Entrega ordenadores E-Dixgal

O luns día 20 de setembro farase entrega no salón de actos do instituto dos ordenadores de E-Dixgal en dúas quendas ao alumnado de 1º e 3º da ESO, distribuídos do seguinte xeito:

  • 1º quenda: Familias do alumnado de 3º da ESO ás 10:45.
  • 2º quenda: Familias do alumnado de 1º da ESO ás 12:30. 

Así mesmo, firmaranse os acordos de cesión, previo paso á entrega dos equipamentos informáticos. 

Soamente acudirá un dos proxenitores por motivos de prevención e seguridade ante a Covid -19. 

Aquelas familias que teñan  fillos ou fillas en ambos cursos, só será preciso que acudan a unha das dúas reunións, na que lle será entregado ambos ordenadores.