matrícula para o curso 2024/2025

O prazo de mátrícula para o vindeiro curso é:

Día 25 de xuño:  1º ESO e 2º ESO 

Día 26 de xuño:  3º e 4º ESO 

Día 27 de xuño: 1º e  2º BAC  

Horario: de 9:00 a 14:00. Os sobres de matrícula entregaranse ao alumnado o venres 21 de xuño xunto co seu boletín de notas.

Para máis información premer aquí: Información de matrícula 2024/2025

Calendario final de curso (entrega notas)

As notas da Avaliación Extraordinaria de 2º de Bacharelato entregaranse o xoves 13 de xuño ás 18h e as da Avaliación Extraordinaria de 1º de Bacharelato, as de fin de ciclo de FPB e as da ESO entregaranse o luns 24 de xuño ás 14h. Para máis información premer aquí.

Premios extraordinarios de bacharelato. Convocatoria 2023-2024

Xa se pode consultar a información sobre a convocatoria 2023-24 dos premios extraordinarios de bacharelato:

 

Orde de convocatoria: DOG do 26 de abril

Consulta un resumo da información da convocatoria na seguinte ligazón.

Información sobre as probas ABAU

Na seguinte lista de documentos adxuntos pódense consultar informacións relevantes sobre as ABAU: a convocatoria cos documentos e prazos de matrícula, horarios dos exames, normas de comportamento e execución das probas, as ponderacións das diferentes materias para cada titulación universitaria e os lugares de realización das probas (os alumnos do IES do Camiño realizarán a proba na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, en Avenida Alfonso X O Sabio, Lugo). Tamén se pode consultar toda esta información na páxina web da CIUG: https://ciug.gal/gal/abau.

 

Distribuir contido